• A comunidade conéctase con Arxentina e Uruguai, que concentran máis do 42% dos galegos da diáspora, e cunha ducia de entidades galegas en Alemaña, o Reino Unido e Portugal
16
Apr
2020
Miranda entrevistouse co delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai

Os centros galegos na diáspora seguides facendo oír a vosa voz, máis conectados que nunca coa vosa terra, con Galicia, iso si, por videoconferencia, como obriga o coronavirus. Sodes case 200 as entidades galegas no exterior as que vos encargades de mantervos unidos a todos os emigrantes, axudando a conservar e difundir a galeguidade por todo o mundo.

E nesta crise sanitaria na que todos estamos atrapados, os lazos de unión teñen que estreitarse máis se cabe. Por iso, Galicia emprendeu unha viaxe virtual cos galegos que residides no estranxeiro, cara a cara, aínda que en modo telemático, para escoitar as vosas necesidades. Desde a comunidade séguese dun xeito moi cercano e atento a situación que estades vivindo, por mor do coronavirus, os que estades fóra.

Unha situación que podería obrigar a por en marcha medidas extraordinarias destinadas a paliar a crise que se orixinou no caso de que fora necesario.

É a mensaxe que quere trasladar a Secretaría Xeral da Emigración ao máis de medio millón de galegos que vivides na diáspora, noutras pequenas Galicias repartidas por todo o globo. Para coñecer como o estades pasando en cada un deses enclaves galegos no exterior e para que este seguimento sexa o máis personalizado posible, o secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, embarcouse nunha rolda de entrevistas virtuais. Nunha destas escalas acompañou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Cho contamos aquí.

O calendario de reunións é unha viaxe que debuxa o mapa dos galegos no estranxeiro, aínda que nesta ocasión sexa a través da pantalla do ordenador. A primeira parada foi en Arxentina e Uruguai, e o interlocutor, o delegado da Xunta nestes países, Alejandro López Dobarro. Unha visita virtual para repasar a actualidade que vivides e o que podedes necesitar para afrontar as consecuencias do Covid-19.

Centro Galego Comodoro Rivadavia, Arxentina

Sabíades que Arxentina é o país con maior presenza galega do mundo? Se formades parte deste colectivo, quizá xa coñezades que sodes máis de 180.000 persoas, entre os nados en Galicia e os vosos descendentes. E Uruguai? É o cuarto en población orixinaria da comunidade, con máis de 41.000, por detrás de Brasil e Cuba. Xuntos sumades 222.070 galegos, o 42,40% do total de residentes na diáspora.

E de América a Europa. Alemaña, o Reino Unido e Portugal, as seguintes escalas do periplo pola galeguidade. Alemaña é históricamente un dos países que máis galegos acolleu e na actualidade viven 17.519, o terceiro de toda Europa, mentres que o Reino Unido é o quinto, con 15.324, e en Portugal residen 4.562. Entre os tres suman 37.405 cidadáns galegos no exterior, representados na conexión con Galicia a través de centros de Hamburgo, Berlín, Cuxhaven, Fránfort do Meno, Hannover, Nürnberg, Bonn, Troisdorf, Múnich, Londres e Lisboa.

Estas entidades levan o nome e a cultura de Galicia por toda a xeografía de Alemaña, o Reino Unido e Portugal 

En Alemaña son a Asociación Cultural Galega de Hamburgo; a Asociación Cultural Galega "De Berlin Son"; o Centro Cultural Gallego de Cuxhaven; o Centro Cultural Gallego de Francfort do Meno; o Centro Cultural e Deportivo Galicia Emigrante 1972; o Centro Galego de Hannover; o Centro Galego de Nürnberg; o Club Galicia de Bonn; la Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemania; oGrupo Cultural Gallego de Troisdorf; e a Peña Galega de Múnich.

Desde o Reino Unido comunicouse o representante do Centro Galego de Londres e desde Portugal, o de Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa.

Son un exemplo dos puntos que forman o mapa dos centros galegos polo mundo.

Compartir