- Galicia conta con proxectos pioneiros en España e, ademais, este curso eliminouse o límite de idade así que tamén é unha oportunidade para “reciclarte”
A Formación Profesional dual en Galicia conta xa con 73 proxectos este cuso, 73 oportunidades entre as que elexir para iniciar unha preparación que nesta modalidade ofréceche unha vantaxe engadida. Porque, coñeces a diferenza entre as FP?
A FP dual permite aos alumnos recibir unha formación teórica nas aulas, e o que é máis importante, completala en empresas adheridas á iniciativa a través dun contrato de formación o dunha bolsa.
Estudas e traballas ao mesmo tempo adquirindo experiencia e coñecendo o proceso produtivo, con alta na Seguridade Social e un salario mensual.
Os ciclos, de grao medio ou superior, poden distribuirse en dous ou tres anos e ties que realizar un mínimo de horas de formación nas empresas. Das 2.000 horas establecidas, ao menos un 33% impartiranse coa participación da compañía.
O vínculo creado desde o inicio dos estudos entre o alumno e a empresa permite unha especialización profesional e integración que derivou nun 91% de inserción laboral. Un 85,1% do alumnado que acaba a súa formación recibíu algunha oferta de traballo por parte da compañía na que realizou o ciclo. Ademais, dos titulados que conseguiron emprego desde a súa graduación, o 92,5% o fixo en menos de 6 meses.
Proxectos pioneros
Galicia conta este ano con proxectos pioneiros en España con ciclos como os da familia marítimo-pesqueira, o ciclo de redes e estacións de tratamento de augas ou a implantación dun dobre título que combina o de coidados auxiliares de enfermería e atención a persoas en situación de dependencia.
Tamén comezou un novo título de comercialización de produtos alimentarios en seis centros galegos.
A oferta da FP dual responde á demanda de persoal cualificado por parte das empresas con opcións de empezar unha profesión en sectores punteiros como as enerxías renovables, as aplicacións web ou a robótica industrial, ou máis tradicionais como a hostelería ou a construcción.
Os 1.350 alumnos que cursan actualmente a FP dual contan coa implicación de preto de 300 empresas que nos últimos anos se veñen sumando a esta modalidade. Entre estas compañías están referentes como a multinacional téxtil galega Inditex, Repsol, Navantia, Cortizo, El Corte Inglés, entre outras de diferentes sectores estratéxicos galegos e tamén pemes.
E se tes máis de 29 anos?
Ata este curso existía un límite de idade que impedía aos maiores de 29 anos optar a esta opción formativa e laboral. Pero coa eliminación desta barreira este ano preséntase unha nova vía para aqueles que necesitades reorientar o voso futuro cunha "reciclaxe" profesional ou completar os estudos para especializarvos e abrirvos camiño no tecido empresarial.
O prazo de solicitude de matrícula comeza en xuño, pero podes ir consultando o mapa das titulacións e centros e os requisitos de acceso na web sobre a FP dual da Consellería de Educación.