Ti podes ser o próximo Retornado Emprendedor

  • Case 60 persoas beneficiáronse da convocatoria de 2019 con subvencións de ata 8.000 euros
16
Mar
2020

Coñeces as Axudas ao Retornado Emprendedor? É o programa que che anima a volver a Galicia e ademais convertindo a túa idea en negocio. É unha oportunidade para iniciar unha nova etapa persoal e profesional na comunidade, como xa fixeron máis de 200 emigrantes retornados galegos. 

Os últimos, 55 que veñen de ver o seu soño convertido en realidade na lista de beneficiarios da Secretaría Xeral da Emigración publicada polo Diario Oficial de Galicia. Estes retornados obtiveron entre 3.500 e 8.000 euros para levar a cabo a súa empresa, e outros dous, unha subvención menor por ter recibido outro tipo de aportacións autonómicas.

O obxectivo do plan, que contou cunha inversión de 341.000 euros, é que te poidas establecer en Galicia e que o fagas a través do autoemprego. As ayudas que podes pedir teñen unha cuantía fixa de 5.000 euros, e  increméntanse en 1.000 euros máis se eres muller, e noutros 2.000 se te instalas no rural, un incentivo máis para promover o desenvolvemento destas zonas.

Andrés Rodiño
Manuel Germade

Podes conseguir un máximo de 8.000 euros e só tes que aportar o teu plan de negocio empresarial que teña un informe de viabilidade económica e financiera dunha entidade independiente, como a unidade de Galicia Emprende e os axentes de emprego e desenvolvemento local.

A medida inclúe a autónomos, socios traballadores de sociedades mercantís, sociedades laborais e cooperativas de traballo. 

Venezuela, Brasil e o Reino Unido son os principais países de orixe dos beneficiarios, aínda que tamén hai por primeira vez retornados de Seychelles, Nicaragua, Colombia ou Emiratos Árabes Unidos. De onde vés ti?

A próxima convocatoria está a piques de publicarse así que permanece atento á nosa información, ti podes ser o próximo Retornado Emprendedor.

Eles xa o son:

Andrés Rodiño volveu a Sanxenxo tras seis anos en Escocia e creou unha empresa turística, Rooteiro, para poñer en valor o patrimonio e a cultura galegas. Viu o potencial que ten Galicia en turismo e aproveitouno. Na súa opinión, “a axuda de Emigración foi fácil de tramitar e dancha rápido”. Pincha aquí para saber máis.

Manuel Germade estivo en Xapón cinco anos formándose para ser un "mestre de bonsáis" e agora ensina no seu Bueu natal o seu talento. A subvención lle permitiu convertir a súa paixón nun modo de vida e difundir os seus coñecementos non só na súa escola, tamén polo resto do mundo. Coñece aquí a súa historia.

Compartir

Se es autónomo e queres traballar en Galicia, agora é o teu momento

  • O Goberno galego ten varios programas abertos que suman máis de 24 millóns de euros e contan con incentivos específicos para galegos do exterior que queiran volver a casa
  • O Bono Nova Oportunidade, o Renova e as diferentes liñas de apoio a autónomos incrementan un 25% a axuda se es emigrante e buscas retornar
12
Mar
2020


Se es autónomo e queres volver a casa, agora tes unha grand oportunidade. A aposta polo emprendemento convertiuse nun dos grandes eixos de actuación do Goberno galego nos últimos tempos. Cada ano convócanse diferentes programas e liñas de actuación que buscan promover o emprego por conta propia, consolidar negocios e ao mesmo tempo, facilitar a conciliación da vida familiar e persoal.

Unhas medidas que, na súa maioría, están agora mesmo abertas poñendo á túa disposición máis de 24 millóns de euros.

Programa Nova Oportunidade
  • Aberto ata o 30 de setembro. Podes consultalo aquí.
  • Apoios de ata 12.000 euros a persoas que estiveron ao fronte de iniciativas que non foron adiante para que volvan a emprender. 
  • A axuda increméntase nun 25% se es retornado e queres volver. 
Bono Renova
  • O prazo mantense aberto ata o 30 de setembro. Tes aquí máis información.
  • Conta con tres liñas específicas: Bono asesoramento, Bono formación e Bono inicio de actividade.
  • O obxectivo é promover o traspaso dos negocios e impulsar a trasmisión xeracional con axudas desde 5.000 ata 29.000 euros.
  • A axuda aumenta un 25% no caso das persoas retornadas que queredes regresar a Galicia.
         Axudas para impulsar o emprego autónomo e apoiar a consolidación do existente
  • Podes pedir a axuda ata o 30 de setembro. Consulta toda a información aquí.
  • Ata 13,6 millóns de euros dispoñibles para cubrir distintas necesidades do emprego autónomo, coa previsión de beneficiar a 4.000 persoas e 125 empresas.
  • As axudas increméntanse nun 25% se es retornado e queres volver.

 

Compartir

SE BUSCAS EMPREGO NUNHA COOPERATIVA Ou NUNHA SOCIEDADE LABORAL, AQUÍ TES UNHA GRAN OPORTUNIDADE

  • O programa Aprol Economía Social segue aberto ata o próximo 30 de setembro, e as axudas increméntanse nun 25 % no caso de persoas emigrantes retornadas
  • Apóiase a incorporación de novos socios traballadores con axudas que poden alcanzar os 67.500 euros por entidade e ata 16.500 para cada novo socio ou socia
12
Mar
2020

As cooperativas e as sociedades laborais convertíronse nun modelo crecente e en auxe na chamada economía social. Nel poden atoparse firmas tan relevantes como Clun, formada por Melisanto, Feiraco e Os Irmandiños, ou Coren. Un sector no que, se estás pensando en volver a Galicia, podes atopar un emprego.

Para iso, algunhas iniciativas como o programa Aprol Economía Social priorizan aos emigrantes retornados, incrementando un 25% os seus apoios.

Este programa conta con dúas liñas destacadas. A primeira, destinada ás cooperativas e as sociedades laborais para que incorporen persoas socias traballadoras. E por outro lado, apoiando directamente ás persoas desempregadas ou traballadoras temporales que desexan acceder á condición de socias nestas entidades.

Prevese que coa convocatoria deste ano póisade chegar ata as 100 cooperativas ou sociedades laborais beneficiarias, que poderán incorporar ata 250 novas persoas socias traballadoras. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto aquí ata o 30 de setembro, e poderán concorrer todas as incorporacións que se produzan entre o 2 de outubro de 2019 e o 14 de novembro de 2020.

As axudas ás que poderán optar as cooperativas e sociedades laborais son de entre 6.000 e 16.500 euros por cada persoa que incorporen a tempo completo, sexa desempregada, traballadora temporal da propia entidade ou socia a proba desta. Unha soa entidade podería chegar a percibir ata 67.500 euros por esta liña de axudas.

Pola súa banda, as persoas que queiran acceder como socias traballadoras a unha cooperativa ou sociedade laboral, poderán percibir unha axuda de entre 6.000 e 16.500 euros (en función do capital social que teñan que aportar á entidade) se se incorporan a tempo completo. Poden optar a esta subvención as persoas desempregadas, asalariadas (fixas ou temporaies) da entidade ou socias a proba, así como as traballadoras doutro tipo de empresas que se transformen en cooperativas ou sociedades laborais.

Compartir

Trae todo o teu talento de volta a Galicia

  • O programa Retorno Talento Novo ofrecerá a posibilidade a 1.500 mozos de volver a Galicia
11
Mar
2020

Se tes menos de 35 anos e queres volver a Galicia, esta é unha boa oportunidade: o programa Retorno Talento Novo. Unha nova iniciativa que acaba de anunciar o Goberno galego, e coa que aspira, durante este ano, a promover a volta á rexión a 1.500 mozos retornados.

Dotado con máis dun millón de euros, o programa permitirá desenvolver distintas accións formativas e impulsar a obtención de certificados de profesionalidade válidos en toda España, facilitando desta forma o acceso ao mercado laboral dos beneficiados.

Esta iniciativa súmase a outras xa activas e centradas tamén na captación do talento galego en todo o mundo.

Así, desde o pasado 21 de febreiro, está aberto o prazo de solicitude do programa Investigadores Distinguidos (www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200221/AnuncioG0534-080120-0002_gl.html), que, entre as súas 15 prazas, ten 10 habilitadas na categoría de retorno, ofrecendo ata un máximo de 96.000 euros ao ano a aqueles investigadores que desexen seguir nalgunha das universidades galegas os seus traballos.

Ademais, se o que queres é volver a Galicia para emprender, durante as próximas datas está prevista tamén a apertura dunha nova edición do programa de Retorno Emprendedor, que ofrece axudas de ata 8.000 euros para todos aqueles galegos do exterior que queiran volver á súa terra para impulsar unha nova iniciativa empresarial. 

Compartir

Unha casa no rural galego por 50 euros ao ano

  • Unha familia ourensá lanza un concurso para dar vida á súa vivenda na aldea de Poulo: "A casa para quen a traballa!"
  • Se te comprometes a coidar e manter A Casa da Poza e súmasche a esta iniciativa para reactivar o rural, podes enviar a túa proposta ata o 30 de abril
09
Mar
2020

Hai vida no rural e persoas comprometidas para reactivalo e que os pobos non queden abandoados e sumidos no esquecemento. Con este propósito nace unha iniciativa que aínda que pode parecer incrible e idílica, é real e está a ocorrer en Galicia. É a historia de A Casa da Poza.

Situada nunha aldea de Poulo, en Gomesende, na comarca ourensá da Terra de Celanova, unha familia decidiu poñela en aluguer por 50 euros ao ano, si, así, cun só cero, porque se trata dun prezo simbólico.

Porque como eles din “A casa para quen a traballa!”, é a única condición desta proposta, na que “preferimos falar de traballo, de involucrarse, de ilusión e de proxectos que de diñeiro”. 

Entre tantas casas de pedra que salpican o verde rural galego, A Casa da Poza é unha antiga vivenda familiar, de 200 metros cuadrados e 1.500 de finca cuxos donos non queren ver como se derruba e pretenden darlle unha segunda vida e unha oportunidade a quen lles interese reconstruíla tras unha década en desuso. Ten cociña, catro habitacións, un baño e un servizo. Ademais dun patio, bodega e un secador de chourizos, unha poza e terreo suficiente para traballalo como horta. E está a media hora en coche de Ourense e a 45 minutos de Vigo.

A través dun concurso que está aberto a propostas ata o 30 de abril, ofrecen un contrato de oito anos prorrogables a dez por un aluguer de 50 euros anuais fixos, porque cren “firmemente en potenciar a reactivación do rural galego a través de acordos de cesión de uso orientados máis ao traballo na vivenda que ao intercambio económico”.

De aquí sae o lema, a casa para quen a traballa, pois o contrato de cesión do uso vai dirixido a aquelas persoas que teñan ganas de habitar, coidar, dar vida e reformar unha casa nunha aldea tranquila, moi pouco poboada e rodeada de natureza.

Si che interesa apoiar su iniciativa tes que comprometerte a residir na vivienda e mantela, aínda que está habitable necesita un acondicionamento e arranxos, e tamén coidar a leira. 

O proxecto, relata a familia propietaria, está aberto a todo o mundo, o importante é que estés decidido a iniciar unha vida no rural e o demostres coa túa proposta.

O inquilino ou inquilinos gañadores terán que trasladarse nun prazo máximo de tres meses despois de asinar o contrato.

Se te atreves a participar podes rexistrar o teu proxecto na páxina web que crearon para a ocasión, casadapozapoulo.wordpress.com, onde recollen as bases do concurso, os formularios de solicitude e o contacto. Tamén podes visitar a casa a través das súas fotografías!

Tes ilusión, ideas e ganas de traballar? Se é así, danche a benvida!

Compartir

A automoción, un sector estratéxico e con posibilidades de emprego e formación

  • En Galicia podes estudar ramas de FP e FP dual enfocadas ao sector e as carreiras de Robótica ou Enxeñería Industrial
  • O novo Plan de formación 2020-2022 ofertará 1.120 cursos con 9.152 prazas para ocupados e desempregados
06
Mar
2020

Queres traballar nas fábricas do futuro? Sabías que o sector da automoción galega está vivindo unha cuarta revolución industrial? Un dos ámbitos estratéxicos da economía está inmerso xa no seu camiño á industria 4.0, o que fai necesario non só unha forte inversión en tecnoloxía nun entorno de robótica e máquinas inteligentes e dispositivos interconectados, senón tamén a adaptación do seu personl a un novo modelo produtivo.

A forma de traballar, cada vez máis automatizada, xa non será a mesma e abre un panorama de oportunidades en materia de emprego e formación porque os perfís profesionais que se empezan a demandar requiren de novas habilidades.

E que perfiles buscan? Como podes formarte ou reciclarte para ser un operario do futuro?

Empresas referentes e punteiras como o grupo Citroën PSA, en Vigo, buscan profesionais de produto, de proceso, e técnicos e managers con grao en enxeñería industrial.

En Galicia tes a oportunidade de estudar unha Formación Profesional dual en automoción, carrocería, electromecánica de automóbiles, automatización e robótica industrial; e Robótica ou Enxeñería industrial nas universidades galegas. Son planes de estudio enfocados a responder ás demandas dun campo laboral cada vez máis especializado e en contacto coas empresas empregadoras.

Con este mesmo fin tes que saber que na comunidade, a Xunta porá en marcha un novo Plan de formación na automoción para os dous próximos anos que ofertará 1.120 cursos con 9.152 prazas tanto para ocupados como para desempregados.

Se estás buscando unha oportunidade, ésta chegará por parte de 6.056 prazas en unidades formativas nas empresas para que recibas formación “á carta” nos postos máis demandados. Ademáis, realizaranse, para outras 746 persoas, accións en entidades homologadas e centros propios da Xunta. Para os traballadores en activo, haberá 2.332 prazas e 664 cursos para a súa "reciclaxe".

O plan quere contribuir a que te formes en novas tecnoloxías relacionadas coa industria 4.0 e a aumentar as túas posibilidades de atopar traballo. E é que as empresas teñen o compromiso de contratar ao menos ao 40% das persoas que formen.

A demanda crece moi rápido. Segundo o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), o sector da emprego a máis de 22.000 traballadores directos e en 2018 (últimas cifras pechadas) creáronse 1.500 novos postos. Só Citroën PSA, principal constructor para o que traballan as empresas auxiliares galegas, incorporou a finais do ano pasado a 1.200 operarios.

Compartir

Todo o que necesitas saber sobre as eleccións galegas nunha soa web

  • A Xunta habilita tamén o teléfono 900 825 520 para consultas dos electores
03
Mar
2020

Para resolver calquera dúbida que se che presente ou atopar toda a información imprescindible para votar nas próximas eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril, a Xunta acaba de lanzar unha páxina web e un número de teléfono para o elector, o 900 825 520.

En eleccionsgalicia2020.gal tes á túa disposición temas fundamentais no proceso como o voto por correo para os galegos que residides en España ou temporalmente no estranxeiro, así como para os que figurades inscritos no Censo Electoral dos Residentes Ausentes (CERA).

A páxina tamén permite descargar os formularios que se poidan necesitar, e recolle información sobre os trámites co censo, os impresos electorais, a consulta de colexios e mesas e a lexislación vixente.

Navega e le o apartado de preguntas frecuentes e ante calquera dúbida podes dirixirte tamén ao chat que incorpora a web.

A información irase actualizando a medida que avance o proceso electoral.

Lembra que o prazo está aberto ata o 7 de marzo para que pidades o voto os inscritos no CERA e os galegos que vos atopades temporalmente no exterior. Consulta todos os prazos e o calendario electoral en eleccionsgalicia2020.gal.

Compartir

Es médico ou estudante de medicina en Uruguai? Isto interésache

  • A Xunta abre a posibilidade de que médicos e estudantes de medicina uruguaios continúen a súa formación nos hospitais de Galicia
15
Feb
2020

Puede que alguna vez te hayas planteado cómo sería ejercer de médico en Galicia, la tierra de tu familia, o incluso formarte en los hospitales gallegos para empezar aquí una nueva etapa. Pues atento al devenir de los acontecimientos porque esto te interesa. 

La Xunta acaba de abrir la posibilidad de que los médicos que estéis acabando vuestra formación en Uruguay o aquellos que queráis desarrollar una formación continuada podáis hacerlo en los hospitales gallegos en cualquier especialidad.

Esta invitación es un lazo más de unión entre Galicia y Uruguay y que puede servirte para aprender y trabajar con los profesionales gallegos en un sistema sanitario puntero.

¿Quieres conocer algo más de la sanidad en Galicia? Esto es solo un ejemplo:

Quizás no sepas que la comunidad gallega es un referente en trasplantes de órganos y ha acabado 2019 con un registro histórico en cuanto a número de donantes. Tienes aquí todos los datos. La especialización de los profesionales y la implantación de avances tecnológicos y técnicas innovadoras ha llevado a logros en este campo como este trasplante pionero.

Además, la comunidad ha sido la primera en crear la especialidad de enfermería en salud mental y el Servicio Gallego de Salud (Sergas) ya convocó el año pasado 60 plazas de empleo público en este área. ¿Te interesa? Lee aquí la noticia.

Cursa un máster en Galicia

Recuerda, por otra parte, que si ya eres titulado y vives en el extranjero tienes también a tu alcance la oportunidad de optar a una de las Becas Excelencia Juventud Exterior (BEME) para cursar un máster en Galicia, una convocatoria que saldrá en las próximas semanas con un total de 150 plazas universitarias. 

En la rama de la medicina puedes cursar Asistencia e Investigación Sanitaria y Discapacidad y Dependencia en la Universidad de A Coruña; en la de Santiago, Atención Sanitaria, Gestión y Cuidados; Investigación Biomédica; Investigación y Desarrollo de Medicamentos; y en la de Lugo, Genómica y Genética.

¿Quieres crecer profesionalmente en Galicia?

Compartir

Programa talento senior. O talento, de volta

  • O retorno do talento galego repartido polo mundo é unha das prioridades de Galicia. Se formas parte desta bolsa de profesionais cualificados que tiveron que emigrar, vai preparando a maleta de volta porque aquí hai proxectos esperándoche.
17
Sep
2019

O Talento Sénior da Consellería de Economía, Emprego e Industria é un programa de axudas destinadas á captación e contratación de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i en Galicia. Búscanche se tes máis de 5 anos de experiencia profesional para desenvolver a túa carreira en empresas e centros de investigación, e poderías obter un contrato de mínimo tres anos de duración.

As subvencións, para as que a Axencia Galega de Innovación destina case un millón de euros, pretenden impulsar a atracción e o retorno de investigadores, doutores, tecnólogos, e poden solicitalas empresas e organismos de investigación públicos non universitarios ou privados galegos ou cun centro de traballo en Galicia.

O incentivo á contratación que reciben as entidades beneficiarias alcanza os 64.000 euros por cada contrato, cun máximo de dous. A retribución bruta dos profesionais non pode ser inferior aos 40.000 euros.

Seis retornados

El programa forma parte tamén da Estratexia Retorna 2020 e en 2019, na súa segunda edición, permitiu a incorporación de 15 profesionais a nove empresas e seis organismos de investigación e centros tecnolóxicos.Seis deles regresaron a Galicia desde Estados Unidos e outras comunidades, e nove dos 15 son mulleres. Os profesionais contan cunha media de 11 anos de experiencia en I+D+i e traballarán, a maioría cun contrato indefinido, en proxectos de sectores como o naval, o pesqueiro, a saúde e a biotecnoloxía, e as TIC. Xa son 25 os talento sénior contratados grazas a este programa.

Podes consultar aquí as bases da última convocatoria

Compartir

Por que necesito o Certificado de Emigrante Retornado?

  • O Certificado de Emigrante Retornado (CER) é un documento que debes solicitar se regresas dun país que non sexa da Unión Europea, Espacio Económico Europeo (Noruega, Islandia e Liechtenstein), Suiza ou Australia, e que é imprescindible para a túa inserción laboral.
28
Sep
2019

Con este documento acreditas a túa condición de cidadán español que emigrou para traballar e que regresa definitivamente ao seu país.

O CER recolle a data da última saída de España, a data de retorno, o tempo traballado no país ao que emigraches, o tempo de ocupación cotizado, e información de que como traballador non tes dereito á prestación por desemprego no país do que volves.

Para que serve

Este documento é necesario para que podas participar nas convocatorias de axudas ante as administracións estatais, autonómicas e locais. Por exemplo, debes tramitalo para solicitar algunha destas prestacións, e se reúnes os requisitos establecidos en cada caso:

  • A prestación por desemprego de nivel contributivo.
  • O subsidio por desemprego para emigrantes retornados
  • A renta activa de inserción.

É recomendable que pidas o certificado nada máis regresar a Galicia, porque ten unha validez de dous anos. 

Documentación

Podes solicitalo ante a Área de Traballo e Inmigración da Delegación ou Subdelegación do Goberno acreditando os seguintes puntos:

  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Ter a nacionalidade española durante o tempo traballado no estranxeiro. 

No caso de fillos e netos de emigrantes, para un primeiro retorno a España para fixar a súa residencia permanente, terase en conta a actividade laboral desde que adquiriron a nacionalidade española sempre que estean inscritos no Rexistro de Matrícula Consular.

  • Data da última saída de España, mediante presentación de pasaporte ou documento xustificativo.
  • Data do retorno a España, probada co billete de avión e o pasaporte cos selos de saída e entrada. A baixa no Rexistro de Matrícula Consular non é proba suficiente.
  • Traballo realizado no estranxeiro e duración do mesmo acreditados mediante contratos, certificados ou cotización á Seguridade Social, debidamente legalizados antes do retorno.
  • Declaración responsable do país de orixe de que non percibes prestación por desemprego.

No caso de que retornes dos países da UE, Espacio Económico Europeo, Suiza ou Australia (con autorización de residencia permanente neste país) non necesitarás o CER para acceder á prestación de desemprego porque acreditarás o teu traballo no exterior a través dos seguintes formularios:

  • Formulario U1 se procedes da UE ou Suiza.
  • Formulario E301 se procedes de Noruega, Islandia ou Liechtenstein.
  • Formulario “Verification of working life residence in Australia” se retornas de Australia con residencia permanente.

 

Compartir