- A plataforma GaliciaLe abre o acceso a 4.500 títulos de libros, revistas ou películas en formato dixital para gozar da cultura durante o confinamento
- Entra agora e descarga de maneira gratuíta obras para todos os públicos e en ata en oito idiomas
É unha pausa, un parón nunha rutina que nunca volverá a ter o mesmo sentido. Nos tempos do coronavirus as prioridades están cambiando e os hábitos e o ocio, obrigados a quedarse na casa, tamén. Aínda que hai un hábito, o de la lectura, que forma parte das nosas vidas, e no caso de que non fora así, por que non aproveitar esta pausa para gozalo máis que nunca?
Porque estamos pechados, é o mellor momento para ler libros e revistas, ver películas, percorrer exposicións de maneira virtual, para que a cultura siga viva.
Coñeces GaliciaLe? É unha plataforma de préstamos de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Para entrar, habitualmente é necesario ter un carné de usuario, pero agora, para facilitar o acceso, ábrese á toda a poboación para que desde todos os fogares se goce da cultura durante o confinamento que provocou a pandemia do coronavirus.
E que podes atopar en GaliciaLe? Máis de 4.500 títulos de libros, revistas ou películas que podes descargar e ver nos teus dispositivos electrónicos: ordenadores, tabletas ou teléfonos móbiles. A maioría están en galego e en castelán, pero tamén noutros seis idiomas: inglés, portugués, francés, italiano, catalán e euskera. Hainos para todas as idades, obras infantís e xuvenís, e se o que queres é outro tipo de entretenemento, hai 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia, desde longametraxes e curtas ata documentais. Todo un catálogo de cultura galega.
Para entrar na plataforma só tes que rexistrarte a través deste formulario dispoñible na páxina web de GaliciaLe. É moi doado e rápido. Tras cubrilo, recibirás no teu correo electrónico as claves de acceso. Cando finalice o estado de alarma, os usuarios disporedes de 30 días para recoller o carné e seguir gozando das vantaxes da rede de bibliotecas públicas de Galicia e deste catálogo.
Xa tes as túas claves? Entón prepárate para bucear entre unha gran marea de páxinas e imaxes. Iso si, en formato dixital. Para os amantes do papel e do olor e o son que fan as follas ao pasar, haberá que esperar un pouco para entrar nas bibliotecas ou nas tendas a mercar cultura. Se tes as estanterías de casa cheas de libros, es un afortunado. Para todos, aproveitade a pausa e a oportunidade que abre GaliciaLe!
Unha viaxe polo tempo dentro de Galicia
Esta medida enmárcase na campaña #aculturasegue da Consellería de Cultura. E para seguir sumando iniciativas a favor do ocio desde o fogar, os arquivos xestionados pola Xunta (Arquivo de Galicia; e históricos, do Reino de Galicia, Lugo, Ourense e Pontevedra) propoñen unha viaxe polo tempo dentro de Galicia. Podes ver exposicións virtuais en 3D e percorridos 360 grados ou as mostras do Arquivo do Reino.
Aínda que os museos non estean abertos físicamente, si o están en modo virtual. Na maioría, dos xestionados pola Xunta, podes percorrer as suás exposicións, por exemplo no Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago ou no Museo de Belas Artes da Coruña.
E lonxe das cidades, coñece o Museo do Castro de Viladonga e o propio castro, ol Massó e contempla desde dentro as pallozas do Cebreiro. Aquí tes todas as visitas virtuais.
Segue viva ou non a cultura galega nos tempos do coronavirus? Gózaa e difúndea.