- Os seminarios en liña de baile, canto e pandeireta, gaita e percusión, comezarán o vindeiro luns 27 de abril e serán gratuítos e de libre acceso para todos os públicos
- As clases poderán seguirse en directo a través do Facebook da Secretaría Xeral da Emigración de luns a xoves ás 20.00 horas e quedarán colgadas na web
Que o coronavirus non pare a difusión da cultura galega polo mundo. Esta é a mensaxe do novo proxecto que vén de poñerse en marcha desde Galicia para evitar que nestes tempos de pandemia sanitaria non cesen as actividades formativas e de divulgación das tradicións propias no exterior. E é que o peche das entidades e centros galegos na diáspora obrigou a cancelar a maior parte da súa axenda social e cultural e un dos lazos de unión entre os emigrantes, tamén coa súas raíces. Botas de menos as túas clases de baile galego ou de gaita ou pandeireta? O son de Galicia?
“Aula GaliciaAberta” nace para que ningún galego, especialmente se estás a centos ou miles de quilómetros da túa terra, deixe de vivir esas actividades que os centros ofrecen aos seus socios ou para complementar as que si se poden seguir impartindo a través de Internet.
Clases de baile galego, canto e pandeireta, percusión e gaita impártense habitualmente nas entidades da diáspora para que os emigrantes e os seus descendentes conectedes con Galicia a través da cultura.
Unha labor fundamental que se viu interrumpida polo coronavirus, pero para a que agora nace unha solución. A partir do próximo luns 27 de abril o baile e a música galega protagonizarán a apertura da nova aula virtual da Secretaría Xeral da Emigración.
Os obradoiros en liña retransmitiranse en directo e terán carácter gratuíto e público, xa que estarán dirixidos non só aos alumnos que xa vos formades nestas materias, senón tamén para todos os que, aínda que non teñades coñecementos previos, queirades acercarvos á comunidade grazas a estes seminarios. Toda unha oportunidade de estar conectado con Galicia!
As clases poderán seguirse a través do Facebook Live de Emigración de lun a xoves ás 20.00 horas, consulta aquí a programación e coñece ao teus profesores
Se te criaches vivindo a nos cultura desde as Casas ou Centros de Galicia seguro que xa coñeces os obradoiros tradicionais, que permitían contar durante unhas semanas cun profesor desprazado desde a comunidade para ensinar novas técnicas nas vosas clases. De Galicia para todo o mundo. E agora, en modo virtual, para manter viva a actividade destas entidades, “fundamentais tanto para preservar e difundir a cultura e tradicións de Galicia no exterior, como para estreitar lazos entre os galegos que viven fóra das nosas fronteiras e os que residen na propia comunidade”, en palabras do secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda.
Unha función que hoxe se fai aínda máis visible e necesaria e que merece todo o apoio desde Galicia. “Aula GaliciaAberta” espérate!