- Galicia incrementa os apoios á diáspora para dotala de maior respaldo económico ante a crise do coronavirus
- O programa de apoio para gastos de funcionamento ás entidades galegas no exterior increméntase nun 50% para paliar o peche obrigado de sedes e a diminución de ingresos
O que empezou hai uns meses nun remoto mercado de Wuhan, terminou por converterse nunha crise global que non atende a países nin a fronteiras. O coronavirus, que a comezos de ano resultaba aínda algo moi ‘oriental’ é hoxe unha realidade en todo o mundo, que afecta os galegos de aquí, pero tamén aos de alí. A esa diáspora diseminada en máis dun centenar de países que atende coa mesma incerteza ao devir dos acontecementos.
Si es un deses miles de galegos do exterior, estás de parabén. A Xunta de Galicia incrementou algunhas das partidas xa previstas e axilizou outras, co obxectivo de dotar dun maior respaldo económico aos galegos do exterior ante esta crise do coronavirus.
Así, e á vez que se autorizou a continuidade das axudas para financiar os gastos de funcionamento dos centros galegos no exterior, incrementouse o seu orzamento nun 50%.
Este aumento pretende colaborar coas entidades dedicadas á difusión da cultura e tradición galegas situadas fóra da comunidade. A meta é paliar a falta de ingresos que están a experimentar a causa do peche das súas sedes e a suspensión das súas actividades presenciais, así como a suspensión das cotas dos socios en moitos dos casos.
Así mesmo, a administración galega ha decidido tamén seguir tramitando as Axudas Económicas Individuais para axilizar a súa resolución e dotar de recursos aos galegos que residen no exterior e atópanse en situación de necesidade. O obxectivo desta medida é reducir o impacto que a pandemia do coronavirus ameaza con deixar nun sector da poboación galega que se configura como un dos máis vulnerables.