• A empresa galega MyBOX Experience fabrica en Ourense o primeiro túnel de desinfección portátil, que ademais mide a temperatura corporal e permite a comunicación con centros sanitarios
28
Apr
2020
Túnel de desinfección. Foto: MyBOXExperience
Recreación do box na entrada dun hospital. Foto: MyBOXExperience

Galicia ten un novo mapa, que agora está sinalado con puntos de solidariedade, talento, investigación, tecnoloxías innovadoras de empresas que reinventan a súa producción para estar ao servizo do benestar dos demais. Un destes puntos está no polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense, desde onde MyBOX Experience plantexa espazos a partir de containers marítimos. Desde 2014, reutiliza, redeseña e da vida e forma ás ideas que se lle piden, desde stands comerciais a piscinas e vivendas vacacionais. Coa chegada do coronavirus, descartaron parar e decidiron buscar un proxecto que puidera axudar na protección das persoas.

Así nace BOX Purefy, un contenedor que desinfecta exteriormente en seis segundos e toma a temperatura ás personas para evitar a propagación do Covid-19.

Ao ser portátil e de fácil instalación, está concebido para situalo por exemplo, á entrada de hospitais, estacións de transporte, universidades, ou centros, de traballo ou de ocio, con gran tránsito.

E como funciona? O túnel ten un pasillo de entrada e outro de saída, ideado de modo bidireccional para o paso de varias persoas. Conta con dispensadores de hidroxel, control de temperatura corporal con infrarroxos e cámaras térmicas, e zona de alfombra húmida para desinfectar tamén a sola dos zapatos; así como diferentes opcións de control de accesos e de presenza. 

Cando camiñas polo interior, o box desprende unha solución que reduce a carga viral e bacteriolóxica, e te desinfecta, eliminando xermes, bacterias, fungos e virus, un tratamento que é ademais natural, porque a ecoloxía tamén importa neste proxecto. 

A empresa ultima a fabricación de Box Purefy. Foto: MyBOXExperience
Box cedido para a recollida de mostras en Ourense. Foto: MyBOXExperience

MyBOX Experience utiliza como tecnoloxía Airlite, unha pintura exterior e interior que purifica as superficies pintadas e o aire. A ecopintura convirte as paredes nun purificador natural do aire, grazas ao efecto da luz, eliminando microorganismos e outros productos contaminantes. Un box completamente ecolóxico.

A innovación desta empresa galega, co seu CEO, David González Rey ao fronte, está traballando tamén para dotar ao contenedor de interconectividade cos departamentos de Recursos Humáns ou de Sanidade co usuario a través do móbil, para aproveitar a medición da temperatura corporal e informar de se está ben ou non para así facerlle un test rápido. No caso de que fora positivo as autoridades sanitarias estarían informadas.

O prototipo de Box Purefy fabrícase en Ourense, co asesoramento e apoio de institucións públicas, científicas e sanitarias, e o interese dunha multinacional. Ademais, os componentes cos que producen son 100% nacionais.

Desde MyBOX Experience ultiman os detalles do seu túnel de desinfección, e tamén unha versión "mini", de tamaño reducido, así como o testado de todos os productos para que sexa o máis ecolóxico e funcional posible, probando desinfectantes neutros inocuos para as persoas ou animais.

O contenedor marítimo segue crecendo no seu proceso de transformación e comercialización, á vez que empezan os pedidos e aumenta o interese de varias empresas para velo colocado en Galicia, España ou Europa. Polo momento o que xa cumple a súa función é o container que MyBOX cedeu ao Sergas en Ourense para acoller a recollida de mostras do estudo de seroprevalencia que se realiza estes días na comunidade. Que a innovación galega non pare.

Compartir