- Implantar o modelo educativo galego no resto de España podería mellorar o rendemento escolar un 30%
- O proxecto de educación dixital E-Dixgal da Xunta está presente xa en 347 centros e ten máis de 27.000 alumnos que aprenden nunha contorna virtual
Galicia saca sobresaliente en educación. E a nota la poñen os expertos. E por que Galicia é xa unha referencia en educación? A estratexia que marca a folla de roteiro para o futuro dos teus fillos é a clave e ten nome. Chámase Edudixital 2020, a estratexia galega para a educación dixital, que supón unha aposta pola integración de tecnoloxía e innovación nas aulas e foi determinante para que os alumnos galegos despunten no último informe Pisa.
As cifras falan e os expertos tamén. Edutech, o hub da innovación educativa integrado por máis de 70 entidades do ámbito educativo e tecnolóxico, asegura que implantar o modelo de Galicia no resto de España podería mellorar o rendemento escolar un 30%.
"Se o resto de España adoptara este innovador sistema de ensinanza, en liña cos máis brillantes do mundo como Finlandia ou Canadá, poderíanse mellorar non só os resultados dos alumnos, tamén a calidade e a excelencia do modelo educativo, o cal en moitos aspectos demostrou quedar atrás", afirman.
Galicia ten a taxa de abandono escolar máis baixa, un 14,3%, fronte ao 17,9% da media do país, e a razón é que os plans se centran en habilidades e capacidades de cada alumno, potenciándoas e mellorándoas.
Abalar, a orixe
Edudixital 2020 ten o seu xerme no programa Abalar, que se empezou a implantar no curso 2009/2010 como unha iniciativa para transformar o aula tradicional nun aula dixital.
Desde o 2014/2015 ofrece unha educación completamente dixital para as aulas de 5º e 6º de Primaria e de 1º y 2º de ESO grazas a outra medida, E-Dixgal, impulsada pola Consellería de Educación e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Este curso, en 347 centros de Galicia, os 27.000 alumnos de E-Dixgal aprenden nunha contorna virtual con EDI (encerado dixital), proxector, equipo no posto de docente e un netbook para o estudiante con conexión a Internet.
E de onde chegan os contidos dixitais? De editoriais como Edebé, Netex, aulaPlaneta e Pearson; do Espazo Abalar, con máis de 3.500 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas, ou o que o profesorado, en formación continua, poida crear, seleccionar ou engadir. Así se enche unha auténtica "mochila dixital".
Aprender a aprender con ferramentas tecnolóxicas que ademais contan coa participación de toda a comunidade educativa, tamén de vós os pais, a través de canles como apps e ferramentas. E aínda que na casa non teñan Internet, os estudantes poden traballar co seu netbook en modo offline.
Queres que o teu fillo forme parte da comunidad E-Dixgal?
Reforzo das competencias STEM
A innovación non só afecta ao soporte e á metodoloxía, os contidos reforzaron as competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía,Enxeñería e Matemáticas) e isto é o que se fai en Galicia en educación.
Seguro que che interesa coñecer que os teus fillos terán a posibilidade de cursar un Bacheralato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxías, o STEMbach, como xa fan 560 alumnos de 31 centros; de participar nos Clubes de Ciencias, que chegan a 119 centros; nos Espacio Maker, en 30; nun campamento científico tecnolóxico en inglés (STEMweek); na Semana STEM; ou de coñecer a Robótica xa en Primaria, con kits que chegan xa a 178 centros públicos este curso.
E como indican os resultados do informe Pisa, a isto se une o reforzo de dúas horas de Matemáticas en Primaria e unha hora en ESO desde 2014; e a implantación de materias de libre configuración autonómica como Programación, Educación financiera e xadrez en Secundaria; ou Robótica en Bacheralato.