- Case 60 persoas beneficiáronse da convocatoria de 2019 con subvencións de ata 8.000 euros
Coñeces as Axudas ao Retornado Emprendedor? É o programa que che anima a volver a Galicia e ademais convertindo a túa idea en negocio. É unha oportunidade para iniciar unha nova etapa persoal e profesional na comunidade, como xa fixeron máis de 200 emigrantes retornados galegos.
Os últimos, 55 que veñen de ver o seu soño convertido en realidade na lista de beneficiarios da Secretaría Xeral da Emigración publicada polo Diario Oficial de Galicia. Estes retornados obtiveron entre 3.500 e 8.000 euros para levar a cabo a súa empresa, e outros dous, unha subvención menor por ter recibido outro tipo de aportacións autonómicas.
O obxectivo do plan, que contou cunha inversión de 341.000 euros, é que te poidas establecer en Galicia e que o fagas a través do autoemprego. As ayudas que podes pedir teñen unha cuantía fixa de 5.000 euros, e increméntanse en 1.000 euros máis se eres muller, e noutros 2.000 se te instalas no rural, un incentivo máis para promover o desenvolvemento destas zonas.
Podes conseguir un máximo de 8.000 euros e só tes que aportar o teu plan de negocio empresarial que teña un informe de viabilidade económica e financiera dunha entidade independiente, como a unidade de Galicia Emprende e os axentes de emprego e desenvolvemento local.
A medida inclúe a autónomos, socios traballadores de sociedades mercantís, sociedades laborais e cooperativas de traballo.
Venezuela, Brasil e o Reino Unido son os principais países de orixe dos beneficiarios, aínda que tamén hai por primeira vez retornados de Seychelles, Nicaragua, Colombia ou Emiratos Árabes Unidos. De onde vés ti?
A próxima convocatoria está a piques de publicarse así que permanece atento á nosa información, ti podes ser o próximo Retornado Emprendedor.
Eles xa o son:
Andrés Rodiño volveu a Sanxenxo tras seis anos en Escocia e creou unha empresa turística, Rooteiro, para poñer en valor o patrimonio e a cultura galegas. Viu o potencial que ten Galicia en turismo e aproveitouno. Na súa opinión, “a axuda de Emigración foi fácil de tramitar e dancha rápido”. Pincha aquí para saber máis.
Manuel Germade estivo en Xapón cinco anos formándose para ser un "mestre de bonsáis" e agora ensina no seu Bueu natal o seu talento. A subvención lle permitiu convertir a súa paixón nun modo de vida e difundir os seus coñecementos non só na súa escola, tamén polo resto do mundo. Coñece aquí a súa historia.