- A empresa tecnolóxica asturiana, con oficinas na Coruña e Narón, impulsa o retorno de profesionais que saíran ao estranxeiro para desenvolver as súas carreiras
O sector TIC reclámate en Galicia. A que estás agardando para voltar? Aínda non sabes que hai ata 1.000 postos de traballo sen cubrir porque non se atopan os perfís adecuados? As empresas relacionadas coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación non cesan no seu empeño de buscar candidatos e xa o fan fóra de España, reclutando aos profesionais que necesitan. É o caso de Empathy.co, unha compañía volcada en recuperar talento español emigrado para incorporalo ás súas oficinas de Galicia e Asturias.
Empathy.co, asturiana e fundada en 2012, é experta en tecnoloxía de navegación e búsqueda e na súa carteira de clientes destacan a multinacional téxtil galega Inditex, Carrefour, Vodafone, Kroger, para as que deseña rastreadores, que usan 30 millóns de persoas cada hora. Trátase de transformar a túa experiencia de búsqueda como usuario xerando emocións e empatía e unha nova forma de interacción entre as marcas e os consumidores.
E para levar a cabo a súa tecnoloxía de Empatía Artificial durante o ano pasado incorporaron ao seu equipo case unha treintena de profesionais de orixe galega e asturiana, cun perfil técnico financieiro e tecnolóxico, que emigraran ao extranxeiro para desenvolver as súas carreiras e aos que agora dan a oportunidade de regresar.
Máis do 30% das contratacións que realizou Empathy.co en 2019 son talento retornado.
Enxeñeiros back e front-end, Devops, científicos de datos e deseñadores contratados e traballando no cuartel xeral da compañía en Gixón, e nas súas oficinas galegas da Coruña e Narón. Ademais, a empresa conta con sede en Londres.
E como acada Empathy.co recuperar o talento emigrado? Ofrecendo condicións laborais e unha proxección profesional que incentivan o retorno de expertos TIC que ata agora non tiveran a opción de desenvolver a súa carreira en España. Esta política de atracción e retención de talento baséase tamén en programas que impulsan o desenvolvemento das ideas e os proxectos propios dos traballadores.
Para o fundador da compañía, Ángel Maldonado, o crecemento que rexitraron en 2019, do 49% en facturación, “non tería sido posible sen a incorporación de talento aos nosos equipos. E nos sentimos especialmente orgullosos de ter podido recuperar talento español emigrado e incorporalo ás nosas oficinas de Asturias e Galicia”.
É o caso de Pedro Facal, que forma parte do equipo coruñés e aproveitou a oportunidade para unirse como líder de Data Science. Traballaba en McLaren Racing en Londres, e regresou.
“O que máis me atraeu de Empathy.co é a súa proxección internacional, desenvolvendo desde España un producto que usan compañías internacionais líderes nos seus sectores”, afirma Pedro Facal desde A Coruña.
A estratexia de Empathy.co ten previsto continuar durante este 2020 reforzando a súa plantilla con novas incorporacións que lles permitan seguir avanzando na súa tecnoloxía de búsqueda e descubrimento para ecommerce.
Son xa un equipo de 74 persoas e aspiran a ser 100 este ano.
“Iniciativas como esta son de grande importancia non só para os que desexan volver e continuar coa súa carreira profesional, senon tamén para a rexión, que precisa de máis apoios do sector privado e da administración para continuar repatriando talento”, explica José Lueje, director financieiro e estratéxico de Empathy.co, e xixonés retornado procedente de Citibank en Londres.
Se queres coñecer máis sobre esta empresa que axuda a que talentos como o teu regresen a casa visita a súa web. Pode que estén buscando un perfil como o teu!