• O potencial deste sector empuxa á comunidade para liderar a transición enerxética contra o cambio climático, cunha produción que evita a emisión de nove millóns de toneladas de CO2
15
Apr
2020

Sopran novos tempos para a eólica, coa forza do vento galego e un aire limpo que sitúa ás enerxías renovables como a gran aposta dunha Galicia que quere ser aínda máis verde. Adeus enerxías contaminantes, as fontes limpas e eficientes chegaron para quedarse e a comunidade estase a preparar para liderar a transición enerxética contra o cambio climático con todo o empuxe da eólica.

O impacto medioambiental non só suma para que este sector sexa clave para Galicia. Tamén o económico, con cifras tan millonarias e inmensas como as pas ao viento que xiran nos altos galegos. Pas que superan os 50 metros de longo e aeroxeradores que queren rozar o ceo coa súa altura de case 100 metros. Números xigantescos.

E o impacto tradúcese tamén en emprego estable e de calidade. Agárdase que na próxima década a construcción de parques eólicos na comunidad xerará máis de 8.000 novos postos de traballo. E aquí ímolo contar.

Porque o 2019 foi o ano do rexurdir da eólica en Galicia. Porque a comunidad convertíuse xa nunha referencia en enerxías limpas e é a terceira española co nova potencia instalada en 2019. As cifras así o demostran, coa entrada en funcionamento de 18 prantas eólicas cunha potencia de 416 megavatios. E non só polos datos do ano pasado, en total instalada só a superan Castela e León e Castela A Mancha.

A construcción destas 18 infraestructuras en 2019 supuxo un investimento de 509 millóns de euros e deu emprego a case 2.400 personas. Seis delas son da galega Norvento, capaces de suministrar electricidade a 90.000 hogares

Máis cifras interesantes. A xeración desta enerxía en 2019 permitiu cubrir o 45% da demanda eléctrica, e agárdase que este ano represente o 35% do total, superando con creces as medias estatais. O obxectivo, que en cinco anos Galicia produza enerxía cen por cen renovable. É un camiño ambicioso na loita contra o cambio climático. E é que a produción eólica evitou o ano pasado a emisión de sete millóns de toneladas de CO2.

Parque eólico en Cabo Ortegal, Galicia

E cales son as perspectivas para 2020? Durante este ano poderían empezar a operar outros seis parques, e Galicia podería chegar a preto de 4.000 megavatios de potencia en 187 prantas. 

De cara á década que acaba de comezar, as previsións apuntan a que se crearán outros 4.500 MW novos ata alcanzar os 8.000 en 2030, o que duplicará a potencia actual, e se xerarán máis de 8.000 postos de traballo novos, superando os 12.000 vencellados directamente con este sector. Son cifras de EGA Asociación Eólica de Galicia, que apunta a un investimento dos promotores de 5.000 millóns de euros.

A importancia destes números radica en lograr o mantemento dos 400 MW ao ano de nova instalación de aquí a 2030, o que repercutiría económicamente e cun grande impacto nas empresas de servizos e auxiliares galegas.

O volume de empregos que pretende xerar este sector non é un reto, pero si afronta un obstáculo maior que o orográfico, atopar os traballadores cualificados que precisa.

A formación e a especialización xogarán un importante papel nos próximos anos, pero esta industria, como outras do metal como o naval, demanda man de obra básica, electricistas, electrónicos, xestores de enerxía, operadores de EPR.

Se cres que o teu futuro pode estar neste sector, tes que saber que en proxectos educativos innovadores a comunidade é pioneira.

Galicia creou a primeira FP dual de eólicos de España

O Centro Integrado de Formación Profesional As Mercedes de Lugo conta desde o curso 2018/2019 con Enerxías Renovables, o primeiro ciclo superior especializado no mantemento de eólicos de España.

É toda unha oportunidade pola proxección de futuro que ten o sector das enerxías renovables. Podes consultar aquí toda a oferta formativa  deste centro e como se organizan este e outros ciclos innovadores.

 

Compartir