Nace “Aula GaliciaAberta” para que non pare a formación e difusión da cultura galega no mundo

  • Os seminarios en liña de baile, canto e pandeireta, gaita e percusión, comezarán o vindeiro luns 27 de abril e serán gratuítos e de libre acceso para todos os públicos
  • As clases poderán seguirse en directo a través do Facebook da Secretaría Xeral da Emigración de luns a xoves ás 20.00 horas e quedarán colgadas na web
20
Apr
2020

Que o coronavirus non pare a difusión da cultura galega polo mundo. Esta é a mensaxe do novo proxecto que vén de poñerse en marcha desde Galicia para evitar que nestes tempos de pandemia sanitaria non cesen as actividades formativas e de divulgación das tradicións propias no exterior. E é que o peche das entidades e centros galegos na diáspora obrigou a cancelar a maior parte da súa axenda social e cultural e un dos lazos de unión entre os emigrantes, tamén coa súas raíces. Botas de menos as túas clases de baile galego ou de gaita ou pandeireta? O son de Galicia? 

“Aula GaliciaAberta” nace para que ningún galego, especialmente se estás a centos ou miles de quilómetros da túa terra, deixe de vivir esas actividades que os centros ofrecen aos seus socios ou para complementar as que si se poden seguir impartindo a través de Internet. 

Clases de baile galego, canto e pandeireta, percusión e gaita impártense habitualmente nas entidades da diáspora para que os emigrantes e os seus descendentes conectedes con Galicia a través da cultura.

Unha labor fundamental que se viu interrumpida polo coronavirus, pero para a que agora nace unha solución. A partir do próximo luns 27 de abril o baile e a música galega protagonizarán a apertura da nova aula virtual da Secretaría Xeral da Emigración.

Un dos programas de obradoiros de Emigración no Centro Galego de México
Tradicional foliada anual do Clube de Galicia de Bonn

Os obradoiros en liña retransmitiranse en directo e terán carácter gratuíto e público, xa que estarán dirixidos non só aos alumnos que xa vos formades nestas materias, senón tamén para todos os que, aínda que non teñades coñecementos previos, queirades acercarvos á comunidade grazas a estes seminarios. Toda unha oportunidade de estar conectado con Galicia!

As clases poderán seguirse a través do Facebook Live de Emigración de lun a xoves ás 20.00 horas, consulta aquí a programación e coñece ao teus profesores

Se te criaches vivindo a nos cultura desde as Casas ou Centros de Galicia seguro que xa coñeces os obradoiros tradicionais, que permitían contar durante unhas semanas cun profesor desprazado desde a comunidade para ensinar novas técnicas nas vosas clases. De Galicia para todo o mundo. E agora, en modo virtual, para manter viva a actividade destas entidades, “fundamentais tanto para preservar e difundir a cultura e tradicións de Galicia no exterior, como para estreitar lazos entre os galegos que viven fóra das nosas fronteiras e os que residen na propia comunidade”, en palabras do secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda

Unha función que hoxe se fai aínda máis visible e necesaria e que merece todo o apoio desde Galicia. “Aula GaliciaAberta” espérate!

Compartir

A automoción galega desenvolve respiradores artificiais para loitar contra o coronavirus

  • A planta de Vigo de PSA e o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia uníronse ao proxecto solidario da tecnolóxica coruñesa Bionix e fabrican unha unidade de impulsión de aire reutilizando compoñentes dos coches
17
Apr
2020
Desenvolvemento de respiradores artificiais Galicia. Foto: Groupe PSA

A industria galega transformouse para loitar contra o coronavirus, empresas que non paran, pero cambian a súa produción para sacar miles de mascarillas ou batas das súas máquinas de coser, e sectores como o da automoción que reutilizan compoñentes dos vehículos para colaborar na fabricación de respiradores para os pacientes de Covid-19. 

É o caso do que está a acontecer en Vigo, onde o grupo PSA e o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) traballan no desenvolvemento da unidade de impulsión de aire para os respiradores artificiais que ideou a compañía de alta tecnoloxía Bionix.

Son a colaboración e as sinerxias que se crean entre todos as que se marcan obxectivos e conseguen por en marcha ideas para axudar aos demáis, e iso é o que se está facendo en Galicia, unir forzas,  solidaridade, tecnoloxía e moito talento galego para avanzar o máis rápido posible cara a posible industrialización dun recurso imprescindible para a supervivencia  dos enfermos máis graves.

A tecnolóxica coruñesa Bionix lidera en Galicia un consorcio de empresas volcadas en sacar adiante este proxecto solidario que poida aportar unha solución ás necesidades dos hospitais.

Trátase de que no caso dun posible recrudecimento da pandemia, por á disposición da sanidade, se así o demanda, unha solución que permitiría complementar as capacidades existentes en equipos de respiración cumprindo todas as esixencias de validación médica.

O papel que xogan PSA e CTAG se centra, como explican, en “tarefas de deseño, prototipado e probas funcionais e de robustez, colaborando no desenvolvemento do sistema electrónico de regulación da mestura de oxíxeno co aire e de sistemas alternativos de impulsión de aire”

Para iso aprovéitase a reutilización de compoñentes dos vehículos fabricados na pranta de Vigo, que ofrecen “alta fiabilidade”.

E como se leva a cabo unha empresa de tal importancia? 

O 18 de marzo, apenas catro días despois de que se decretara o estado de alarma, o proxecto de Bionix naceu para paliar un posible colapso sanitario. Constatou a necesidade que hai de respiradores cando as cifras de afectados non fixeran máis que empezar a sumar. 

Ese mesmo día comezaron co deseño conceptual de mecánica, hidráulica e software y o Clúster TIC Galicia coordinou a integración doutras empresas, do sector metalmecánico, da impresión 3D e a electrónica, un “equipazo”. E da automoción.

Respiradores desechables. Foto: Ceaga

Tendo a tecnoloxía, o material e a capacidade de fabricar en serie conseguiron un prototipo asesorados por persoal médico, a Fundación Novoa Santos tamén participa. A compañía ten experiencia na obtención de certificados por parte da Axencia Española do Medicamento e coñece o procedimento para homologar o prototipo, que o pasado 24 de marzo xa foi presentado a responsables da Xunta para o seu ensaio en centros hospitalarios.

Pero é que todo o que veu despois é un paso tras outro de solidaridade e tecnoloxía. Bionix dona o software de forma gratuíta e o consorcio xa conta coas aportacións de Cinfo, Electrónica e Comunicacións, 3DAtlántico, Grupo Caamaño e Tatto Contract, e do sector da automoción do CTAG, PSA, e o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga).

Precisamente desta última colaboración con Ceaga empezaron a producirse as primeiras válvulas dos respiradores de patente galega.

Tres empresas que participaron na Business Factory Auto, da Rede Galega de Aceleradoras, Lupeon, Nort3D e Inmake uníronse á iniciativa sen ánimo de lucro e teñen unha capacidade para fabricar en conxunto 900 válvulas desechables para os ventiladores hospitalarios cada 10 horas.

“Estas tres compañías, competidoras entre si, compartiron recursos para montar en pouco tempo prototipos de válvulas desechables para respiradores, respiradores automáticos e sistemas de protección”, explica Ceaga, que aporta fondos para a compra dos materiais necesarios.

O proxecto apenas ten un mes de vida e continúa avanzando con talento galego, solidaridade e tecnoloxía ao servizo da sanidad. Esperamos poder contar pronto que estes respiradores artificiais se están fabricando en serie para axudar a salvar vidas nos hospitais de Galicia. 

Non deixes de ver o seguinte vídeo do CTAG, que quere agradecer ao seu persoal o enorme esforzo que fan e a súa colaboración en iniciativa solidarias como esta co fabricante de coches PSA para producir respiradores mecánicos.

Compartir

A galeguidade de América e Europa, máis unida que nunca con Galicia por videoconferencia

  • A comunidade conéctase con Arxentina e Uruguai, que concentran máis do 42% dos galegos da diáspora, e cunha ducia de entidades galegas en Alemaña, o Reino Unido e Portugal
16
Apr
2020
Miranda entrevistouse co delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai

Os centros galegos na diáspora seguides facendo oír a vosa voz, máis conectados que nunca coa vosa terra, con Galicia, iso si, por videoconferencia, como obriga o coronavirus. Sodes case 200 as entidades galegas no exterior as que vos encargades de mantervos unidos a todos os emigrantes, axudando a conservar e difundir a galeguidade por todo o mundo.

E nesta crise sanitaria na que todos estamos atrapados, os lazos de unión teñen que estreitarse máis se cabe. Por iso, Galicia emprendeu unha viaxe virtual cos galegos que residides no estranxeiro, cara a cara, aínda que en modo telemático, para escoitar as vosas necesidades. Desde a comunidade séguese dun xeito moi cercano e atento a situación que estades vivindo, por mor do coronavirus, os que estades fóra.

Unha situación que podería obrigar a por en marcha medidas extraordinarias destinadas a paliar a crise que se orixinou no caso de que fora necesario.

É a mensaxe que quere trasladar a Secretaría Xeral da Emigración ao máis de medio millón de galegos que vivides na diáspora, noutras pequenas Galicias repartidas por todo o globo. Para coñecer como o estades pasando en cada un deses enclaves galegos no exterior e para que este seguimento sexa o máis personalizado posible, o secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, embarcouse nunha rolda de entrevistas virtuais. Nunha destas escalas acompañou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Cho contamos aquí.

O calendario de reunións é unha viaxe que debuxa o mapa dos galegos no estranxeiro, aínda que nesta ocasión sexa a través da pantalla do ordenador. A primeira parada foi en Arxentina e Uruguai, e o interlocutor, o delegado da Xunta nestes países, Alejandro López Dobarro. Unha visita virtual para repasar a actualidade que vivides e o que podedes necesitar para afrontar as consecuencias do Covid-19.

Centro Galego Comodoro Rivadavia, Arxentina

Sabíades que Arxentina é o país con maior presenza galega do mundo? Se formades parte deste colectivo, quizá xa coñezades que sodes máis de 180.000 persoas, entre os nados en Galicia e os vosos descendentes. E Uruguai? É o cuarto en población orixinaria da comunidade, con máis de 41.000, por detrás de Brasil e Cuba. Xuntos sumades 222.070 galegos, o 42,40% do total de residentes na diáspora.

E de América a Europa. Alemaña, o Reino Unido e Portugal, as seguintes escalas do periplo pola galeguidade. Alemaña é históricamente un dos países que máis galegos acolleu e na actualidade viven 17.519, o terceiro de toda Europa, mentres que o Reino Unido é o quinto, con 15.324, e en Portugal residen 4.562. Entre os tres suman 37.405 cidadáns galegos no exterior, representados na conexión con Galicia a través de centros de Hamburgo, Berlín, Cuxhaven, Fránfort do Meno, Hannover, Nürnberg, Bonn, Troisdorf, Múnich, Londres e Lisboa.

Estas entidades levan o nome e a cultura de Galicia por toda a xeografía de Alemaña, o Reino Unido e Portugal 

En Alemaña son a Asociación Cultural Galega de Hamburgo; a Asociación Cultural Galega "De Berlin Son"; o Centro Cultural Gallego de Cuxhaven; o Centro Cultural Gallego de Francfort do Meno; o Centro Cultural e Deportivo Galicia Emigrante 1972; o Centro Galego de Hannover; o Centro Galego de Nürnberg; o Club Galicia de Bonn; la Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemania; oGrupo Cultural Gallego de Troisdorf; e a Peña Galega de Múnich.

Desde o Reino Unido comunicouse o representante do Centro Galego de Londres e desde Portugal, o de Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa.

Son un exemplo dos puntos que forman o mapa dos centros galegos polo mundo.

Compartir

A enerxía eólica sopra con forza en Galicia e xerará máis de 8.000 novos empregos en dez anos

  • O potencial deste sector empuxa á comunidade para liderar a transición enerxética contra o cambio climático, cunha produción que evita a emisión de nove millóns de toneladas de CO2
15
Apr
2020

Sopran novos tempos para a eólica, coa forza do vento galego e un aire limpo que sitúa ás enerxías renovables como a gran aposta dunha Galicia que quere ser aínda máis verde. Adeus enerxías contaminantes, as fontes limpas e eficientes chegaron para quedarse e a comunidade estase a preparar para liderar a transición enerxética contra o cambio climático con todo o empuxe da eólica.

O impacto medioambiental non só suma para que este sector sexa clave para Galicia. Tamén o económico, con cifras tan millonarias e inmensas como as pas ao viento que xiran nos altos galegos. Pas que superan os 50 metros de longo e aeroxeradores que queren rozar o ceo coa súa altura de case 100 metros. Números xigantescos.

E o impacto tradúcese tamén en emprego estable e de calidade. Agárdase que na próxima década a construcción de parques eólicos na comunidad xerará máis de 8.000 novos postos de traballo. E aquí ímolo contar.

Porque o 2019 foi o ano do rexurdir da eólica en Galicia. Porque a comunidad convertíuse xa nunha referencia en enerxías limpas e é a terceira española co nova potencia instalada en 2019. As cifras así o demostran, coa entrada en funcionamento de 18 prantas eólicas cunha potencia de 416 megavatios. E non só polos datos do ano pasado, en total instalada só a superan Castela e León e Castela A Mancha.

A construcción destas 18 infraestructuras en 2019 supuxo un investimento de 509 millóns de euros e deu emprego a case 2.400 personas. Seis delas son da galega Norvento, capaces de suministrar electricidade a 90.000 hogares

Máis cifras interesantes. A xeración desta enerxía en 2019 permitiu cubrir o 45% da demanda eléctrica, e agárdase que este ano represente o 35% do total, superando con creces as medias estatais. O obxectivo, que en cinco anos Galicia produza enerxía cen por cen renovable. É un camiño ambicioso na loita contra o cambio climático. E é que a produción eólica evitou o ano pasado a emisión de sete millóns de toneladas de CO2.

Parque eólico en Cabo Ortegal, Galicia

E cales son as perspectivas para 2020? Durante este ano poderían empezar a operar outros seis parques, e Galicia podería chegar a preto de 4.000 megavatios de potencia en 187 prantas. 

De cara á década que acaba de comezar, as previsións apuntan a que se crearán outros 4.500 MW novos ata alcanzar os 8.000 en 2030, o que duplicará a potencia actual, e se xerarán máis de 8.000 postos de traballo novos, superando os 12.000 vencellados directamente con este sector. Son cifras de EGA Asociación Eólica de Galicia, que apunta a un investimento dos promotores de 5.000 millóns de euros.

A importancia destes números radica en lograr o mantemento dos 400 MW ao ano de nova instalación de aquí a 2030, o que repercutiría económicamente e cun grande impacto nas empresas de servizos e auxiliares galegas.

O volume de empregos que pretende xerar este sector non é un reto, pero si afronta un obstáculo maior que o orográfico, atopar os traballadores cualificados que precisa.

A formación e a especialización xogarán un importante papel nos próximos anos, pero esta industria, como outras do metal como o naval, demanda man de obra básica, electricistas, electrónicos, xestores de enerxía, operadores de EPR.

Se cres que o teu futuro pode estar neste sector, tes que saber que en proxectos educativos innovadores a comunidade é pioneira.

Galicia creou a primeira FP dual de eólicos de España

O Centro Integrado de Formación Profesional As Mercedes de Lugo conta desde o curso 2018/2019 con Enerxías Renovables, o primeiro ciclo superior especializado no mantemento de eólicos de España.

É toda unha oportunidade pola proxección de futuro que ten o sector das enerxías renovables. Podes consultar aquí toda a oferta formativa  deste centro e como se organizan este e outros ciclos innovadores.

 

Compartir

Como estás a vivir estes tempos do coronavirus? Cóntanos a túa historia!

  • Anímate a compartir a túa experiencia durante esta crise do Covid-19, podes enviar mensaxes de ánimo, vídeos, debuxos, explicar como se está pasando a pandemia no país no que vives
09
Apr
2020
Fuente: diario ABC
Fuente: Faro de Vigo
Fuente: La Voz de Galicia

A irrupción do coronavirus cambiou o mundo. Millóns de persoas confinadas, vivindo unha realidade descoñecida ata agora, con medo tal vez, pero sen rendirse e poñendo ao mal tiempo boa cara e sobre todo compartindo raios de esperanza, de solidaridade de empatía, de creatividade, de resistencia. Que queres compartir ti? Anímaste?

Pode que a túa experiencia esté chea de morriña porque estás lonxe da túa casa, de Galicia, e todo o que está pasando é todavía máis duro a centos de quilómetros da túa familiaa. Como se está vivindo a pandemia no teu país de acollida? Que estás facendo no teu día a día? 

Quizá sexa Galicia a que te recibu cos brazos abertos porque ésta é a terra dos teus pais ou avós e agora estás na comunidade grazas a unha bolsa BEME.

Cóntanos como o estás pasando e como te estás comunicando coa túa familia.

Porque a comunicación, a tecnoloxía, sálvanos nestes momentos sen bicos nin apertas cos nosos seres queridos así que teléfono, vídeochamadas, whatsapp, Skype, son máis que nunca imprescindibles no noso día a día. 

Seguro que están cheas de anécdotas, sentimento e detalles que darían para escribir un relato. Pensaches en facelo? Ou sobre como se está axudando aos demais no teu entorno.

A creatividade tamén é a protagonista nos tempos do coronavirus, a través dos debuxos dos nenos, pancartas, mensaxes, cubren as ventás galegas con arco iris de cores e palabras de ánimo para os que se están deixando a vida para salvar outras.

Ás oito da tarde, os españois saen a aplaudir ás ventás a agradecer a labor dos sanitarios, a saludar aos seus veciños. Como será noutros lugares do mundo? Sábelo ti? 

Podes enviar debuxos, ata pantallazos das vídeochamadas co exterior se te atreves, mensaxes, escritos ou vídeos, coa túa experiencia vital durante esta crise. Ficción ou realidade, a escritura tamén é unha boa terapia neste momento,¿non cres? Aínda que a mellor é compartir

Compartir

Empathy.co recupera o talento galego emigrado para o sector TIC

  • A empresa tecnolóxica asturiana, con oficinas na Coruña e Narón, impulsa o retorno de profesionais que saíran ao estranxeiro para desenvolver as súas carreiras
08
Apr
2020

O sector TIC reclámate en Galicia. A que estás agardando para voltar? Aínda non sabes que hai ata 1.000 postos de traballo sen cubrir porque non se atopan os perfís adecuados? As empresas relacionadas coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación non cesan no seu empeño de buscar candidatos e xa o fan fóra de España, reclutando aos profesionais que necesitan. É o caso de Empathy.co, unha compañía volcada en recuperar talento español emigrado para incorporalo ás súas oficinas de Galicia e Asturias.

Empathy.co, asturiana e fundada en 2012, é experta en tecnoloxía de navegación e búsqueda e na súa carteira de clientes destacan a multinacional téxtil galega Inditex, Carrefour, Vodafone, Kroger, para as que deseña rastreadores, que usan 30 millóns de persoas cada hora. Trátase de transformar a túa experiencia de búsqueda como usuario xerando emocións e empatía e unha nova forma de interacción entre as marcas e os consumidores.

E para levar a cabo a súa tecnoloxía de Empatía Artificial durante o ano pasado incorporaron ao seu equipo case unha treintena de profesionais de orixe galega e asturiana, cun perfil técnico financieiro e tecnolóxico, que emigraran ao extranxeiro para desenvolver as súas carreiras e aos que agora dan a oportunidade de regresar.

Máis do 30% das contratacións que realizou Empathy.co en 2019 son talento retornado.

Enxeñeiros back e front-end, Devops, científicos de datos e deseñadores contratados e traballando no cuartel xeral da compañía en Gixón, e nas súas oficinas galegas da Coruña e Narón. Ademais, a empresa conta con sede en Londres.

Evento Kick-off 2020 Empathy.co
Ángel Maldonado, fundador de Empathy.co
Á esquerda, Pedro Facal, de Empathy.co A Coruña

E como acada Empathy.co recuperar o talento emigrado? Ofrecendo condicións laborais e unha proxección profesional que incentivan o retorno de expertos TIC que ata agora non tiveran a opción de desenvolver a súa carreira en España. Esta política de atracción e retención de talento baséase tamén en programas que impulsan o desenvolvemento das ideas e os proxectos propios dos traballadores.

Para o fundador da compañía, Ángel Maldonado, o crecemento que rexitraron en 2019, do 49% en facturación, “non tería sido posible sen a incorporación de talento aos nosos equipos. E nos sentimos especialmente orgullosos de ter podido recuperar talento español emigrado e incorporalo ás nosas oficinas de Asturias e Galicia”.

É o caso de Pedro Facal, que forma parte do equipo coruñés e aproveitou a oportunidade para unirse como líder de Data Science. Traballaba en McLaren Racing en Londres, e regresou.

“O que máis me atraeu de Empathy.co é a súa proxección internacional, desenvolvendo desde España un producto que usan compañías internacionais líderes nos seus sectores”, afirma Pedro Facal desde A Coruña.

A estratexia de Empathy.co ten previsto continuar durante este 2020 reforzando a súa plantilla con novas incorporacións que lles permitan seguir avanzando na súa tecnoloxía de búsqueda e descubrimento para ecommerce.

Son xa un equipo de 74 persoas e aspiran a ser 100 este ano.

Iniciativas como esta son de grande importancia non só para os que desexan volver e continuar coa súa carreira profesional, senon tamén para a rexión, que precisa de máis apoios do sector privado e da administración para continuar repatriando talento”, explica José Lueje, director financieiro e estratéxico de Empathy.co, e xixonés retornado procedente de Citibank en Londres.

Se queres coñecer máis sobre esta empresa que axuda a que talentos como o teu regresen a casa visita a súa web. Pode que estén buscando un perfil como o teu!

Compartir

A educación online refórzase coa apertura de E-Dixgal a 95.000 alumnos galegos

  • A Xunta compra 1.000 equipos informáticos para que os estudantes de familias con menos recursos poidan seguir as clases desde casa
07
Apr
2020

O terceiro trimestre, o decisivo, o definitivo, o final do curso, comeza despois das vacacións de Semana Santa. Sempre foi así, ata agora, cando as vacacións perderon todo o seu significado anterior e o último tramo do período escolar empezará como acabou o segundo, cos alumnos galegos afrontando a súa educación desde casa por culpa do coronavirus. Un Covid-19 que pola súa trascendencia sanitaria, social, económica, como pandemia mundial, fíxose un oco xa nos contidos, probablemente dixitais, que se estudiarán nas aulas. 

Unhas aulas que están vivendo tamén a súa propia transformación, traspasando as paredes dos colexios e institutos ata chegar ás dos fogares, onde toca agora seguir co curso coa ensinanza online do profesorado, sexa Primaria, Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional.  Ata os pequenos de Infantil reciben propostas de actividades!

E é que en Galicia construíuse una base dixital que amosa en momentos como este que está obrigando a vivir o coronavirus a necesaria e imprescindible aposta que é a aprendizaxe nun entorno virtual. 

O programa Abalar foi o principio, no curso 2009/2010, un proxecto para alcanzar o centro educativo dixital. Coñeces por que se chamou así? Abalar ten a súa orixen por unha parte na palabra celta “Abal”, que significa mazá, a froita da sabiduría, e por outra no termo galego “abalar”, que se refire ao movimento e quere transmitir a mensaxe de promover o cambio e a transformación na educación. 

Obxectivo que se conseguíu convertindo a Galicia nunha comunidade pioneira en educación dixital grazas a ferramentas como E-Dixgal, unha plataforma de aprendizaxe virtual á que este curso están adheridos 27.000 alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º y 2º de ESO, pero que agora se abriu a todos os centros galegos para que ata 95.000 estudantes poidan acceder aos contenidos dixitais desde as súas casas.

As editoriais proveedoras, aulaPlaneta, Edebé, Netex e Pearson, permiten así a entrada aos seus recursos aos colexios ou institutos que non estean integrados na iniciativa de aula dixital.

Esta é unha das medidas posta en marcha en Galicia para que o curso poida seguir en liña ante a incertidumbre de cando se poderá retomar de forma presencial ou de si se poderá chegar a facer. Outra ds iniciativas é que se habilitou unha plataforma de videoconferencias para que os docentes poidan interactuar cos estudantes e impartir clases en tempo real. En só uns días permitiu máis de 20.000 comunicacións nas que participaron 58.000 profes e alumnos.

Conexións a Internet gratuítas

Para garantizar que isto ocorra en todos os fogares galegos, a Xunta empezou a distribuir 1.000 portátiles con conexións a Internet gratuítas destinados a familias con menos recursos e con escolares cursando Secundaria, Bacharelato ou Formación ProfesionalCada centro recibirá tres ordenadores e os entregará ás familias tendo en conta a súa situación socioeconómica, que os alumnos estean nos cursos de final de etapa (4º de ESO, 2º de Bachillerato, 2º de FP) e que non teñan nin ordenador nin Internet na casa. Os equipos terán conectividade 4G gratuíta grazas á colaboración os operadores R, Vodafone e Orange.

A falta de conectividade tamén se solventará coas 928 liñas de datos que o Ministerio de Educación remitirá á comunidade para os estudiantes de Bacharelato e de FP Media e Superior.

Galicia reforza tamén a súa rede cun novo espazo no portal de Abalar, no que se recollen os principais servizos dixitais a disposición da comunidade educativa para organizar o seu traballo: Aulas Virtuais, servizo de videoconferencia Webex, app de comunicación AbalarMóbil para as familias, entre outras, e videotitoriais para explicar o uso destas ferramentas ao profesorado que o precise.

Os recursos cos que xa se contaba, como AbalarMóbil, que permite por exemplo consultar as notas, triplicou os usuarios diarios a semana pasada, e fronte aos 28.000 de promedio antes da crise, se chegaron a rexistrar nalgunha xornada máis de 86.000.

Na plataforma E-Dixgal o aumento de accesos diarios foi de entre o 90% e o 110% máis dos habituais.

E nas Aulas Virtuais dos centros triplicáronse o número de usuarios, pasando dos 18.000 de media antes da crise sanitaria, a máis de 58.000, triplicando tamén o uso da plataforma, que pasou dun millón de interaccións diarias a máis de tres millóns.

Compartir

A cultura galega segue viva nos tempos do coronavirus

  • A plataforma GaliciaLe abre o acceso a 4.500 títulos de libros, revistas ou películas en formato dixital para gozar da cultura durante o confinamento
  • Entra agora e descarga de maneira gratuíta obras para todos os públicos e en ata en oito idiomas
02
Apr
2020

É unha pausa, un parón nunha rutina que nunca volverá a ter o mesmo sentido. Nos tempos do coronavirus as prioridades están cambiando e os hábitos e o ocio, obrigados a quedarse na casa, tamén. Aínda que hai un hábito, o de la lectura, que forma parte das nosas vidas, e no caso de que non fora así, por que non aproveitar esta pausa para gozalo máis que nunca? 

Porque estamos pechados, é o mellor momento para ler libros e revistas, ver películas, percorrer exposicións de maneira virtual, para que a cultura siga viva.

Coñeces GaliciaLe? É unha plataforma de préstamos de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Para entrar, habitualmente é necesario ter un carné de usuario, pero agora, para facilitar o acceso, ábrese á toda a poboación para que desde todos os fogares se goce da cultura durante o confinamento que provocou a pandemia do coronavirus.

E que podes atopar en GaliciaLe? Máis de 4.500 títulos de libros, revistas ou películas que podes descargar e ver nos teus dispositivos electrónicos: ordenadores, tabletas ou teléfonos móbiles. A maioría están en galego e en castelán, pero tamén noutros seis idiomas: inglés, portugués, francés, italiano, catalán e euskera. Hainos para todas as idades, obras infantís e xuvenís, e se o que queres é outro tipo de entretenemento, hai 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia, desde longametraxes e curtas ata documentais. Todo un catálogo de cultura galega.

Para entrar na plataforma só tes que rexistrarte a través deste formulario dispoñible na páxina web de GaliciaLe. É moi doado e rápido. Tras cubrilo, recibirás no teu correo electrónico as claves de acceso. Cando finalice o estado de alarma, os usuarios disporedes de 30 días para recoller o carné e seguir gozando das vantaxes da rede de bibliotecas públicas de Galicia e deste catálogo.

Xa tes as túas claves? Entón prepárate para bucear entre unha gran marea de páxinas e imaxes. Iso si, en formato dixital. Para os amantes do papel e do olor e o son que fan as follas ao pasar, haberá que esperar un pouco para entrar nas bibliotecas ou nas tendas a mercar cultura. Se tes as estanterías de casa cheas de libros, es un afortunado. Para todos, aproveitade a pausa e a oportunidade que abre GaliciaLe!

Unha viaxe polo tempo dentro de Galicia

Esta medida enmárcase na campaña #aculturasegue da Consellería de Cultura. E para seguir sumando iniciativas a favor do ocio desde o fogar, os arquivos xestionados pola Xunta (Arquivo de Galicia; e históricos, do Reino de Galicia, Lugo, Ourense e Pontevedra) propoñen unha viaxe polo tempo dentro de Galicia. Podes ver exposicións virtuais en 3D e percorridos 360 grados ou as mostras do Arquivo do Reino.

Aínda que os museos non estean abertos físicamente, si o están en modo virtual. Na maioría, dos xestionados pola Xunta, podes percorrer as suás exposicións, por exemplo no Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago ou no Museo de Belas Artes da Coruña

E lonxe das cidades, coñece o Museo do Castro de Viladonga e o propio castro, ol Massó e contempla desde dentro as pallozas do Cebreiro. Aquí tes todas as visitas virtuais.

Segue viva ou non a cultura galega nos tempos do coronavirus? Gózaa e difúndea.

 

Compartir

Benvido á realidade do teletraballo, estás preparado?

  • A nova situación á que abocou o coronavirus é toda unha revolución social e laboral
01
Apr
2020

O teletraballo chegou para quedarse, eso si de xeito forzoso e por culpa do coronavirus, e o certo é que está resultando un choque de realidade, sobre todo nos fogares. Porque, quen estaba preparado para afrontar esta maneira de traballar? Quizá si o 10% dos galegos, unhas 112.500 persoas que xa o facían habitualmente, pero e cos nenos na casa?  Organización, concentración, conciliación, chamadas e videoconferencias, que Internet tire para todos, e por suposto, crear unha oficina no fogar. O cambio é unha auténtica revolución. Benvido a unha nova realidade: o teletraballo en tempos de coronavirus.

O primeiro que tes que facer, ademais de concienciarte, é adaptar un espazo na casa destinado só a traballar e facer equipo coa familia para que poidas cumprir uns horarios e non baixar a productividade. Suponse que é como se non estiveras...

Así que organiza e planifica que horas do día vas a adicar ás tarefas laborais e cales á túa familia e á casa, principais focos de distracción aos que te terás que enfrontar. Todo un reto.

Pero hai que ser positivos e crear hábitos e disciplinas para poder conciliar neste novo escenario que se impuxo. Lembra que #istoosuperamosunidos. E ten que ser así en todas as frontes. Iso si, nada de traballar en pixama! Aínda que non teñas videoconferencias!

  • Se xa tes un lugar no que traballar ou o tiveches que adaptar non menos importante é a equipación que precisas, incluida unha cadeira que axude ás túas costas a soportar as horas laborais na casa. Pode que polo teu emprego a túa empresa habilitase unha plataforma de teletraballo con equipo informático na casa e tamén o desvío de teléfonos, pero tamén pode ser que necesites ferramentas tecnolóxicas que facilitarán o desempeño das túas tarefas en remoto. Estas son algunhas das que poderás necesitar:
  • A comunicación non para en tempos de coronavirus, de feito, acabarás botando de menos esa relación interpersoal a nivel profesional, así que preparáte para botar man de videoconferencias, audioconferencias ou chats para facer tarefas grupais en modo virtual. Sempre hai que aforrar tiempo e aumentar a eficiencia. Seguro que xa coñeces Skype ou Hangouts, pero tamén como exemplos de aplicacións para estas tarefas existen Jitsi ou Zoom
Para unha implantación efectiva do teletrabajo usa as ferramentas que máis domines ou sobre as que teñas referencias para minimizar o esforzo de adaptación. É unha recomendación que vale para todas.
  • Seguindo co traballo en equipo necesitarás a nube para almacenar e poder compartir información cos teus compañeiros ou clientes. Tamén transferir arquivos para enviar documentos de maior tamaño a varias persoas. Tes varios recursos ao teu alcance: Nextcloud, Drive, Dropbox, Onedrive, Wetransfer. Sóanche, verdade?
  • Outra recomendación de aplicacións é a que se refire á xestión de tarefas en equipo e de proxectos. Permiten unha maior eficiencia e facilitan a dixitalización das mesmas. Axudarante Trello ou Slack. Para xestionar proxectos de forma colaborativa e que a información esté actualizada están Taiga e Basecamp. E para crear de forma telemática e simultáneamente documentos, follas de cálculo e presentaciones, Microsoft Office 365 e GSuite. Fan posible o traballo en equipo sobre unha mesma versión do documento.
  • E por último e a modo de recordatorio, ten en conta que para traballar en casa necesitas unha navegación segura, así que usa só a conexión do teu domicilio ou a que che presta a túa empresa e evita asimesmo o acceso a páxinas dubidosas ou os correos electrónicos sospeitosos. Os virus tecnolóxicos tamén están aí fóra!
Compartir

A atención aos galegos no exterior segue máis activa que nunca!

  • Tedes á vosa disposición varios correos electrónicos para consultas sobre temas de emigración ou retorno e números de teléfono para casos máis urxentes ou graves
30
Mar
2020

O máis de medio millón de galegos que vivides repartidos polo mundo seguro que estos días seguides con preocupación non só como está afectando a pandemia do coronavirus aos países nos que residides, tamén a Galicia e ás vosas familias. É un problema global que afecta a todos, e para tentar paliar a vosa situación, vós, por encontrarvos tan lonxe da vosa terra, tendes que saber que a atención que necesita a diáspora segue activa e reforzándose desde Galicia. 

Estabades tramitando algunha axuda económica ou bolsa para os gallegos no exterior? Tendes pensado regresar á comunidade e agora non sabedes como proceder?

A Secretaría Xeral da Emigración está respondendo e tramitando con todos os recursos dispoñnibles neste momento todas as consultas que están chegando tanto referidas ao ámbito da emigración como do procedemento de retorno. 

Xa sabedes que as Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno das catro provincias galegas están pechadas, tamén as delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai deixaron de atender aos emigrantes de maneira presencial, como medida preventiva. Con todo, para continuar respondendo á demanda de consultas ou dúbidas que poidades facer chegar tomade nota da seguinte información. Son correos electrónicos e números de teléfono aos que vos podedes dirixir, eso si, tende en conta que o volume de cuestións pódese incrementar nestes momentos de crise así que recoméndase que as chamadas telefónicas se empreguen en caso de causas extraordinarias ou de maior gravidade para garantizar a óptima operatividade do sistema de atención que se vos ten que prestar.

Se as vosas consultas se refiren a temas de emigración, como poden ser a tramitación das axudas individuais aos galegos no exterior ou os distintos programas para visitar Galicia, tendes estas formas de contacto á vosa disposición:

  • Para consultas de información xeral

Correo electrónico: oficina.emigracion@xunta.es

Teléfono: 0034 981 547268

  • Para consultas sobre axudas a entidades galegas

Correo electrónico: emigracion.subvenciones@xunta.gal

Teléfono: 0034 981 545833

Se estabades planeando o voso retorno a Galicia ou o fixestes recentemente e necesitades axuda e orientación, esta tampouco para e o equipo especializado que vos atende presencialmente nas Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno segue operativo a través do correo electrónico para darvos as respostas que estades buscando.

  • Para consultas xerais sobre retorno

Correo electrónico: retorno.emigracion@xunta.es

Teléfono: 0034 981 957 162

  • Para consultas ás diferentes sedes da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Galicia

Santiago: oficinaretorno.emigracion.santiago@xunta.gal

A Coruña: oficinaretorno.emigracion.coruna@xunta.gal

Ourenseoficinaretorno.emigracion.ourense@xunta.gal

Vigo: oficinaretorno.emigracion.vigo@xunta.gal

Lugo: oficinaretorno.emigracion.lugo@xunta.gal

Como comentabamos as Delegacións da Xunta no exterior tamén se viron obrigadas a pechar ao público, pero vos atenden a través do correo electrónico. 

  • Para consultas á Delegación da Xunta na Arxentina

Correo electrónico: delegacion.buenosaires@xunta.es

  • Para consultas á Delegación da Xunta en Uruguay

Correo electrónico: delegacion.montevideo@xunta.es

Seguiremos informando de calquera cambio, pero lembra, a atención aos galegos no exterior segue máis que activa desde Galicia. Non estades sós!

 

Compartir