- Anímate a compartir a túa experiencia durante esta crise do Covid-19, podes enviar mensaxes de ánimo, vídeos, debuxos, explicar como se está pasando a pandemia no país no que vives
A irrupción do coronavirus cambiou o mundo. Millóns de persoas confinadas, vivindo unha realidade descoñecida ata agora, con medo tal vez, pero sen rendirse e poñendo ao mal tiempo boa cara e sobre todo compartindo raios de esperanza, de solidaridade de empatía, de creatividade, de resistencia. Que queres compartir ti? Anímaste?
Pode que a túa experiencia esté chea de morriña porque estás lonxe da túa casa, de Galicia, e todo o que está pasando é todavía máis duro a centos de quilómetros da túa familiaa. Como se está vivindo a pandemia no teu país de acollida? Que estás facendo no teu día a día?
Quizá sexa Galicia a que te recibu cos brazos abertos porque ésta é a terra dos teus pais ou avós e agora estás na comunidade grazas a unha bolsa BEME.
Cóntanos como o estás pasando e como te estás comunicando coa túa familia.
Porque a comunicación, a tecnoloxía, sálvanos nestes momentos sen bicos nin apertas cos nosos seres queridos así que teléfono, vídeochamadas, whatsapp, Skype, son máis que nunca imprescindibles no noso día a día.
Seguro que están cheas de anécdotas, sentimento e detalles que darían para escribir un relato. Pensaches en facelo? Ou sobre como se está axudando aos demais no teu entorno.
A creatividade tamén é a protagonista nos tempos do coronavirus, a través dos debuxos dos nenos, pancartas, mensaxes, cubren as ventás galegas con arco iris de cores e palabras de ánimo para os que se están deixando a vida para salvar outras.
Ás oito da tarde, os españois saen a aplaudir ás ventás a agradecer a labor dos sanitarios, a saludar aos seus veciños. Como será noutros lugares do mundo? Sábelo ti?
Podes enviar debuxos, ata pantallazos das vídeochamadas co exterior se te atreves, mensaxes, escritos ou vídeos, coa túa experiencia vital durante esta crise. Ficción ou realidade, a escritura tamén é unha boa terapia neste momento,¿non cres? Aínda que a mellor é compartir.