- Galicia ten os seus propios Silicon Valley en sectores crave para o crecemento económico de Galicia
Non fai falta que mires a Silicon Valley. En Galicia hai innovación, talento e startups para conformar un ecosistema emprendedor de referencia internacional. E hai redes deseñadas especialmente para atraelos e retelos. Queres deixarte pescar?
Coñeces o mapa galego, o seu contorno, os seus límites, pero dentro deste debuxo escóndese outro innovador e punteiro con puntos que non sinalan municipios senón aceleradoras especializadas en sectores clave para o crecemento económico galego.
As aceleradoras teñen a misión de axudar ás startups a despegar mediante financiamento e asesoramiento e posicionalas no mercado e atraer investidores.
E como se fai?
A Rede Galega de Aceleradoras da Innovación impulsada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e enmarcada na plataforma Start in Galicia, ofrece un apoio intensivo nas primeiras etapas de nacemento empresarial prestando soporte específico á evolución desde ideas incipientes a prototipos, ou desde estes a produtos listos e captando proxectos desenvolvidos por investigadores e emprendedores no estranxeiro.
Tes unha idea, unha startup? Os programas de aceleración, promovidos por entidades públicas ou privadas, abren os seus medios á túa iniciativa empresarial innovadora a través de concursos abertos para pescarte.
Start in Galicia ofrece un espazo único para que o teu proxecto ou startup coñeza todas estas posibilidades de apoio da Xunta: desde os programas de aceleración ou incubación, axudas, mecanismo de financiamento e poñerte no punto de mira dos investidores e business angels.
Centos de proxectos despegaron xa!
Queres saber máis? Así funciona este ecosistema innovador:
Segundo a fase na que se atope o teu proxecto podes acceder ás convocatorias das distintas iniciativas. Coñéceas!
- Incubación: podes concurrir aquí se a túa idea está nunha fase máis temprana, entre o nacemento da idea e a validación do modelo de negocio. Nestes momentos funcionan tres programas de ámbito vertical: Programa I2D2. Fundación Kaertor, sobre biotecnoloxía e saúde; Bioincubatech, sobre biotecnoloxía, saúde e tecnoloxías alimentarias; e BFA Aero, dirixido ao sector aeronáutico e aeroespacial, con fases de incubación e aceleración.
- Aceleración: esta é a túa opción se tes unja compañía de reciente creación e con alta capacidade de crecemento, un modelo de negocio validado e certa facturación ou ben se presentas unha idea co modelo de negocio validado e a posible creación de empresa. Nesta fase hai varias iniciativas que é interesante que coñezas. Pode que algunha esté diseñada para o teu proxecto! As hai dirixidas ao sector alimentario, ao da automoción, ao naval e marítimo, á aplicación das TIC. Pica aquí para coñecelas.
- Consolidación: poden presentarse ás aceleradoras desta fase as empresas en crecemento que necesitan un impulso para establecerse no mercado e xerar ventas. Os sectores alimentarios e biotecnolóxicos tamén teñen cabida aquí con Agrobiotech Innovation e Business Factory Food; e o da automoción con Business Factory Auto.