UNHA COMPAÑÍA GALEGA INVENTA UN INNOVADOR SISTEMA PARA DESINFECTAR CAIXEIROS AUTOMÁTICOS

  • O 'Disys' nace como unha carcasa que protexe o caixeiro á vez que realiza un permanente proceso de desinfección con luz ultravioleta.
  • Cando o usuario achégase para realizar algunha operación, a desinfección dá unha tregua, pero garantindo sempre a limpeza.
11
May
2020

Nunha época marcada polo medo ao futuro, as imaxes e os vídeos sucédense a través das diferentes redes sociais. Novas tecnoloxías e ideas creativas que se acumulan para combater ao Covid-19: desde detectores de temperatura a apps de seguimento pasando por barreiras protectoras. Un campo, este último, no que ha destaca nestas datas a proposta dunha empresa con base no municipio coruñés de Negreira: Tevalcor.

A compañía centrouse en algo tan simple, tan útil e tan diario como o acceso aos caixeiros automáticos. Quen non acode –ou acudía- con frecuencia a sacar diñeiro, revisar un recibo ou consultar o estado dunha conta?

Para poder seguir usando os caixeiros, esta corporación tecnolóxica ha desenvolvido un sistema que bautizou como Disys: unha carcasa que protexe o caixeiro á vez que realiza un permanente proceso de desinfección con luz ultravioleta. Cando o usuario achégase para realizar algunha operación, a desinfección dá unha tregua, pero garantindo a limpeza do caixeiro.  

Unha vez utilizado, en apenas 30 segundos este volverá quedar completamente desinfectado e higienizado. Despois, ao aproximarse un novo cliente, o biombo abrirase tamén automaticamente grazas a un sensor, eliminando así o risco de contaxio. 

A radiación ultravioleta empregada é de tipo C, utilizada xa para a desinfección de determinadas zonas en centros hospitalarios e cunha efectividade do 99 % en función do contacto da luz ultravioleta sobre a superficie. O único risco é que a radiación, ao ser tan potente, podería causar taños na pel. Por este motivo, o feixe de luz apágase mentres o usuario fai uso do caixeiro.

 

50.000 caixeiros en España

A compañía, que obtivo diferentes recoñecementos internacionais en innovación tecnolóxica, ten capacidade para fabricar até un centenar deste tipo de carcasas nos seus talleres de Negreira.

Esta podería ser unha óptima solución para garantir a seguridade dos usuarios dos ao redor de 50.000 caixeiros automáticos que suman, distribuídos por toda España, as compañías bancarias.

O SISTEMA PODERÍA EMPREGARSE TAMÉN NA DESINFECCIÓN DOUTROS APARELLOS

Neste sentido, desde Tevalcor apuntan que algunhas entidades financeiras xa mostraron interese pola nova solución tecnolóxica. Así mesmo, os representantes do goberno galego realizarán en próximas datas unha visita ás instalacións para coñecer, en primeira persoa, o funcionamento de Disys.

Cabe destacar, que este sistema podería adaptarse tamén á higienización e desinfección doutros aparellos de uso colectivo, como os expendedores automáticos de billetes para transporte público.

VEN A GALICIA. ¡O SECTOR TIC NECESÍTATE!
Compartir

Webinars: innovación e novas tecnoloxías galegas para combater ao coronavirus

  • A industria galega non para, e a pesar da pandemia multiplícanse as iniciativas de formación online para saír máis fortes da actual crise sanitaria e económica. Aquí contámosche algunhas das iniciativas en marcha.
06
May
2020

Soa tan ben como adóitano facer a inmensa maioría das construcións inglesas. Tanto, mesmo, que o termo xa se asentou entre nós, ocupando un rinconcito do imaxinario colectivo: webinar. De web + (sem)inar. Un seminario na rede, si queremos aparentar ser máis castizos. Pero o certo é que este tipo de cursos impartidos en tempo real son a mellor ferramenta posible para formarse en tempos do Covid-19.  

Unha rápida viaxe por Internet basta para comprobar que os webinars sucédense entre empresas, organizacións e centros de formación. E Galicia non é allea a esta realidade. Máis ben ao contrario. O seu tecido empresarial sitúase entre os máis activos, multiplicando seminarios e cursos online que permitan aos seus traballadores aproveitar o peche derivado da pandemia para saír fortalecidos.   

E que tipo de contidos? Os que se consideran necesarios de face á economía que virá despois do coronavirus. A da tan manida ‘nova normalidade’. Nas seguintes liñas deixámosvos un pequeno resumo dalgunhas das iniciativas que se puxeron en marcha na comunidade durante as últimas semanas.  

Alimentación   

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) pon en marcha o ciclo de webinars  4.0 sobre tecnoloxía, sistemas dixitais e casos de éxito de implantación de solucións industria 4.0 para o sector alimentario, con periodicidade semanal. 

A primeira sesión online deste ciclo de webinars celébrase hoxe, e organizouse en colaboración con Syspro  Automation, empresa socia de Clusaga, baixo o título “Soluciones avanzadas de automatización fronte á COVID-19”. 

Nela achegarase información sobre os sistemas tecnolóxicos de control e conexión remota aos equipos de planta de maneira que se reduza a necesidade de persoal nas liñas produtivas. Este tipo de sistemas son unha solución óptima para evitar riscos na situación pandémica actual, pero non exclusivamente xa que a conectividad remota das liñas de produción é un dos pillar funcionais da industria 4.0. 

Luís Santiago Álvarez, director comercial de Syspro Automation será o encargado de impartir este webinar  no que explicará como evolucionar dunha planta escasamente automatizada a unha planta con alta automatización e dixitalización con conectividad remota. 

O custo do webinar para empresas non socias de Clusaga é de 10 euros 

Deporte 

Con motivo da situación de confinamento, e para seguir formando aos seus profesionais, a Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) desenvolverá catro webinars ao longo do mes de maio, de participación gratuíta e que se celebrarán os xoves ás 20:00 horas 

O primero terá lugar mañá e ten aberto o formulario de inscripción. Impartirao José Luís Gómez Calvo, experto en seguridade de recintos e eventos deportivos, que na súa intervención responderá á pregunta "Como identificar si unha instalación deportiva reúne as condicións mínimas de seguridade?”. 

As obrigacións dunha asociación ou club deportivo en canto á protección de datos; as utilidades dunha plataforma dixital integral na xestión dunha entidade deportiva; e os escenarios futuros que se presentan nos centros deportivos completan o programa.   

Compartir

MÁIS AXUDAS E MÁIS ÁXILES PARA Os GALEGOS DO EXTERIOR!

  • Galicia incrementa os apoios á diáspora para dotala de maior respaldo económico ante a crise do coronavirus
  • O programa de apoio para gastos de funcionamento ás entidades galegas no exterior increméntase nun 50% para paliar o peche obrigado de sedes e a diminución de ingresos
05
May
2020
Hermandad Gallega de Caracas.

O que empezou hai uns meses nun remoto mercado de Wuhan, terminou por converterse nunha crise global que non atende a países nin a fronteiras. O coronavirus, que a comezos de ano resultaba aínda algo moi ‘oriental’ é hoxe unha realidade en todo o mundo, que afecta os galegos de aquí, pero tamén aos de alí. A esa diáspora diseminada en máis dun centenar de países que atende coa mesma incerteza ao devir dos acontecementos 

Si es un deses miles de galegos do exterior, estás de parabén. A Xunta de Galicia incrementou algunhas das partidas xa previstas e axilizou outras, co obxectivo de dotar dun maior respaldo económico aos galegos do exterior ante esta crise do coronavirus.  

Sociedade Recreio dos Anciãos (Río de Xaneiro)

Así, e á vez que se autorizou a continuidade das axudas para financiar os gastos de funcionamento dos centros galegos no exterior, incrementouse o seu orzamento nun 50% 

Este aumento pretende colaborar coas entidades dedicadas á difusión da cultura e tradición galegas situadas fóra da comunidade. A meta é paliar a falta de ingresos que están a experimentar a causa do peche das súas sedes e a suspensión das súas actividades presenciais, así como a suspensión das cotas dos socios en moitos dos casos. 

Así mesmo, a administración galega ha decidido tamén seguir tramitando as Axudas Económicas Individuais para axilizar a súa resolución e dotar de recursos aos galegos que residen no exterior e atópanse en situación de necesidade. O obxectivo desta medida é reducir o impacto que a pandemia do coronavirus ameaza con deixar nun sector da poboación galega que se configura como un dos máis vulnerables. 

¡SOLICITA AQUÍ A TÚA AXUDA!

Compartir

Galicia, Patrimonio da Humanidade

  • A Ribeira Sacra é finalista para optar en 2021 ao recoñecemento da Unesco, que xa teñen na comunidade o Centro histórico compostelán, o Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules
01
May
2020
Paisaxe da Ribeira Sacra
Viñedos na Ribeira Sacra

É algo único que só podes contemplar en Galicia. Unha paisaxe inmensa de escarpadas ladeiras sembradas de viñedos, dous ríos, o Miño e o Sil, e séculos de historia nas pedras dos seus mosteiros. É Galicia, é a Ribeira Sacra, un patrimonio de todos os galegos e cada vez máis cerca de ser Patrimonio da Humanidade en 2021. Unha distinción da Unesco que xa ostentan catro bens galegos. O casco histórico de Compostela, en 1985, abríu a lista, seguido do Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules coruñesa, a última en conseguilo, en 2009. 

O próximo ano, coincidindo coa celebración do Xacobeo, podería sumarse a Ribeira Sacra, oficialmente finalista e candidata galega e española, segundo acaba de comunicar a Unesco. 

A candidatura competirá con outras 22 do resto do mundo, pero para Galicia ten todas as de gañar. Porque quen coñeza a Ribeira Sacra, quen recorreu en catamarán o cañón do Sil e mirado cara arriba e pensado no traballo dos heroicos viticultores cultivando as vides nesas terrazas, desafiando a gravidade; quen contemplou desde o claustro as pedras do mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil; quen se imaxinou alí a romanos, monxes benedictinos, protagonistas de 1.500 anos de historia; xa sabe que é un lugar único. 

Unha zona da Galicia interior, de Lugo e Ourense, cun valor universal excepcional e testemuña da cristianización do occidente de Europa. Sabías que alí se desenvolveu un movemento de eremitas e anacoretas que ocuparon os vales do Sil e do Miño? A implantación monacal deu lugar a conxuntos arquitectónicos de extraordinaria singularidade que non se deben deixar de visitar. Empeza por descubrir a Ribeira Sacra aquí e aquí.

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil, Ribeira Sacra, Galicia

Queres saber máis?

O casco histórico de Santiago de Compostela inaugurou a lista de bens galegos Patrimonio Mundial da Unesco. Fíxoo en 1985, un conxunto de igrexas, conventos, prazas, de pedras centenarias, liderado por unha Catedral de Santiago con 800 anos de historia, un conxunto arquitectónico cunha beleza que nin a Unesco nin ninguén podería ignorar. Aínda que chova. Porque, percorreches algunha vez as súas rúas? Coñeces San Martín Pinario, Praterías, A Quintana?

Unhas rúas ás que chega un Camiño, o de Santiago, recoñecido en 1993 como un rooteiro tradicional de peregrinación e ao que se uniu en 2015 a inclusión como Patrimonio dos Camiños do Norte.

É outro dos protagonistas do próximo ano, porque o Camiño traerá a Santiago a medio millón de peregrinos, unha oportunidade histórica, o Año Santo, que nestes tempos se fai imprescindible para por en valor o patrimonio e a cultura de Galicia a nivel internacional.

Camiño de Santiago, Galicia
Catedral de Santiago, Galicia

E como peregrinos, se seguimos o Camiño Primitivo, un dos recoñecidos en 2015, e a case 100 quilómetros da praza do Obradoiro, atópase a Muralla romana de Lugo, a única do mundo que se conserva enteira e que lle valeu ser Patrimonio da Humanidade no ano 2000. Con máis de 2 quilómetros e 10 portas, din que podes sentir o poder de Roma e dos seus 17 séculos de historia se camiñas polo alto da muralla, un poder que elevan as súas 71 torres (85 en orixe). A lenda conta que os romanos a construíron para protexer non a cidade de Lugo, senón un bosque, o “Bosque Sagrado de Augusto”, en latín “Lucus Augusti”, un misterio o do bosque que deu nome a unha cidade.

Romano tamén é, do século II d.C. e tamén desafía ao paso do tempo o faro símbolo da Coruña.

A Torre de Hércules, declarada Patrimonio Mundial da Unesco en 2009, é o faro máis antigo en funcionamento do mundo.

Ao longo dos séculos a Torre foi castelo defensivo, fortaleza, canteira, foi abandoada, reconstruída, foi e é unha testemuña da humanidade, á que guiou e guía coa súa luz. Agora lle toca iluminar o camiño da Unesco ata a Ribeira Sacra.

Muralla de Lugo
Torre de Hércules de A Coruña
Compartir

Máis de 10.000 galegos en todo o mundo seguen a clase inaugural de “Aula GaliciaAberta”

  • A sesión de canto e pandeireta do novo programa de Emigración superou as 2.000 interaccións e xerou preto dun milleiro de comentarios. 
29
Apr
2020
Leni Pérez, maestra de canto y pandereta de "Aula GaliciaAberta"

As notas non empezaran a soar e miles de persoas xa agardaban expectantes que a conta atrás os trasladara á primeira clase de “Aula GaliciaAberta”, a un esperado contacto con Galicia. A pandeireta e a voz de Leni Pérez reuniron a 10.000 galegos de todo o mundo no seu estreno no novo programa gratuito que puxo en marcha a Secretaría Xeral da Emigración para que non pare a formación e a difusión das tradicións de Galicia. O coronavirus obrigou a pechar os centros galegos na diáspora, encargados de preservar e divulgar a cultura propias da comunidade, e suspendeu as súas actividades. E Galicia lles devolve ese gran traballo

Porque as actividades viaxan agora vía Facebook Live a todos os puntos do mapa mundial onde hai un galego.

A clase en liña de percusión de man e canto foi seguida por máis de 10.000 persoas, tanto durante a súa retransmisión en directo, como posteriormente na rede social da Secretaría, Galicia Aberta. Ademais, superou as 2.000 interaccións, xerou preto dun millar de comentarios e foi compartida por máis de 125 persoas. Un total de 45.000 minutos reproducidos, 42.000 en directo.

As cifras reflicten o éxito desta iniciativa coa que a Secretaría Xeral da Emigración quere agradecer a labor que realizan as Casas de Galicia, centros culturais e asociacións no estranxeiro. Chegar virtualmente a 17.000 persoas que se conectaron desde a propia comunidade, e en número destacado desde Argentina, desde a cidade e a provincia de Bos Aires, desde Santa Fe, Mar del Plata... Asimismo, Uruguai e Brasil rexistraron un elevado número de asistentes. En España, os galegos de Madrid e Cataluña participaron activamente na clase. 

Programación

Os seminarios, que podes seguir durante os dous próximos meses, celébranse de luns a xoves de 20.00 a 22.00 horas. A primeira hora está adicada á clase formativa e a segunda para resolver dúbidas. Os luns toca percusión de man e canto, con Leni Pérez; os martes, percusión con Alexandre Fernández Castro; os mércores, gaita con Jhonathan Ferreira; e os xoves é o turno de José Antonio Viñas e o baile galego.

Ten en conta que se non tes a posibilidade de asistir en directo aos cursos, os vídeos quedarán colgados na web de Galicia Aberta, polo que poderás velos cando e as veces que o necesites. E é que hai que practicar! 

Que non te desanime que no teñas coñecementos previos nestas materias, non só están dirixidos aos galegos que asistiades a estes cursos nas preto de 200 entidades no exterior, tamén aos que queirades empezar de cero. Para axudarvos, ademais, os profesores facilitaranvos material para preparar as clases desde unha semana antes, se así o consideran. 

Lembra que os seminarios prolongaranse durante dez semanas e estarán integrados por unha ducia de sesións, podes consultar aquí a programación. As clases seguirán un fío conductor, pero poderán ser atendidas de xeito independente para darte máis liberdade.

Anímate a participar e conéctate con Galicia! "Aula GaliciaAberta" te espera!

Compartir

Docuten, unha tecnolóxica galega pioneira na dixitalización de documentos

  • A startup coruñesa colabora contra o coronavirus ofrecendo de forma gratuíta as súas solucións de firma e facturación electrónica a centros sanitarios e residencias de maiores
  • A empresa, con máis dunha vintena de profesionais, prevé este ano aumentar o persoal en polo menos un 60% máis
30
Apr
2020
O equipo coruñés de Docuten. Foto: Docuten

 

Hai xa máis dunha década, a tecnolóxica coruñesa Docuten atopaba un nicho de mercado que lle deu un merecido posto na lista das empresas galegas máis punteiras. Entón se chamaba Enxendra, un proxecto de dous emprendedores, Brais Méndez e Ángel Aparicio, que naceu centrado na factura electrónica. Dez anos despois, os seus productos innovadores axudan ás compañías a dixitalizar os seus procesos administrativos, desde a facturación e a firma ata os contratos e os pagos.

Axudan ás compañías que confían nos seus servicios, e agora, gratuitamente, a aquelas relacionadas co coidado de maiores, centros sanitarios e outras organizacións que están colaborando en loitar contra o coronavirus. Porque en tempos de Covid-19 hai empresas que tamén despuntan en solidaridade.

E que pode facer esta startup? As súas ferramentas dixitais facilitan procedementos como a firma de contratos mercantís, a emisión e recepción de facturas con clientes e proveedores ou a emisión de documentos a empregados, como acordos de teletraballo. 

A tecnoloxía de Docuten permite que estes procesos se poidan levar a cabo dixitalmente e que hospitaies ou residencias de maiores, por exemplo, poidan seguir coa súa actividade de forma fácil e legal e evitando desprazamentos para facer estes trámites, colaborando así en evitar a propagación do virus.

Docuten é en Galicia unha marca de tecnoloxía ey talento. Pero tamén fóra da comunidade.

Xigantes galegos e internacionais como Estrella Galicia, Bimba y Lola, Desigual, Grupo Planeta, Cabify e Louis Vuitton, entre outros, utilizan os seus servicios.

Unha proxección que lles levou a uns plans de futuro máis ambiciosos que levarán o nome de Galicia polo mundo. 

 

Os fundadores de Docuten, Brais Méndez e Ángel Aparicio. Foto: Docuten.

Un paso clave nesta expansión internacional foi abrirse á entrada de inversores por primeira vez. E non de calquera maneira, senón ao grande, pechando unha rolda de financiamento de 1,5 millóns de euros. Era o momento e convenceron. GoHub Ventures invertíu 500.000 euros, a mesma cantidade que os Fondos Neocapital e Ultramar, a través da xestora Torsa Capital. A este millón de euros se lle suman 500.000 máis procedentes de varias entidades bancarias. 

A chegada desta inversión permitirá ampliar o equipo, formado actualmente por unhas 25 persoas repartidas nas sedes da Coruña, Madrid e Londres. Unh plantilla de talento TIC que prevén aumentar este ano en ao menos un 60% máis. O capital tamén significa ter a capacidade de empezar a ter negocio no Reino Unido e fóra de España.

E do capital humano ao económico. E dunha facturación dun millón de euros ao ano a intentar doblar esa cifra nun ano. Un obxectivo ao grande.

E é que o camiño á internacionalización comezou no Reino Unido. En 2019 lograron o apoio do Goberno británico a través do programa de aceleración Global Entrepeneur Programme e estableceron a súa filial en Londres.

Ademais, Docuten participa activamente en EURINV, un programa cofinanciado pola Comisión Europea que ten como meta principal axudar a cumplir coa Normativa Europea de Facturación Electrónica. Outra conquista internacional, xa que é l única empresa española que participa neste proxecto. En resumo, talento e tecnoloxía galegas en expansión, desde A Coruña para o mundo.

Compartir

A Galicia de Manoliño Nguema

  • A vida de Marcelo Ndong transcorre cunha asombrosa naturalidade entre Guinea Ecuatorial e Galicia; entre Malabo e Ourense; ata o punto de mutar, sen darse conta, en Manoliño Nguema.
  • Unha existencia apaixonante que Antonio Grunfeld soubo rescatar e levar á gran pantalla a través dun magnífico documental, merecedor do Mestre Mateo, que viu a luz baixo ese mesmo nome: Manoliño Nguema.
27
Apr
2020
Manoliño Nguema, Russo e Gorsy Edú nunha das escenas do documental.

"O que me fixo saber que as cousas cambiaran foi o frío. As rúas conxeladas, o son do mar. Lembro o cheiro das castañas. O único que me queda diso é esa enorme... morriña". Que é a morriña?, interrompe a súa lectura Russo. En fronte, Marcelo Ndong, ou Manoliño Nguema, que máis dá, dúbida atrapado pola nostalxia de quen se sabe guineano e galego ao mesmo tempo. Tan galego, fixar, que rexeita esa mesma nostalxia para definir á morriña: "Nostalxia non di nada, a morriña débese cantar; non se pode explicar". E soa de fondo Cunqueiro -Non miño novo do vento hai unha pomba dourada. Quén poidera namorala!-. E xa todo cobra sentido, porque Guinea Ecuatorial, a fin de contas, non é tan distinta de Galicia.

Sábeo ben Marcelo, unha vida entre dous mundos que se unen por un fío condutor. O do seu propio eu, capaz de devorar calquera pantalla. Ou polo menos iso pensou Antonio Grunfeld, Alcoy (1983), que por esas cousas do destino atopábase en Malabo fai non moito. Con el, Rocío Cadahía, a súa parella, que é galega. Algo importante no relato, xa verán.

"Puxérame en contacto cuns mozos dunha asociación de cinema para facer unhas fotografías", relata Antonio, que lembra o día e a anécdota coa seguridade de quen se topa de bruzos son a súa historia.  

"NOSTALXIA NON DI NADA, A MORRIÑA DÉBESE CANTAR; NON SE PODE EXPLICAR". E SOA DE FONDO CUNQUEIRO -NO MIÑO NOVO DO VENTO HAI UNHA POMBA DOURADA. QUÉN POIDERA NAMORALA!-. E XA TODO COBRA SENTIDO.

"Recolléronme nunha C15 completamente destartalada e fomos buscar ao protagonista", prosegue. Marcelo preséntase. Antonio fai o propio. E engade, polo motivo que sexa, probablemente pola cortesía que require calquera primeira conversación entre dous descoñecidos: "A miña moza é galega". Resposta: "Como eu". "Como que como ti?". Vencida a incredulidade pola enorme sinxeleza do personaxe, a viaxe conclúe cos protagonistas cantando a dúo: Que din os rumorosos / na costa verdecente. Outra vez Galicia e Guinea Ecuatorial estrujadas polo mesmo fío condutor. O de Marcelo. 

A historia 

"Nada máis chegar a casa díxenlle a Rocío que ese home tiña unha historia", conta emocionado Antonio. E vaia se a tiña. Por onde comezar? Tal vez resulte máis fácil seguir o relato cronolóxico. Unha elección que nos conduce a 1968; un ano que "ten moitas cousas". "Guinea gaña a independencia, Macías gaña as eleccións e a min concédelleme unha bolsa para ir estudar a España, en concreto ao Circo dos Muchachos en Ourense", describe Marcelo xa no documental.  

Os tres protagonistas nun momento da obra de teatro.
Marcelo diante da tumba do padre Silva.

A cinta flúe coa suavidade do propio personaxe, e navega a través dunha obra de teatro que comprende as tres etapas da súa vida: a do mozo bolseiro que descobre un mundo sorprendente; a do home que regresa ao seu país; a do actual, capaz de pechar un círculo perfecto.

Unha obra dentro doutra obra, premiadas ambas as grazas á xenialidade do protagonista e á visión do narrador. Porque o documental Manoliño Nguema acaba de gañar, sen ir máis lonxe, un Mestre Mateo. Pero é que o guion construído por Rocío a través desa obra de teatro foi capaz de saltar da ficción á realidade, facéndose un oco en carne e óso. "Obtiveron o premio do público na Miteu de Ourense; representárona en Madrid varias veces, en Carballo...", destaca Antonio entusiasmado. 

A VIAXE CONCLÚE COS PROTAGONISTAS CANTANDO A DÚO: QUE DIN OS RUMOROSOS / NA COSTA VERDECENTE. OUTRA VEZ GALICIA E GUINEA ECUATORIAL ESTRUXADAS POLO MESMO FÍO CONDUTOR. O DE MARCELO.

Para construír ambas as ficcións, foi necesario un mes en Guinea Ecuatorial -"é un país complicadísimo, e ademais collémolo paralizado por unha folga de taxis"-, e tres semanas en Galicia, co obxectivo de "pechar a viaxe vital".

"Non sabiamos abrigarnos", narra Marcelo lembrando aquela Galicia que descubriu en marzo do 69. Unha Galicia, igual que hoxe, chuviosa, húmida, con escarcha: "Tiñas a sensación de vivir dentro dunha neveira". E unha Galicia que se abría ao mundo con sorpresa: "Eramos os primeiros negros (...). A xente subía para vernos. Tedes unha cara tan difícil! (risas)". 

A Cidade dos Muchachos 

Pero alí, en Ourense, todo cambiaría para sempre. Co Pai Silva e o seu 'Cidade dos Muchachos'. Un proxecto pioneiro -"entón a única escola de circo estaba en Rusia"- que levou a Marcelo polo mundo antes de traelo de volta até Santiago. "A xente dos pobos o domingo viña verme". Tal era a atracción do propio personaxe.  

O equipo durante a rodaxe.
Antonio e o seu equipo co Mestre Mateo. Foto: @academiagalegaa

E alí coñeceu a Amparo, galega e loura; case como el, imos. Pero o amor, como é sabido, non fai distingos. "Converteuse na miña vida". Ata o punto de que tiveron dous fillos e ela non dubidou á hora de volver con el a casa: "É moi difícil atopar xente que che acompañe até o fin de mundo". Esa era Amparo.

Pero a Guinea de 1990 nada tiña que ver coa de outrora. "Non había nin rúas". E tampouco ningún apoio institucional para alguén que traía consigo una "branca" e un "coche". "Eramos inimigos do pobo". E claro, nesa situación Amparo e os nenos vanse por unha banda, Marcelo polo outro. "Había cousas que facer aquí", afirma entre convencido e devastado.  

O certo é que algo de razón tiña, porque alí, en Malabo, Marcelo vaise a converter en Manoliño Nguema para os seus, e no pai do teatro moderno no país. Unha escola na que se formaron miles de alumnos guineanos, entre eles noso Russo -o que preguntaba polo significado de morriña-, ou Gorsy Edú, o outro protagonista do documental, o do Marcelo home que regresa ao seu país.  

O documental

Xuntos, tres xeracións distintas que Antonio soubo levar á pantalla. "O primeiro foi falar con Marcelo e sonsacarle. Custounos que nos contase que estivera con García Márquez, con Picasso, con Dalí, con Chaplin...". Pedacitos soltos dunha vida xigantesca que, imaxínense, non chegan a saír no documental. "É moi humilde", resume Antonio. 

Marcelo Ndong na portada do documental.
Manoliño Nguema noutra das esceas do documental.

De feito, custou convencelo. "Marcelo tiña as súas reticencias, e só aceptou cando lle explicamos que a obra buscaba recoñecer ás seguintes xeracións". Entón, si, o proxecto de Manoliño Nguema empezou a cobrar vida. De modo moi altruísta, pero vida a final de contas.

Porque isto tampouco ía ser fácil. "Conseguimos unha pequena subvención de Agadic (Axencia Galega dás Industrias Culturais) e con iso pagamos a viaxe e as condicións da estancia en Guinea Ecuatorial. Ninguén cobraba, pero polo menos podiamos estar cómodos e traballar a gusto", lembra Antonio, que desde o presente engade valor engadido ao xa feito: "Queremos volver abrir as bolsas, cunha dobre vía que poña en relación a técnica e o adestramento de Galicia, por unha banda, coas etnias e os instrumentos de Guinea, polo outro".

"O PRIMEIRO FOI FALAR CON MARCELO E SONSACARLLE. CUSTOUNOS QUE NOS CONTASE QUE ESTIVERA CON GARCÍA MÁRQUEZ, CON PICASSO, CON DALÍ, CON CHAPLIN...". PEDACITOS SOLTOS DUNHA VIDA XIGANTESCA.

Para iso contan co mellor embaixador posible, Russo, que segue en Galicia na Escola de Teatro da Miteu, en Ourense. "El está sen bolsa. Xa traelo foi complicadísimo. Os trámites empezaron en setembro e concluíron en febreiro", describe Antonio, que non dubida na vontade de calquera retornado de "volver traer ao seu país todo o aprendido". "Se lle dás unha oportunidade, devólvena como motor de desenvolvemento", engade.  

Sábeo ben Marcelo Ndong, que un día partiu cara ao descoñecido e descubriu unha terra que o fixo seu para sempre. A Galicia de Manoliño Nguema. Non lla perdan. Un relato cargado de esperanza para o que só necesitan hora e media.  

Compartir

O Día do Libro se reinventa nunha festa virtual para fomentar a lectura

  • A cultura segue activa nos tempos do coronavirus e bibliotecas, autores e editoriais organizan actividades a través das redes sociais para manter viva a data
23
Apr
2020
"Balcóns de lectura". Foto: Biblioteca Pública de Lugo

Será un día atípico tal e como estamos acostumados a vivir o Día do Libro. Unha data simbólica para celebrar e impulsar a cultura, a lectura e recoñecer a labor de todos os que nos permiten mergullarnos en historias alleas ou viaxar a través de páxinas, ou dispositivos electrónicos. Pero este ano no haberá eventos nas librerías nin nas bibliotecas, nin feiras, nin sinatuiras dos autores. En 2020 o Día do Libro reinvéntase e traslada a Internet unha festa virtual que ofrece en Galicia un longo índice de actividades e propostas. Hoxe non importa en que lugar esteas, todas están ao teu alcance. Queres coñecelas? Ti como celebras a lectura?

As bibliotecas públicas da Xunta lanzáronse ás redes para seguir en contacto cos lectores e usuarios organizando iniciativas como “Balcóns de Lectura” na de Lugo.

Un rooteiro dixital por librerías, escritores e mediadores culturais que desde os seus balcóns deixan as súas suxerencias e os seus textos para logo publicalas en Internet e que poidamos disfrutalas. Recomendacións que tamén impulsa a Biblioteca Pública de Ourense a través de distintas accións en redes.

Na Coruña, a González Garcés puxo en marcha o concurso “Encriptados”, no que os participantes deixan unhamensaxe no seu Facebook co título do libro que están lendo durante o confinamento descrito en emoticonos. A partir de hoxe poderá verse o resultado e haberá que adiviñar a que libros corresponden!

A rede de bibliotecas municipais coruñesas tamén lanzou a campaña “Mollámonos polo libro” a través das súas canles virtuais e  presentarase a iniciativa “Lemos para ti”, un conxunto de narracións orais que os bibliotecarios difundirán en Spotify e na radio.

A censura literaria ao longo dos séculos é o eixo da exposición virtual que impulsa a de Pontevedra. “Libros prohibidos” que poderás coñecer ata o 15 de maio na súa páxina web. 

E se o que queres é viaxar sen saír da casa, a biblioteca pública de Vigo Juan Compañel invita ao seus usuarios a encher nas súas redes sociais unha guía de viaxe y unha guía de lectura cos seus lugares e libros destacados. Este particular mapa poderá percorrerse hoxe, como tamén a exposición virtual “Libros e cidades: rúas, relatos, camiños converxentes”. Nela se repasan obras significativas da literatura galega e internacional, destacando fragmentos que describen os lugares nos que transcorren.

E ti, como les, en papel?
ou en formato electrónico?

Pola súa banda, a biblioteca de Santiago Ánxel Casal puxo en marcha o relato colectivo "Conto a moitas mans", unha historia colaborativa a través neste caso de Twitter

Desde a Cidade da Cultura, a Biblioteca de Galicia destacará algúns títulos con exemplares únicos que se atopan na rede de bibliotecas galegas.

Ademas, a Librería Institucional da Xunta propón que visites distintas obras, desde infantís e xuvenís a históricas e epistolares.

Lembra que a plataforma Galicia Le facilitou o acceso a todos os públicos e só tes que rexistrarte online para dispor de máis de 4.500 títulos.

Os museos tamén participan da celebración do Día do Libro. Os que forman parte da rede da Xunta realizan todos os anos un “bookcrossing”, un proxecto conxunto con bibliotecas de museos e centros de arte de toda España que nesta ocasión tivo un grande espacio nas redes. Cada centro participante compartirá en liña un libro da súa colección ou catálogo para consultar ou descargar. A Biblioteca Artium de Victoria será a encargada de elaborar un vídeo e difundilo.

Biblioteca Pública de Galicia. Cidade da Cultura

Outra das propostas que o Día do Libro ofrece en Galicia é a lectura a través das redes. A editorial galega Hércules de Ediciones o fai a través dos seus perfiles en Facebook e Instagram. A partir das 13.30 horas abren as súas obras e as súas pantallas José María Paz Gago, Isabel Villanueva e Estefanía Padullés, entre outros.

Os autores galegos e as editoriais vólcanse nas redes para conectar contigo

A campaña #envozpropia de Xerais permite que escoitemos da voz dos propios escritores fragmentos das súasobras. Se queres coñecer aos autores galegos contemporáneos non deixes pasar esta oportunidade: Manuel Rivas; Pedro Feijoo; Rosa Aneiros; Ledicia Costas; María Xosé QueizánMaría Reimóndez; María Solar; Antonio García Teijeiro; Marcos Calveiro; Diego Ameixeiras e Yolanda Zúñiga son algúns deles. Segue en redes sociais as etiquetas #envozpropia; #librosxerais; #literaturagalega; #quedanacasa.

A nivel nacional, o grupo Penguim Random House programa unha festa en directo entre as 9.30 e as 22.00 horas no seu Instagram @Megustaleer na que participarán autores galegos como Manuel Rivas, Andrés Suárez, Arantza Portabales e Manuel Jabois.

Como ves, tes mil e unha propostas para rendir homenaxe á lectura. Unha viaxe pola literatura e por Galicia sen saír da casa. Celebra hoxe a data, pero le todos os días!

Compartir

Os emigrantes retornados podedes pedir as axudas extraordinarias para afrontar a crise do coronavirus

  • A Secretaría Xeral da Emigración destina case dous millóns de euros ás subvencións, que se poden tramitar de modo telemático ata o 31 de agosto
24
Apr
2020

A crise do coronavirus está tendo consecuencias económicas en miles de familias galegas, entre as que pode que vos encontredes vós, os emigrantes retornados, os que acabades de volver á vosa terra. Lembrade que se necesitades unha axuda para facer fronte aos gastos que conleva o retorno, tendes á vosa disposición as Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado, un programa da Secretaría Xeral da Emigración no que hoxe máis que nunca vos podedes apoiar para afrontar esta etapa.

Se volviches a Galicia desde o estranxeiro nos últimos dous anos, es galego ou o teu cónxugue o é, ou es fillo de galego nado na comunidade infórmate aquí dos trámites que debes realizar. As subvencións manteñen o seu prazo aberto ata o 31 de agosto e as podes pedir na sede electrónica da Xunta

Tes que saber que as xudas prestan unha especial atención ás familias. O programa ten unha dotación económica de 1,9 millóns de euros, frente aos 1,75 do ano anterior, un aumento que responde á necesidade de ayudarvos ás familias que volvestes con fillos  menores de idade.

Esta ampliación do orzamento permite dar unha axuda de 1.000 euros por fillo menor de idade, ata o segundo, e de 1.500 euros para o terceiro e sucesivos.

Ademais, se fixaches a túa residencia nun concello rural, o apoio por fillo increméntase nun 25%.

Facilitar o retorno dos emigrantes e os seus descendentes é o obxectivo de Galicia e así llo trasladou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, ao presidente da Federación Venezolana de Galicia (Fevega), Manuel Fernández Vidal, nun encontro telemático no que analizaron como está vivindo este colectivo as consecuencias da crise.

Se retornaches de Venezuela ou te gustaría facelo, Fevega ten abertas desde hai tres anos varias oficinas que ofrecen información e asesoramento gratuito e personalizado a todos os emigrantes retornados que o pidan. 

Podes atopar as súas sedes nas cidades da Coruña, Vigo, Ourense e Lugo, ás que se suma outra itinerante que acostuma a percorrer os principais concellos galegos. Fevega, grazas a un convenio con Emigración, complementa así a labor que se realiza desde a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retornado da Secretaría Xeral.

Lermbra que aínda que a actividade presencial está suspendida, tes á túa disposición ao persoal especializado a través do teléfono e do correo electrónico. Atoparás todos os datos que precisas na seguinte ligazón.

Compartir

BOX Purefy, un contedor que desinfecta e reduce a transmisión do coronavirus

  • A empresa galega MyBOX Experience fabrica en Ourense o primeiro túnel de desinfección portátil, que ademais mide a temperatura corporal e permite a comunicación con centros sanitarios
28
Apr
2020
Túnel de desinfección. Foto: MyBOXExperience
Recreación do box na entrada dun hospital. Foto: MyBOXExperience

Galicia ten un novo mapa, que agora está sinalado con puntos de solidariedade, talento, investigación, tecnoloxías innovadoras de empresas que reinventan a súa producción para estar ao servizo do benestar dos demais. Un destes puntos está no polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense, desde onde MyBOX Experience plantexa espazos a partir de containers marítimos. Desde 2014, reutiliza, redeseña e da vida e forma ás ideas que se lle piden, desde stands comerciais a piscinas e vivendas vacacionais. Coa chegada do coronavirus, descartaron parar e decidiron buscar un proxecto que puidera axudar na protección das persoas.

Así nace BOX Purefy, un contenedor que desinfecta exteriormente en seis segundos e toma a temperatura ás personas para evitar a propagación do Covid-19.

Ao ser portátil e de fácil instalación, está concebido para situalo por exemplo, á entrada de hospitais, estacións de transporte, universidades, ou centros, de traballo ou de ocio, con gran tránsito.

E como funciona? O túnel ten un pasillo de entrada e outro de saída, ideado de modo bidireccional para o paso de varias persoas. Conta con dispensadores de hidroxel, control de temperatura corporal con infrarroxos e cámaras térmicas, e zona de alfombra húmida para desinfectar tamén a sola dos zapatos; así como diferentes opcións de control de accesos e de presenza. 

Cando camiñas polo interior, o box desprende unha solución que reduce a carga viral e bacteriolóxica, e te desinfecta, eliminando xermes, bacterias, fungos e virus, un tratamento que é ademais natural, porque a ecoloxía tamén importa neste proxecto. 

A empresa ultima a fabricación de Box Purefy. Foto: MyBOXExperience
Box cedido para a recollida de mostras en Ourense. Foto: MyBOXExperience

MyBOX Experience utiliza como tecnoloxía Airlite, unha pintura exterior e interior que purifica as superficies pintadas e o aire. A ecopintura convirte as paredes nun purificador natural do aire, grazas ao efecto da luz, eliminando microorganismos e outros productos contaminantes. Un box completamente ecolóxico.

A innovación desta empresa galega, co seu CEO, David González Rey ao fronte, está traballando tamén para dotar ao contenedor de interconectividade cos departamentos de Recursos Humáns ou de Sanidade co usuario a través do móbil, para aproveitar a medición da temperatura corporal e informar de se está ben ou non para así facerlle un test rápido. No caso de que fora positivo as autoridades sanitarias estarían informadas.

O prototipo de Box Purefy fabrícase en Ourense, co asesoramento e apoio de institucións públicas, científicas e sanitarias, e o interese dunha multinacional. Ademais, os componentes cos que producen son 100% nacionais.

Desde MyBOX Experience ultiman os detalles do seu túnel de desinfección, e tamén unha versión "mini", de tamaño reducido, así como o testado de todos os productos para que sexa o máis ecolóxico e funcional posible, probando desinfectantes neutros inocuos para as persoas ou animais.

O contenedor marítimo segue crecendo no seu proceso de transformación e comercialización, á vez que empezan os pedidos e aumenta o interese de varias empresas para velo colocado en Galicia, España ou Europa. Polo momento o que xa cumple a súa función é o container que MyBOX cedeu ao Sergas en Ourense para acoller a recollida de mostras do estudo de seroprevalencia que se realiza estes días na comunidade. Que a innovación galega non pare.

Compartir