- A Secretaría Xeral da Emigración destina case dous millóns de euros ás subvencións, que se poden tramitar de modo telemático ata o 31 de agosto
A crise do coronavirus está tendo consecuencias económicas en miles de familias galegas, entre as que pode que vos encontredes vós, os emigrantes retornados, os que acabades de volver á vosa terra. Lembrade que se necesitades unha axuda para facer fronte aos gastos que conleva o retorno, tendes á vosa disposición as Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado, un programa da Secretaría Xeral da Emigración no que hoxe máis que nunca vos podedes apoiar para afrontar esta etapa.
Se volviches a Galicia desde o estranxeiro nos últimos dous anos, es galego ou o teu cónxugue o é, ou es fillo de galego nado na comunidade infórmate aquí dos trámites que debes realizar. As subvencións manteñen o seu prazo aberto ata o 31 de agosto e as podes pedir na sede electrónica da Xunta.
Tes que saber que as xudas prestan unha especial atención ás familias. O programa ten unha dotación económica de 1,9 millóns de euros, frente aos 1,75 do ano anterior, un aumento que responde á necesidade de ayudarvos ás familias que volvestes con fillos menores de idade.
Esta ampliación do orzamento permite dar unha axuda de 1.000 euros por fillo menor de idade, ata o segundo, e de 1.500 euros para o terceiro e sucesivos.
Ademais, se fixaches a túa residencia nun concello rural, o apoio por fillo increméntase nun 25%.
Facilitar o retorno dos emigrantes e os seus descendentes é o obxectivo de Galicia e así llo trasladou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, ao presidente da Federación Venezolana de Galicia (Fevega), Manuel Fernández Vidal, nun encontro telemático no que analizaron como está vivindo este colectivo as consecuencias da crise.
Se retornaches de Venezuela ou te gustaría facelo, Fevega ten abertas desde hai tres anos varias oficinas que ofrecen información e asesoramento gratuito e personalizado a todos os emigrantes retornados que o pidan.
Podes atopar as súas sedes nas cidades da Coruña, Vigo, Ourense e Lugo, ás que se suma outra itinerante que acostuma a percorrer os principais concellos galegos. Fevega, grazas a un convenio con Emigración, complementa así a labor que se realiza desde a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retornado da Secretaría Xeral.
Lermbra que aínda que a actividade presencial está suspendida, tes á túa disposición ao persoal especializado a través do teléfono e do correo electrónico. Atoparás todos os datos que precisas na seguinte ligazón.