• A nova situación á que abocou o coronavirus é toda unha revolución social e laboral
01
Apr
2020

O teletraballo chegou para quedarse, eso si de xeito forzoso e por culpa do coronavirus, e o certo é que está resultando un choque de realidade, sobre todo nos fogares. Porque, quen estaba preparado para afrontar esta maneira de traballar? Quizá si o 10% dos galegos, unhas 112.500 persoas que xa o facían habitualmente, pero e cos nenos na casa?  Organización, concentración, conciliación, chamadas e videoconferencias, que Internet tire para todos, e por suposto, crear unha oficina no fogar. O cambio é unha auténtica revolución. Benvido a unha nova realidade: o teletraballo en tempos de coronavirus.

O primeiro que tes que facer, ademais de concienciarte, é adaptar un espazo na casa destinado só a traballar e facer equipo coa familia para que poidas cumprir uns horarios e non baixar a productividade. Suponse que é como se non estiveras...

Así que organiza e planifica que horas do día vas a adicar ás tarefas laborais e cales á túa familia e á casa, principais focos de distracción aos que te terás que enfrontar. Todo un reto.

Pero hai que ser positivos e crear hábitos e disciplinas para poder conciliar neste novo escenario que se impuxo. Lembra que #istoosuperamosunidos. E ten que ser así en todas as frontes. Iso si, nada de traballar en pixama! Aínda que non teñas videoconferencias!

  • Se xa tes un lugar no que traballar ou o tiveches que adaptar non menos importante é a equipación que precisas, incluida unha cadeira que axude ás túas costas a soportar as horas laborais na casa. Pode que polo teu emprego a túa empresa habilitase unha plataforma de teletraballo con equipo informático na casa e tamén o desvío de teléfonos, pero tamén pode ser que necesites ferramentas tecnolóxicas que facilitarán o desempeño das túas tarefas en remoto. Estas son algunhas das que poderás necesitar:
  • A comunicación non para en tempos de coronavirus, de feito, acabarás botando de menos esa relación interpersoal a nivel profesional, así que preparáte para botar man de videoconferencias, audioconferencias ou chats para facer tarefas grupais en modo virtual. Sempre hai que aforrar tiempo e aumentar a eficiencia. Seguro que xa coñeces Skype ou Hangouts, pero tamén como exemplos de aplicacións para estas tarefas existen Jitsi ou Zoom
Para unha implantación efectiva do teletrabajo usa as ferramentas que máis domines ou sobre as que teñas referencias para minimizar o esforzo de adaptación. É unha recomendación que vale para todas.
  • Seguindo co traballo en equipo necesitarás a nube para almacenar e poder compartir información cos teus compañeiros ou clientes. Tamén transferir arquivos para enviar documentos de maior tamaño a varias persoas. Tes varios recursos ao teu alcance: Nextcloud, Drive, Dropbox, Onedrive, Wetransfer. Sóanche, verdade?
  • Outra recomendación de aplicacións é a que se refire á xestión de tarefas en equipo e de proxectos. Permiten unha maior eficiencia e facilitan a dixitalización das mesmas. Axudarante Trello ou Slack. Para xestionar proxectos de forma colaborativa e que a información esté actualizada están Taiga e Basecamp. E para crear de forma telemática e simultáneamente documentos, follas de cálculo e presentaciones, Microsoft Office 365 e GSuite. Fan posible o traballo en equipo sobre unha mesma versión do documento.
  • E por último e a modo de recordatorio, ten en conta que para traballar en casa necesitas unha navegación segura, así que usa só a conexión do teu domicilio ou a que che presta a túa empresa e evita asimesmo o acceso a páxinas dubidosas ou os correos electrónicos sospeitosos. Os virus tecnolóxicos tamén están aí fóra!
Compartir