- A Xunta compra 1.000 equipos informáticos para que os estudantes de familias con menos recursos poidan seguir as clases desde casa
O terceiro trimestre, o decisivo, o definitivo, o final do curso, comeza despois das vacacións de Semana Santa. Sempre foi así, ata agora, cando as vacacións perderon todo o seu significado anterior e o último tramo do período escolar empezará como acabou o segundo, cos alumnos galegos afrontando a súa educación desde casa por culpa do coronavirus. Un Covid-19 que pola súa trascendencia sanitaria, social, económica, como pandemia mundial, fíxose un oco xa nos contidos, probablemente dixitais, que se estudiarán nas aulas.
Unhas aulas que están vivendo tamén a súa propia transformación, traspasando as paredes dos colexios e institutos ata chegar ás dos fogares, onde toca agora seguir co curso coa ensinanza online do profesorado, sexa Primaria, Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional. Ata os pequenos de Infantil reciben propostas de actividades!
E é que en Galicia construíuse una base dixital que amosa en momentos como este que está obrigando a vivir o coronavirus a necesaria e imprescindible aposta que é a aprendizaxe nun entorno virtual.
O programa Abalar foi o principio, no curso 2009/2010, un proxecto para alcanzar o centro educativo dixital. Coñeces por que se chamou así? Abalar ten a súa orixen por unha parte na palabra celta “Abal”, que significa mazá, a froita da sabiduría, e por outra no termo galego “abalar”, que se refire ao movimento e quere transmitir a mensaxe de promover o cambio e a transformación na educación.
Obxectivo que se conseguíu convertindo a Galicia nunha comunidade pioneira en educación dixital grazas a ferramentas como E-Dixgal, unha plataforma de aprendizaxe virtual á que este curso están adheridos 27.000 alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º y 2º de ESO, pero que agora se abriu a todos os centros galegos para que ata 95.000 estudantes poidan acceder aos contenidos dixitais desde as súas casas.
As editoriais proveedoras, aulaPlaneta, Edebé, Netex e Pearson, permiten así a entrada aos seus recursos aos colexios ou institutos que non estean integrados na iniciativa de aula dixital.
Esta é unha das medidas posta en marcha en Galicia para que o curso poida seguir en liña ante a incertidumbre de cando se poderá retomar de forma presencial ou de si se poderá chegar a facer. Outra ds iniciativas é que se habilitou unha plataforma de videoconferencias para que os docentes poidan interactuar cos estudantes e impartir clases en tempo real. En só uns días permitiu máis de 20.000 comunicacións nas que participaron 58.000 profes e alumnos.
Conexións a Internet gratuítas
Para garantizar que isto ocorra en todos os fogares galegos, a Xunta empezou a distribuir 1.000 portátiles con conexións a Internet gratuítas destinados a familias con menos recursos e con escolares cursando Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional. Cada centro recibirá tres ordenadores e os entregará ás familias tendo en conta a súa situación socioeconómica, que os alumnos estean nos cursos de final de etapa (4º de ESO, 2º de Bachillerato, 2º de FP) e que non teñan nin ordenador nin Internet na casa. Os equipos terán conectividade 4G gratuíta grazas á colaboración os operadores R, Vodafone e Orange.
A falta de conectividade tamén se solventará coas 928 liñas de datos que o Ministerio de Educación remitirá á comunidade para os estudiantes de Bacharelato e de FP Media e Superior.
Galicia reforza tamén a súa rede cun novo espazo no portal de Abalar, no que se recollen os principais servizos dixitais a disposición da comunidade educativa para organizar o seu traballo: Aulas Virtuais, servizo de videoconferencia Webex, app de comunicación AbalarMóbil para as familias, entre outras, e videotitoriais para explicar o uso destas ferramentas ao profesorado que o precise.
Os recursos cos que xa se contaba, como AbalarMóbil, que permite por exemplo consultar as notas, triplicou os usuarios diarios a semana pasada, e fronte aos 28.000 de promedio antes da crise, se chegaron a rexistrar nalgunha xornada máis de 86.000.
Na plataforma E-Dixgal o aumento de accesos diarios foi de entre o 90% e o 110% máis dos habituais.
E nas Aulas Virtuais dos centros triplicáronse o número de usuarios, pasando dos 18.000 de media antes da crise sanitaria, a máis de 58.000, triplicando tamén o uso da plataforma, que pasou dun millón de interaccións diarias a máis de tres millóns.