- A sesión de canto e pandeireta do novo programa de Emigración superou as 2.000 interaccións e xerou preto dun milleiro de comentarios.
As notas non empezaran a soar e miles de persoas xa agardaban expectantes que a conta atrás os trasladara á primeira clase de “Aula GaliciaAberta”, a un esperado contacto con Galicia. A pandeireta e a voz de Leni Pérez reuniron a 10.000 galegos de todo o mundo no seu estreno no novo programa gratuito que puxo en marcha a Secretaría Xeral da Emigración para que non pare a formación e a difusión das tradicións de Galicia. O coronavirus obrigou a pechar os centros galegos na diáspora, encargados de preservar e divulgar a cultura propias da comunidade, e suspendeu as súas actividades. E Galicia lles devolve ese gran traballo
Porque as actividades viaxan agora vía Facebook Live a todos os puntos do mapa mundial onde hai un galego.
A clase en liña de percusión de man e canto foi seguida por máis de 10.000 persoas, tanto durante a súa retransmisión en directo, como posteriormente na rede social da Secretaría, Galicia Aberta. Ademais, superou as 2.000 interaccións, xerou preto dun millar de comentarios e foi compartida por máis de 125 persoas. Un total de 45.000 minutos reproducidos, 42.000 en directo.
As cifras reflicten o éxito desta iniciativa coa que a Secretaría Xeral da Emigración quere agradecer a labor que realizan as Casas de Galicia, centros culturais e asociacións no estranxeiro. Chegar virtualmente a 17.000 persoas que se conectaron desde a propia comunidade, e en número destacado desde Argentina, desde a cidade e a provincia de Bos Aires, desde Santa Fe, Mar del Plata... Asimismo, Uruguai e Brasil rexistraron un elevado número de asistentes. En España, os galegos de Madrid e Cataluña participaron activamente na clase.
Programación
Os seminarios, que podes seguir durante os dous próximos meses, celébranse de luns a xoves de 20.00 a 22.00 horas. A primeira hora está adicada á clase formativa e a segunda para resolver dúbidas. Os luns toca percusión de man e canto, con Leni Pérez; os martes, percusión con Alexandre Fernández Castro; os mércores, gaita con Jhonathan Ferreira; e os xoves é o turno de José Antonio Viñas e o baile galego.
Ten en conta que se non tes a posibilidade de asistir en directo aos cursos, os vídeos quedarán colgados na web de Galicia Aberta, polo que poderás velos cando e as veces que o necesites. E é que hai que practicar!
Que non te desanime que no teñas coñecementos previos nestas materias, non só están dirixidos aos galegos que asistiades a estes cursos nas preto de 200 entidades no exterior, tamén aos que queirades empezar de cero. Para axudarvos, ademais, os profesores facilitaranvos material para preparar as clases desde unha semana antes, se así o consideran.
Lembra que os seminarios prolongaranse durante dez semanas e estarán integrados por unha ducia de sesións, podes consultar aquí a programación. As clases seguirán un fío conductor, pero poderán ser atendidas de xeito independente para darte máis liberdade.
Anímate a participar e conéctate con Galicia! "Aula GaliciaAberta" te espera!