Os emigrantes retornados podedes pedir as axudas extraordinarias para afrontar a crise do coronavirus

  • A Secretaría Xeral da Emigración destina case dous millóns de euros ás subvencións, que se poden tramitar de modo telemático ata o 31 de agosto
24
Apr
2020

A crise do coronavirus está tendo consecuencias económicas en miles de familias galegas, entre as que pode que vos encontredes vós, os emigrantes retornados, os que acabades de volver á vosa terra. Lembrade que se necesitades unha axuda para facer fronte aos gastos que conleva o retorno, tendes á vosa disposición as Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado, un programa da Secretaría Xeral da Emigración no que hoxe máis que nunca vos podedes apoiar para afrontar esta etapa.

Se volviches a Galicia desde o estranxeiro nos últimos dous anos, es galego ou o teu cónxugue o é, ou es fillo de galego nado na comunidade infórmate aquí dos trámites que debes realizar. As subvencións manteñen o seu prazo aberto ata o 31 de agosto e as podes pedir na sede electrónica da Xunta

Tes que saber que as xudas prestan unha especial atención ás familias. O programa ten unha dotación económica de 1,9 millóns de euros, frente aos 1,75 do ano anterior, un aumento que responde á necesidade de ayudarvos ás familias que volvestes con fillos  menores de idade.

Esta ampliación do orzamento permite dar unha axuda de 1.000 euros por fillo menor de idade, ata o segundo, e de 1.500 euros para o terceiro e sucesivos.

Ademais, se fixaches a túa residencia nun concello rural, o apoio por fillo increméntase nun 25%.

Facilitar o retorno dos emigrantes e os seus descendentes é o obxectivo de Galicia e así llo trasladou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, ao presidente da Federación Venezolana de Galicia (Fevega), Manuel Fernández Vidal, nun encontro telemático no que analizaron como está vivindo este colectivo as consecuencias da crise.

Se retornaches de Venezuela ou te gustaría facelo, Fevega ten abertas desde hai tres anos varias oficinas que ofrecen información e asesoramento gratuito e personalizado a todos os emigrantes retornados que o pidan. 

Podes atopar as súas sedes nas cidades da Coruña, Vigo, Ourense e Lugo, ás que se suma outra itinerante que acostuma a percorrer os principais concellos galegos. Fevega, grazas a un convenio con Emigración, complementa así a labor que se realiza desde a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retornado da Secretaría Xeral.

Lermbra que aínda que a actividade presencial está suspendida, tes á túa disposición ao persoal especializado a través do teléfono e do correo electrónico. Atoparás todos os datos que precisas na seguinte ligazón.

Compartir

BOX Purefy, un contedor que desinfecta e reduce a transmisión do coronavirus

  • A empresa galega MyBOX Experience fabrica en Ourense o primeiro túnel de desinfección portátil, que ademais mide a temperatura corporal e permite a comunicación con centros sanitarios
28
Apr
2020
Túnel de desinfección. Foto: MyBOXExperience
Recreación do box na entrada dun hospital. Foto: MyBOXExperience

Galicia ten un novo mapa, que agora está sinalado con puntos de solidariedade, talento, investigación, tecnoloxías innovadoras de empresas que reinventan a súa producción para estar ao servizo do benestar dos demais. Un destes puntos está no polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense, desde onde MyBOX Experience plantexa espazos a partir de containers marítimos. Desde 2014, reutiliza, redeseña e da vida e forma ás ideas que se lle piden, desde stands comerciais a piscinas e vivendas vacacionais. Coa chegada do coronavirus, descartaron parar e decidiron buscar un proxecto que puidera axudar na protección das persoas.

Así nace BOX Purefy, un contenedor que desinfecta exteriormente en seis segundos e toma a temperatura ás personas para evitar a propagación do Covid-19.

Ao ser portátil e de fácil instalación, está concebido para situalo por exemplo, á entrada de hospitais, estacións de transporte, universidades, ou centros, de traballo ou de ocio, con gran tránsito.

E como funciona? O túnel ten un pasillo de entrada e outro de saída, ideado de modo bidireccional para o paso de varias persoas. Conta con dispensadores de hidroxel, control de temperatura corporal con infrarroxos e cámaras térmicas, e zona de alfombra húmida para desinfectar tamén a sola dos zapatos; así como diferentes opcións de control de accesos e de presenza. 

Cando camiñas polo interior, o box desprende unha solución que reduce a carga viral e bacteriolóxica, e te desinfecta, eliminando xermes, bacterias, fungos e virus, un tratamento que é ademais natural, porque a ecoloxía tamén importa neste proxecto. 

A empresa ultima a fabricación de Box Purefy. Foto: MyBOXExperience
Box cedido para a recollida de mostras en Ourense. Foto: MyBOXExperience

MyBOX Experience utiliza como tecnoloxía Airlite, unha pintura exterior e interior que purifica as superficies pintadas e o aire. A ecopintura convirte as paredes nun purificador natural do aire, grazas ao efecto da luz, eliminando microorganismos e outros productos contaminantes. Un box completamente ecolóxico.

A innovación desta empresa galega, co seu CEO, David González Rey ao fronte, está traballando tamén para dotar ao contenedor de interconectividade cos departamentos de Recursos Humáns ou de Sanidade co usuario a través do móbil, para aproveitar a medición da temperatura corporal e informar de se está ben ou non para así facerlle un test rápido. No caso de que fora positivo as autoridades sanitarias estarían informadas.

O prototipo de Box Purefy fabrícase en Ourense, co asesoramento e apoio de institucións públicas, científicas e sanitarias, e o interese dunha multinacional. Ademais, os componentes cos que producen son 100% nacionais.

Desde MyBOX Experience ultiman os detalles do seu túnel de desinfección, e tamén unha versión "mini", de tamaño reducido, así como o testado de todos os productos para que sexa o máis ecolóxico e funcional posible, probando desinfectantes neutros inocuos para as persoas ou animais.

O contenedor marítimo segue crecendo no seu proceso de transformación e comercialización, á vez que empezan os pedidos e aumenta o interese de varias empresas para velo colocado en Galicia, España ou Europa. Polo momento o que xa cumple a súa función é o container que MyBOX cedeu ao Sergas en Ourense para acoller a recollida de mostras do estudo de seroprevalencia que se realiza estes días na comunidade. Que a innovación galega non pare.

Compartir

A eficiente seguridade dos xermanos

  • Fran Álvarez, galego de 26 anos, leva 7 en Alemaña, onde hoxe en día é o presidente do Centro Centro Cultural Gallego de Cuxhaven. Desde alí cóntanos como vive a diáspora en tempos do coronavirus.
22
Apr
2020
A policía xermana vixiando a cidade de Cuxhaven.

A beiras do Mar do Norte, na boca do Río Elba, esténdese un pequeno municipio; pequeno para Alemaña, claro. Cuxhaven. Cidade principal dun distrito que apenas suma 100.000 habitantes. Unha terra basta e pouco poboada onde a calma mantense a pesar de todo. Tamén hoxe. Tamén agora, nesta rara época que nos envolve.  

Alí chegou hai uns anos Fran Álvarez, galego e cunha vida por vivir. Unha viaxe que o conduciu, con apenas 19 anos, de Pazos de Borbén á Baixa Sajonia. Cousas do destino que, como cantaba Sabina, ás veces "dáche champaña e despois chinchón".  

"Con 18 anos tiña a ilusión de estudar aviación e ser piloto, pero era imposible asumir as cantidades. Finalmente, cursei os estudos de azafato en Vigo. Pero despois un familiar afastado que vivía en Alemaña convenceume para que fose, e en tres días tiña traballo nunha empresa", relata Fran coa seguridade que dá saberse a propia vida de memoria.  

Un emprego que, no fondo, era unha ponte directa cara ao seu soño: ser piloto. "Alargáronme o contrato, podía aforrar e comecei os estudos". Pero cando estaba a saborear a champaña, o destino deulle un grolo de chinchón e as costas afastárono do soño da súa vida. "Tiven que deixalo por saúde".

O que non deixou foi Alemaña, como tantos e tantos galegos que, na distancia, estrañan a súa terra mentres que gozan do día a día. Ata o punto de que hoxe Fran é o presidente do Centro Cultural Gallego de Cuxhaven. Unha entidade fundada en 1980 por un grupo de paisanos, na súa maioría procedentes das Rías Baixas, que se foron asentando na cidade atraídos pola súa forte industria de peixe. O mar sempre como vínculo.  

Equipo de fútbol do Centro Cultural Gallego de Cuxhaven
Celebración no Centro Cultural Gallego.
Fran na Fiesta do Albariño de 2018.
Fran, en Santiago, na celebración do XII Consello de Comunidades Galegas.

A pesar de todo, Alemaña vive tamén confinada. Aínda que á súa maneira: non fixo falta decretar un estado de alarma. A chanceler pediuno, e os alemáns obedeceron. Como case sempre. Aínda que existen diferenzas por rexións. "Aquí, na Baixa Sajonia, como temos unha incidencia tan baixa, o goberno rexional permítenos visitar a familiares. Noutras zonas está prohibido", apunta Fran, quen tamén engade, aos motivos da calma, un sistema sanitario que che dá "absoluta tranquilidade", ou as medidas de seguridade no traballo: "Na nosa empresa de alimentación tiñamos 1.000 máscaras para 200 traballadores"

E claro, entre tanta cifra abafadora, entre tanta eficiencia germánica, un vai pensando que a colectividade en Alemaña, polo menos nesta rara época que nos tocou vivir, pode estar tranquila. Porque, aínda que os días seguen caendo a ambos os dous lados da Unión Europea, as cifras do drama son distintas. Por sorte, xa queda menos para todos. 

Compartir

Fórmate na casa e aproveita para darlle un impulso dixital ao teu negocio

  • O Centro Demostrador TIC da Amtega ofrece sesións formativas gratuítas en streaming e en diferido para pemes e autónomos sobre comercio electrónico, teletraballo, ciberseguridad, privacidade ou márketing
21
Apr
2020

Estás na casa? Teletraballas? Aproveita as horas de peche para sacarlle partido a todas as ferramentas que tes ao teu alcance para avanzar coa túa empresa, ou reinventala nestes tempos de crise. E se tes unha idea de negocio en mente, dálle un impulso dixital, hoxe máis que nunca Galicia vai necesitar o teu proxecto

Coñeces o Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia? Durante todo este mes está programando sesións en streaming para pemes e autónomos, gratuítas, e con contidos como marketing, comercio electrónico, teletraballo, ciberseguridade ou o uso do WhatsApp na empresa e no comercio. 

Empresas e axentes tecnolóxicos referentes na comunidade están colaborando para ofrecer esta formación, que ten o formato #DemosXweb e busca fomentar o teletraballo e promover a transformación dixital das pemes.

Interésache? Pois atento, que mañá arranca unha nova semana formativa.

Se queres participar desta iniciativa que está batendo records de asistentes on line só tes que rexistrarte na web do CDTIC ou a través da súa app. A vantaxe de seguir as sesións en directo é que podes interaccionar e plantexar preguntas e dúbidas no chat, que son atendidas no momento polo ponente. As que non puideras ver en directo están dispoñibles aquí.

E que poden facer as tecnoloxías polo teu negocio? 

Por exemplo axudarte a xestionar os teus procesos administrativos cando traballas en remoto. A tecnolóxica galega Docuten será a encargada mañá ás 10.00 horas de explicarte temas como a firma dixital e a factura electrónica e o envío e firma de documentación laboral e mercantil.

O xoves 23, Computer C3 falará dunha ferramenta de teletraballo, Office 365, para que coñezas as funcionalidades de todas as aplicacións que integra e que te poden facilitar e axilizar o traballo desde casa. Ademais, a actividade incidirá na importancia da ciberseguridade e a protección de datos.

Para acabar a semana, o venres 24 o streaming estará conducido pola consultora tecnolóxica Conpas. Se queres darlle un impulso á xestión dos teus clientes e aos teus procesos comerciais non te perdas a súa presentación sobre ferramentas de teletraballo e a tecnoloxía Zoho CRM.

E pechando o mes, o 28 de abril, o enxeñeiro e consultor Rafa García axudarache a poñer o Teu Universo Dixital En Orde, TUDEO, un método para sacarlle o máximo partido aos teus recursos se es autónomo ou unha peme.

Lembra, todas as clases son de 10.00 a 10.45 horas, a organización tamén é clave se teletraballas. E se precisas máis ferramentas para seguir avanzando, o CDTIC publica nesta ligazón aplicacións e consellos para axudarte no teu día a día. Recorre a elas! 

Compartir

Nace “Aula GaliciaAberta” para que non pare a formación e difusión da cultura galega no mundo

  • Os seminarios en liña de baile, canto e pandeireta, gaita e percusión, comezarán o vindeiro luns 27 de abril e serán gratuítos e de libre acceso para todos os públicos
  • As clases poderán seguirse en directo a través do Facebook da Secretaría Xeral da Emigración de luns a xoves ás 20.00 horas e quedarán colgadas na web
20
Apr
2020

Que o coronavirus non pare a difusión da cultura galega polo mundo. Esta é a mensaxe do novo proxecto que vén de poñerse en marcha desde Galicia para evitar que nestes tempos de pandemia sanitaria non cesen as actividades formativas e de divulgación das tradicións propias no exterior. E é que o peche das entidades e centros galegos na diáspora obrigou a cancelar a maior parte da súa axenda social e cultural e un dos lazos de unión entre os emigrantes, tamén coa súas raíces. Botas de menos as túas clases de baile galego ou de gaita ou pandeireta? O son de Galicia? 

“Aula GaliciaAberta” nace para que ningún galego, especialmente se estás a centos ou miles de quilómetros da túa terra, deixe de vivir esas actividades que os centros ofrecen aos seus socios ou para complementar as que si se poden seguir impartindo a través de Internet. 

Clases de baile galego, canto e pandeireta, percusión e gaita impártense habitualmente nas entidades da diáspora para que os emigrantes e os seus descendentes conectedes con Galicia a través da cultura.

Unha labor fundamental que se viu interrumpida polo coronavirus, pero para a que agora nace unha solución. A partir do próximo luns 27 de abril o baile e a música galega protagonizarán a apertura da nova aula virtual da Secretaría Xeral da Emigración.

Un dos programas de obradoiros de Emigración no Centro Galego de México
Tradicional foliada anual do Clube de Galicia de Bonn

Os obradoiros en liña retransmitiranse en directo e terán carácter gratuíto e público, xa que estarán dirixidos non só aos alumnos que xa vos formades nestas materias, senón tamén para todos os que, aínda que non teñades coñecementos previos, queirades acercarvos á comunidade grazas a estes seminarios. Toda unha oportunidade de estar conectado con Galicia!

As clases poderán seguirse a través do Facebook Live de Emigración de lun a xoves ás 20.00 horas, consulta aquí a programación e coñece ao teus profesores

Se te criaches vivindo a nos cultura desde as Casas ou Centros de Galicia seguro que xa coñeces os obradoiros tradicionais, que permitían contar durante unhas semanas cun profesor desprazado desde a comunidade para ensinar novas técnicas nas vosas clases. De Galicia para todo o mundo. E agora, en modo virtual, para manter viva a actividade destas entidades, “fundamentais tanto para preservar e difundir a cultura e tradicións de Galicia no exterior, como para estreitar lazos entre os galegos que viven fóra das nosas fronteiras e os que residen na propia comunidade”, en palabras do secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda

Unha función que hoxe se fai aínda máis visible e necesaria e que merece todo o apoio desde Galicia. “Aula GaliciaAberta” espérate!

Compartir

A automoción galega desenvolve respiradores artificiais para loitar contra o coronavirus

  • A planta de Vigo de PSA e o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia uníronse ao proxecto solidario da tecnolóxica coruñesa Bionix e fabrican unha unidade de impulsión de aire reutilizando compoñentes dos coches
17
Apr
2020
Desenvolvemento de respiradores artificiais Galicia. Foto: Groupe PSA

A industria galega transformouse para loitar contra o coronavirus, empresas que non paran, pero cambian a súa produción para sacar miles de mascarillas ou batas das súas máquinas de coser, e sectores como o da automoción que reutilizan compoñentes dos vehículos para colaborar na fabricación de respiradores para os pacientes de Covid-19. 

É o caso do que está a acontecer en Vigo, onde o grupo PSA e o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) traballan no desenvolvemento da unidade de impulsión de aire para os respiradores artificiais que ideou a compañía de alta tecnoloxía Bionix.

Son a colaboración e as sinerxias que se crean entre todos as que se marcan obxectivos e conseguen por en marcha ideas para axudar aos demáis, e iso é o que se está facendo en Galicia, unir forzas,  solidaridade, tecnoloxía e moito talento galego para avanzar o máis rápido posible cara a posible industrialización dun recurso imprescindible para a supervivencia  dos enfermos máis graves.

A tecnolóxica coruñesa Bionix lidera en Galicia un consorcio de empresas volcadas en sacar adiante este proxecto solidario que poida aportar unha solución ás necesidades dos hospitais.

Trátase de que no caso dun posible recrudecimento da pandemia, por á disposición da sanidade, se así o demanda, unha solución que permitiría complementar as capacidades existentes en equipos de respiración cumprindo todas as esixencias de validación médica.

O papel que xogan PSA e CTAG se centra, como explican, en “tarefas de deseño, prototipado e probas funcionais e de robustez, colaborando no desenvolvemento do sistema electrónico de regulación da mestura de oxíxeno co aire e de sistemas alternativos de impulsión de aire”

Para iso aprovéitase a reutilización de compoñentes dos vehículos fabricados na pranta de Vigo, que ofrecen “alta fiabilidade”.

E como se leva a cabo unha empresa de tal importancia? 

O 18 de marzo, apenas catro días despois de que se decretara o estado de alarma, o proxecto de Bionix naceu para paliar un posible colapso sanitario. Constatou a necesidade que hai de respiradores cando as cifras de afectados non fixeran máis que empezar a sumar. 

Ese mesmo día comezaron co deseño conceptual de mecánica, hidráulica e software y o Clúster TIC Galicia coordinou a integración doutras empresas, do sector metalmecánico, da impresión 3D e a electrónica, un “equipazo”. E da automoción.

Respiradores desechables. Foto: Ceaga

Tendo a tecnoloxía, o material e a capacidade de fabricar en serie conseguiron un prototipo asesorados por persoal médico, a Fundación Novoa Santos tamén participa. A compañía ten experiencia na obtención de certificados por parte da Axencia Española do Medicamento e coñece o procedimento para homologar o prototipo, que o pasado 24 de marzo xa foi presentado a responsables da Xunta para o seu ensaio en centros hospitalarios.

Pero é que todo o que veu despois é un paso tras outro de solidaridade e tecnoloxía. Bionix dona o software de forma gratuíta e o consorcio xa conta coas aportacións de Cinfo, Electrónica e Comunicacións, 3DAtlántico, Grupo Caamaño e Tatto Contract, e do sector da automoción do CTAG, PSA, e o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga).

Precisamente desta última colaboración con Ceaga empezaron a producirse as primeiras válvulas dos respiradores de patente galega.

Tres empresas que participaron na Business Factory Auto, da Rede Galega de Aceleradoras, Lupeon, Nort3D e Inmake uníronse á iniciativa sen ánimo de lucro e teñen unha capacidade para fabricar en conxunto 900 válvulas desechables para os ventiladores hospitalarios cada 10 horas.

“Estas tres compañías, competidoras entre si, compartiron recursos para montar en pouco tempo prototipos de válvulas desechables para respiradores, respiradores automáticos e sistemas de protección”, explica Ceaga, que aporta fondos para a compra dos materiais necesarios.

O proxecto apenas ten un mes de vida e continúa avanzando con talento galego, solidaridade e tecnoloxía ao servizo da sanidad. Esperamos poder contar pronto que estes respiradores artificiais se están fabricando en serie para axudar a salvar vidas nos hospitais de Galicia. 

Non deixes de ver o seguinte vídeo do CTAG, que quere agradecer ao seu persoal o enorme esforzo que fan e a súa colaboración en iniciativa solidarias como esta co fabricante de coches PSA para producir respiradores mecánicos.

Compartir

A galeguidade de América e Europa, máis unida que nunca con Galicia por videoconferencia

  • A comunidade conéctase con Arxentina e Uruguai, que concentran máis do 42% dos galegos da diáspora, e cunha ducia de entidades galegas en Alemaña, o Reino Unido e Portugal
16
Apr
2020
Miranda entrevistouse co delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai

Os centros galegos na diáspora seguides facendo oír a vosa voz, máis conectados que nunca coa vosa terra, con Galicia, iso si, por videoconferencia, como obriga o coronavirus. Sodes case 200 as entidades galegas no exterior as que vos encargades de mantervos unidos a todos os emigrantes, axudando a conservar e difundir a galeguidade por todo o mundo.

E nesta crise sanitaria na que todos estamos atrapados, os lazos de unión teñen que estreitarse máis se cabe. Por iso, Galicia emprendeu unha viaxe virtual cos galegos que residides no estranxeiro, cara a cara, aínda que en modo telemático, para escoitar as vosas necesidades. Desde a comunidade séguese dun xeito moi cercano e atento a situación que estades vivindo, por mor do coronavirus, os que estades fóra.

Unha situación que podería obrigar a por en marcha medidas extraordinarias destinadas a paliar a crise que se orixinou no caso de que fora necesario.

É a mensaxe que quere trasladar a Secretaría Xeral da Emigración ao máis de medio millón de galegos que vivides na diáspora, noutras pequenas Galicias repartidas por todo o globo. Para coñecer como o estades pasando en cada un deses enclaves galegos no exterior e para que este seguimento sexa o máis personalizado posible, o secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, embarcouse nunha rolda de entrevistas virtuais. Nunha destas escalas acompañou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Cho contamos aquí.

O calendario de reunións é unha viaxe que debuxa o mapa dos galegos no estranxeiro, aínda que nesta ocasión sexa a través da pantalla do ordenador. A primeira parada foi en Arxentina e Uruguai, e o interlocutor, o delegado da Xunta nestes países, Alejandro López Dobarro. Unha visita virtual para repasar a actualidade que vivides e o que podedes necesitar para afrontar as consecuencias do Covid-19.

Centro Galego Comodoro Rivadavia, Arxentina

Sabíades que Arxentina é o país con maior presenza galega do mundo? Se formades parte deste colectivo, quizá xa coñezades que sodes máis de 180.000 persoas, entre os nados en Galicia e os vosos descendentes. E Uruguai? É o cuarto en población orixinaria da comunidade, con máis de 41.000, por detrás de Brasil e Cuba. Xuntos sumades 222.070 galegos, o 42,40% do total de residentes na diáspora.

E de América a Europa. Alemaña, o Reino Unido e Portugal, as seguintes escalas do periplo pola galeguidade. Alemaña é históricamente un dos países que máis galegos acolleu e na actualidade viven 17.519, o terceiro de toda Europa, mentres que o Reino Unido é o quinto, con 15.324, e en Portugal residen 4.562. Entre os tres suman 37.405 cidadáns galegos no exterior, representados na conexión con Galicia a través de centros de Hamburgo, Berlín, Cuxhaven, Fránfort do Meno, Hannover, Nürnberg, Bonn, Troisdorf, Múnich, Londres e Lisboa.

Estas entidades levan o nome e a cultura de Galicia por toda a xeografía de Alemaña, o Reino Unido e Portugal 

En Alemaña son a Asociación Cultural Galega de Hamburgo; a Asociación Cultural Galega "De Berlin Son"; o Centro Cultural Gallego de Cuxhaven; o Centro Cultural Gallego de Francfort do Meno; o Centro Cultural e Deportivo Galicia Emigrante 1972; o Centro Galego de Hannover; o Centro Galego de Nürnberg; o Club Galicia de Bonn; la Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemania; oGrupo Cultural Gallego de Troisdorf; e a Peña Galega de Múnich.

Desde o Reino Unido comunicouse o representante do Centro Galego de Londres e desde Portugal, o de Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa.

Son un exemplo dos puntos que forman o mapa dos centros galegos polo mundo.

Compartir

Como estás a vivir estes tempos do coronavirus? Cóntanos a túa historia!

  • Anímate a compartir a túa experiencia durante esta crise do Covid-19, podes enviar mensaxes de ánimo, vídeos, debuxos, explicar como se está pasando a pandemia no país no que vives
09
Apr
2020
Fuente: diario ABC
Fuente: Faro de Vigo
Fuente: La Voz de Galicia

A irrupción do coronavirus cambiou o mundo. Millóns de persoas confinadas, vivindo unha realidade descoñecida ata agora, con medo tal vez, pero sen rendirse e poñendo ao mal tiempo boa cara e sobre todo compartindo raios de esperanza, de solidaridade de empatía, de creatividade, de resistencia. Que queres compartir ti? Anímaste?

Pode que a túa experiencia esté chea de morriña porque estás lonxe da túa casa, de Galicia, e todo o que está pasando é todavía máis duro a centos de quilómetros da túa familiaa. Como se está vivindo a pandemia no teu país de acollida? Que estás facendo no teu día a día? 

Quizá sexa Galicia a que te recibu cos brazos abertos porque ésta é a terra dos teus pais ou avós e agora estás na comunidade grazas a unha bolsa BEME.

Cóntanos como o estás pasando e como te estás comunicando coa túa familia.

Porque a comunicación, a tecnoloxía, sálvanos nestes momentos sen bicos nin apertas cos nosos seres queridos así que teléfono, vídeochamadas, whatsapp, Skype, son máis que nunca imprescindibles no noso día a día. 

Seguro que están cheas de anécdotas, sentimento e detalles que darían para escribir un relato. Pensaches en facelo? Ou sobre como se está axudando aos demais no teu entorno.

A creatividade tamén é a protagonista nos tempos do coronavirus, a través dos debuxos dos nenos, pancartas, mensaxes, cubren as ventás galegas con arco iris de cores e palabras de ánimo para os que se están deixando a vida para salvar outras.

Ás oito da tarde, os españois saen a aplaudir ás ventás a agradecer a labor dos sanitarios, a saludar aos seus veciños. Como será noutros lugares do mundo? Sábelo ti? 

Podes enviar debuxos, ata pantallazos das vídeochamadas co exterior se te atreves, mensaxes, escritos ou vídeos, coa túa experiencia vital durante esta crise. Ficción ou realidade, a escritura tamén é unha boa terapia neste momento,¿non cres? Aínda que a mellor é compartir

Compartir

Empathy.co recupera o talento galego emigrado para o sector TIC

  • A empresa tecnolóxica asturiana, con oficinas na Coruña e Narón, impulsa o retorno de profesionais que saíran ao estranxeiro para desenvolver as súas carreiras
08
Apr
2020

O sector TIC reclámate en Galicia. A que estás agardando para voltar? Aínda non sabes que hai ata 1.000 postos de traballo sen cubrir porque non se atopan os perfís adecuados? As empresas relacionadas coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación non cesan no seu empeño de buscar candidatos e xa o fan fóra de España, reclutando aos profesionais que necesitan. É o caso de Empathy.co, unha compañía volcada en recuperar talento español emigrado para incorporalo ás súas oficinas de Galicia e Asturias.

Empathy.co, asturiana e fundada en 2012, é experta en tecnoloxía de navegación e búsqueda e na súa carteira de clientes destacan a multinacional téxtil galega Inditex, Carrefour, Vodafone, Kroger, para as que deseña rastreadores, que usan 30 millóns de persoas cada hora. Trátase de transformar a túa experiencia de búsqueda como usuario xerando emocións e empatía e unha nova forma de interacción entre as marcas e os consumidores.

E para levar a cabo a súa tecnoloxía de Empatía Artificial durante o ano pasado incorporaron ao seu equipo case unha treintena de profesionais de orixe galega e asturiana, cun perfil técnico financieiro e tecnolóxico, que emigraran ao extranxeiro para desenvolver as súas carreiras e aos que agora dan a oportunidade de regresar.

Máis do 30% das contratacións que realizou Empathy.co en 2019 son talento retornado.

Enxeñeiros back e front-end, Devops, científicos de datos e deseñadores contratados e traballando no cuartel xeral da compañía en Gixón, e nas súas oficinas galegas da Coruña e Narón. Ademais, a empresa conta con sede en Londres.

Evento Kick-off 2020 Empathy.co
Ángel Maldonado, fundador de Empathy.co
Á esquerda, Pedro Facal, de Empathy.co A Coruña

E como acada Empathy.co recuperar o talento emigrado? Ofrecendo condicións laborais e unha proxección profesional que incentivan o retorno de expertos TIC que ata agora non tiveran a opción de desenvolver a súa carreira en España. Esta política de atracción e retención de talento baséase tamén en programas que impulsan o desenvolvemento das ideas e os proxectos propios dos traballadores.

Para o fundador da compañía, Ángel Maldonado, o crecemento que rexitraron en 2019, do 49% en facturación, “non tería sido posible sen a incorporación de talento aos nosos equipos. E nos sentimos especialmente orgullosos de ter podido recuperar talento español emigrado e incorporalo ás nosas oficinas de Asturias e Galicia”.

É o caso de Pedro Facal, que forma parte do equipo coruñés e aproveitou a oportunidade para unirse como líder de Data Science. Traballaba en McLaren Racing en Londres, e regresou.

“O que máis me atraeu de Empathy.co é a súa proxección internacional, desenvolvendo desde España un producto que usan compañías internacionais líderes nos seus sectores”, afirma Pedro Facal desde A Coruña.

A estratexia de Empathy.co ten previsto continuar durante este 2020 reforzando a súa plantilla con novas incorporacións que lles permitan seguir avanzando na súa tecnoloxía de búsqueda e descubrimento para ecommerce.

Son xa un equipo de 74 persoas e aspiran a ser 100 este ano.

Iniciativas como esta son de grande importancia non só para os que desexan volver e continuar coa súa carreira profesional, senon tamén para a rexión, que precisa de máis apoios do sector privado e da administración para continuar repatriando talento”, explica José Lueje, director financieiro e estratéxico de Empathy.co, e xixonés retornado procedente de Citibank en Londres.

Se queres coñecer máis sobre esta empresa que axuda a que talentos como o teu regresen a casa visita a súa web. Pode que estén buscando un perfil como o teu!

Compartir

A cultura galega segue viva nos tempos do coronavirus

  • A plataforma GaliciaLe abre o acceso a 4.500 títulos de libros, revistas ou películas en formato dixital para gozar da cultura durante o confinamento
  • Entra agora e descarga de maneira gratuíta obras para todos os públicos e en ata en oito idiomas
02
Apr
2020

É unha pausa, un parón nunha rutina que nunca volverá a ter o mesmo sentido. Nos tempos do coronavirus as prioridades están cambiando e os hábitos e o ocio, obrigados a quedarse na casa, tamén. Aínda que hai un hábito, o de la lectura, que forma parte das nosas vidas, e no caso de que non fora así, por que non aproveitar esta pausa para gozalo máis que nunca? 

Porque estamos pechados, é o mellor momento para ler libros e revistas, ver películas, percorrer exposicións de maneira virtual, para que a cultura siga viva.

Coñeces GaliciaLe? É unha plataforma de préstamos de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Para entrar, habitualmente é necesario ter un carné de usuario, pero agora, para facilitar o acceso, ábrese á toda a poboación para que desde todos os fogares se goce da cultura durante o confinamento que provocou a pandemia do coronavirus.

E que podes atopar en GaliciaLe? Máis de 4.500 títulos de libros, revistas ou películas que podes descargar e ver nos teus dispositivos electrónicos: ordenadores, tabletas ou teléfonos móbiles. A maioría están en galego e en castelán, pero tamén noutros seis idiomas: inglés, portugués, francés, italiano, catalán e euskera. Hainos para todas as idades, obras infantís e xuvenís, e se o que queres é outro tipo de entretenemento, hai 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia, desde longametraxes e curtas ata documentais. Todo un catálogo de cultura galega.

Para entrar na plataforma só tes que rexistrarte a través deste formulario dispoñible na páxina web de GaliciaLe. É moi doado e rápido. Tras cubrilo, recibirás no teu correo electrónico as claves de acceso. Cando finalice o estado de alarma, os usuarios disporedes de 30 días para recoller o carné e seguir gozando das vantaxes da rede de bibliotecas públicas de Galicia e deste catálogo.

Xa tes as túas claves? Entón prepárate para bucear entre unha gran marea de páxinas e imaxes. Iso si, en formato dixital. Para os amantes do papel e do olor e o son que fan as follas ao pasar, haberá que esperar un pouco para entrar nas bibliotecas ou nas tendas a mercar cultura. Se tes as estanterías de casa cheas de libros, es un afortunado. Para todos, aproveitade a pausa e a oportunidade que abre GaliciaLe!

Unha viaxe polo tempo dentro de Galicia

Esta medida enmárcase na campaña #aculturasegue da Consellería de Cultura. E para seguir sumando iniciativas a favor do ocio desde o fogar, os arquivos xestionados pola Xunta (Arquivo de Galicia; e históricos, do Reino de Galicia, Lugo, Ourense e Pontevedra) propoñen unha viaxe polo tempo dentro de Galicia. Podes ver exposicións virtuais en 3D e percorridos 360 grados ou as mostras do Arquivo do Reino.

Aínda que os museos non estean abertos físicamente, si o están en modo virtual. Na maioría, dos xestionados pola Xunta, podes percorrer as suás exposicións, por exemplo no Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago ou no Museo de Belas Artes da Coruña

E lonxe das cidades, coñece o Museo do Castro de Viladonga e o propio castro, ol Massó e contempla desde dentro as pallozas do Cebreiro. Aquí tes todas as visitas virtuais.

Segue viva ou non a cultura galega nos tempos do coronavirus? Gózaa e difúndea.

 

Compartir