- Tedes á vosa disposición varios correos electrónicos para consultas sobre temas de emigración ou retorno e números de teléfono para casos máis urxentes ou graves
O máis de medio millón de galegos que vivides repartidos polo mundo seguro que estos días seguides con preocupación non só como está afectando a pandemia do coronavirus aos países nos que residides, tamén a Galicia e ás vosas familias. É un problema global que afecta a todos, e para tentar paliar a vosa situación, vós, por encontrarvos tan lonxe da vosa terra, tendes que saber que a atención que necesita a diáspora segue activa e reforzándose desde Galicia.
Estabades tramitando algunha axuda económica ou bolsa para os gallegos no exterior? Tendes pensado regresar á comunidade e agora non sabedes como proceder?
A Secretaría Xeral da Emigración está respondendo e tramitando con todos os recursos dispoñnibles neste momento todas as consultas que están chegando tanto referidas ao ámbito da emigración como do procedemento de retorno.
Xa sabedes que as Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno das catro provincias galegas están pechadas, tamén as delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai deixaron de atender aos emigrantes de maneira presencial, como medida preventiva. Con todo, para continuar respondendo á demanda de consultas ou dúbidas que poidades facer chegar tomade nota da seguinte información. Son correos electrónicos e números de teléfono aos que vos podedes dirixir, eso si, tende en conta que o volume de cuestións pódese incrementar nestes momentos de crise así que recoméndase que as chamadas telefónicas se empreguen en caso de causas extraordinarias ou de maior gravidade para garantizar a óptima operatividade do sistema de atención que se vos ten que prestar.
Se as vosas consultas se refiren a temas de emigración, como poden ser a tramitación das axudas individuais aos galegos no exterior ou os distintos programas para visitar Galicia, tendes estas formas de contacto á vosa disposición:
- Para consultas de información xeral
Correo electrónico: oficina.emigracion@xunta.es
Teléfono: 0034 981 547268
- Para consultas sobre axudas a entidades galegas
Correo electrónico: emigracion.subvenciones@xunta.
Teléfono: 0034 981 545833
Se estabades planeando o voso retorno a Galicia ou o fixestes recentemente e necesitades axuda e orientación, esta tampouco para e o equipo especializado que vos atende presencialmente nas Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno segue operativo a través do correo electrónico para darvos as respostas que estades buscando.
- Para consultas xerais sobre retorno
Correo electrónico: retorno.emigracion@xunta.es
Teléfono: 0034 981 957 162
- Para consultas ás diferentes sedes da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Galicia
Santiago: oficinaretorno.emigracion.santiago@xunta.gal
A Coruña: oficinaretorno.emigracion.coruna@xunta.gal
Ourense: oficinaretorno.emigracion.ourense@xunta.gal
Vigo: oficinaretorno.emigracion.vigo@xunta.gal
Lugo: oficinaretorno.emigracion.lugo@xunta.gal
Como comentabamos as Delegacións da Xunta no exterior tamén se viron obrigadas a pechar ao público, pero vos atenden a través do correo electrónico.
- Para consultas á Delegación da Xunta na Arxentina
Correo electrónico: delegacion.buenosaires@xunta.
- Para consultas á Delegación da Xunta en Uruguay
Correo electrónico: delegacion.montevideo@xunta.es
Seguiremos informando de calquera cambio, pero lembra, a atención aos galegos no exterior segue máis que activa desde Galicia. Non estades sós!