A demanda de técnicos de Formación Profesional no mercado laboral galego abre un plan de futuro para ti en Galicia, que tes a oportunidade de optar a unha axuda de 10.000 euros para estudar na comunidad e quedarte a traballar.
Se para o próximo curso cumpres os requisitos debes estar atento á apertura da convocatoria, podes encontrar toda a info nesta páxina da Consellería de Educación que financiou este ano 100 bolsas de retorno para estudos de FP de grao superior.
No momento de presentar a solicitude, debes ter menos de 30 anos, nacionalidade española e levar ao menos dous años vivindo no estranxeiro. Ademais, tes que acreditar que es emigrante nado en Galicia ou ter residido, con nacionalidade española, na comunidade de manera continuada durante dez anos antes de emigrar. Tamén podes concurrir á bolsa se es descendente por consanguinidade dunha persoa que cumpra estas condicións e ter nado no estranxeiro.
Ten en conta que se trata dunha bolsa que se concede en réxime competitivo e se valorarán os teus méritos e formación con ata 18 puntos. Se tes o título de bacharelato ou equivalente, recibirás 9 puntos; se posees a certificación das probas de acceso a ciclos superiores ou á Universidade para maiores de 25 anos, 5 puntos; outras titulacións, 1 punto, e a túa vinculación con Galicia otorgarache ata 3 puntos.
A bolsa distribúese en 5.000 euros por curso. O segundo pago estará condicionado a que cumpras os requisitos de promoción e rendemento académico.