• A startup coruñesa colabora contra o coronavirus ofrecendo de forma gratuíta as súas solucións de firma e facturación electrónica a centros sanitarios e residencias de maiores
  • A empresa, con máis dunha vintena de profesionais, prevé este ano aumentar o persoal en polo menos un 60% máis
30
Apr
2020
O equipo coruñés de Docuten. Foto: Docuten

 

Hai xa máis dunha década, a tecnolóxica coruñesa Docuten atopaba un nicho de mercado que lle deu un merecido posto na lista das empresas galegas máis punteiras. Entón se chamaba Enxendra, un proxecto de dous emprendedores, Brais Méndez e Ángel Aparicio, que naceu centrado na factura electrónica. Dez anos despois, os seus productos innovadores axudan ás compañías a dixitalizar os seus procesos administrativos, desde a facturación e a firma ata os contratos e os pagos.

Axudan ás compañías que confían nos seus servicios, e agora, gratuitamente, a aquelas relacionadas co coidado de maiores, centros sanitarios e outras organizacións que están colaborando en loitar contra o coronavirus. Porque en tempos de Covid-19 hai empresas que tamén despuntan en solidaridade.

E que pode facer esta startup? As súas ferramentas dixitais facilitan procedementos como a firma de contratos mercantís, a emisión e recepción de facturas con clientes e proveedores ou a emisión de documentos a empregados, como acordos de teletraballo. 

A tecnoloxía de Docuten permite que estes procesos se poidan levar a cabo dixitalmente e que hospitaies ou residencias de maiores, por exemplo, poidan seguir coa súa actividade de forma fácil e legal e evitando desprazamentos para facer estes trámites, colaborando así en evitar a propagación do virus.

Docuten é en Galicia unha marca de tecnoloxía ey talento. Pero tamén fóra da comunidade.

Xigantes galegos e internacionais como Estrella Galicia, Bimba y Lola, Desigual, Grupo Planeta, Cabify e Louis Vuitton, entre outros, utilizan os seus servicios.

Unha proxección que lles levou a uns plans de futuro máis ambiciosos que levarán o nome de Galicia polo mundo. 

 

Os fundadores de Docuten, Brais Méndez e Ángel Aparicio. Foto: Docuten.

Un paso clave nesta expansión internacional foi abrirse á entrada de inversores por primeira vez. E non de calquera maneira, senón ao grande, pechando unha rolda de financiamento de 1,5 millóns de euros. Era o momento e convenceron. GoHub Ventures invertíu 500.000 euros, a mesma cantidade que os Fondos Neocapital e Ultramar, a través da xestora Torsa Capital. A este millón de euros se lle suman 500.000 máis procedentes de varias entidades bancarias. 

A chegada desta inversión permitirá ampliar o equipo, formado actualmente por unhas 25 persoas repartidas nas sedes da Coruña, Madrid e Londres. Unh plantilla de talento TIC que prevén aumentar este ano en ao menos un 60% máis. O capital tamén significa ter a capacidade de empezar a ter negocio no Reino Unido e fóra de España.

E do capital humano ao económico. E dunha facturación dun millón de euros ao ano a intentar doblar esa cifra nun ano. Un obxectivo ao grande.

E é que o camiño á internacionalización comezou no Reino Unido. En 2019 lograron o apoio do Goberno británico a través do programa de aceleración Global Entrepeneur Programme e estableceron a súa filial en Londres.

Ademais, Docuten participa activamente en EURINV, un programa cofinanciado pola Comisión Europea que ten como meta principal axudar a cumplir coa Normativa Europea de Facturación Electrónica. Outra conquista internacional, xa que é l única empresa española que participa neste proxecto. En resumo, talento e tecnoloxía galegas en expansión, desde A Coruña para o mundo.

Compartir