• A cultura segue activa nos tempos do coronavirus e bibliotecas, autores e editoriais organizan actividades a través das redes sociais para manter viva a data
23
Apr
2020
"Balcóns de lectura". Foto: Biblioteca Pública de Lugo

Será un día atípico tal e como estamos acostumados a vivir o Día do Libro. Unha data simbólica para celebrar e impulsar a cultura, a lectura e recoñecer a labor de todos os que nos permiten mergullarnos en historias alleas ou viaxar a través de páxinas, ou dispositivos electrónicos. Pero este ano no haberá eventos nas librerías nin nas bibliotecas, nin feiras, nin sinatuiras dos autores. En 2020 o Día do Libro reinvéntase e traslada a Internet unha festa virtual que ofrece en Galicia un longo índice de actividades e propostas. Hoxe non importa en que lugar esteas, todas están ao teu alcance. Queres coñecelas? Ti como celebras a lectura?

As bibliotecas públicas da Xunta lanzáronse ás redes para seguir en contacto cos lectores e usuarios organizando iniciativas como “Balcóns de Lectura” na de Lugo.

Un rooteiro dixital por librerías, escritores e mediadores culturais que desde os seus balcóns deixan as súas suxerencias e os seus textos para logo publicalas en Internet e que poidamos disfrutalas. Recomendacións que tamén impulsa a Biblioteca Pública de Ourense a través de distintas accións en redes.

Na Coruña, a González Garcés puxo en marcha o concurso “Encriptados”, no que os participantes deixan unhamensaxe no seu Facebook co título do libro que están lendo durante o confinamento descrito en emoticonos. A partir de hoxe poderá verse o resultado e haberá que adiviñar a que libros corresponden!

A rede de bibliotecas municipais coruñesas tamén lanzou a campaña “Mollámonos polo libro” a través das súas canles virtuais e  presentarase a iniciativa “Lemos para ti”, un conxunto de narracións orais que os bibliotecarios difundirán en Spotify e na radio.

A censura literaria ao longo dos séculos é o eixo da exposición virtual que impulsa a de Pontevedra. “Libros prohibidos” que poderás coñecer ata o 15 de maio na súa páxina web. 

E se o que queres é viaxar sen saír da casa, a biblioteca pública de Vigo Juan Compañel invita ao seus usuarios a encher nas súas redes sociais unha guía de viaxe y unha guía de lectura cos seus lugares e libros destacados. Este particular mapa poderá percorrerse hoxe, como tamén a exposición virtual “Libros e cidades: rúas, relatos, camiños converxentes”. Nela se repasan obras significativas da literatura galega e internacional, destacando fragmentos que describen os lugares nos que transcorren.

E ti, como les, en papel?
ou en formato electrónico?

Pola súa banda, a biblioteca de Santiago Ánxel Casal puxo en marcha o relato colectivo "Conto a moitas mans", unha historia colaborativa a través neste caso de Twitter

Desde a Cidade da Cultura, a Biblioteca de Galicia destacará algúns títulos con exemplares únicos que se atopan na rede de bibliotecas galegas.

Ademas, a Librería Institucional da Xunta propón que visites distintas obras, desde infantís e xuvenís a históricas e epistolares.

Lembra que a plataforma Galicia Le facilitou o acceso a todos os públicos e só tes que rexistrarte online para dispor de máis de 4.500 títulos.

Os museos tamén participan da celebración do Día do Libro. Os que forman parte da rede da Xunta realizan todos os anos un “bookcrossing”, un proxecto conxunto con bibliotecas de museos e centros de arte de toda España que nesta ocasión tivo un grande espacio nas redes. Cada centro participante compartirá en liña un libro da súa colección ou catálogo para consultar ou descargar. A Biblioteca Artium de Victoria será a encargada de elaborar un vídeo e difundilo.

Biblioteca Pública de Galicia. Cidade da Cultura

Outra das propostas que o Día do Libro ofrece en Galicia é a lectura a través das redes. A editorial galega Hércules de Ediciones o fai a través dos seus perfiles en Facebook e Instagram. A partir das 13.30 horas abren as súas obras e as súas pantallas José María Paz Gago, Isabel Villanueva e Estefanía Padullés, entre outros.

Os autores galegos e as editoriais vólcanse nas redes para conectar contigo

A campaña #envozpropia de Xerais permite que escoitemos da voz dos propios escritores fragmentos das súasobras. Se queres coñecer aos autores galegos contemporáneos non deixes pasar esta oportunidade: Manuel Rivas; Pedro Feijoo; Rosa Aneiros; Ledicia Costas; María Xosé QueizánMaría Reimóndez; María Solar; Antonio García Teijeiro; Marcos Calveiro; Diego Ameixeiras e Yolanda Zúñiga son algúns deles. Segue en redes sociais as etiquetas #envozpropia; #librosxerais; #literaturagalega; #quedanacasa.

A nivel nacional, o grupo Penguim Random House programa unha festa en directo entre as 9.30 e as 22.00 horas no seu Instagram @Megustaleer na que participarán autores galegos como Manuel Rivas, Andrés Suárez, Arantza Portabales e Manuel Jabois.

Como ves, tes mil e unha propostas para rendir homenaxe á lectura. Unha viaxe pola literatura e por Galicia sen saír da casa. Celebra hoxe a data, pero le todos os días!

Compartir