- O retorno do talento galego repartido polo mundo é unha das prioridades de Galicia. Se formas parte desta bolsa de profesionais cualificados que tiveron que emigrar, vai preparando a maleta de volta porque aquí hai proxectos esperándoche.
O Talento Sénior da Consellería de Economía, Emprego e Industria é un programa de axudas destinadas á captación e contratación de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i en Galicia. Búscanche se tes máis de 5 anos de experiencia profesional para desenvolver a túa carreira en empresas e centros de investigación, e poderías obter un contrato de mínimo tres anos de duración.
As subvencións, para as que a Axencia Galega de Innovación destina case un millón de euros, pretenden impulsar a atracción e o retorno de investigadores, doutores, tecnólogos, e poden solicitalas empresas e organismos de investigación públicos non universitarios ou privados galegos ou cun centro de traballo en Galicia.
O incentivo á contratación que reciben as entidades beneficiarias alcanza os 64.000 euros por cada contrato, cun máximo de dous. A retribución bruta dos profesionais non pode ser inferior aos 40.000 euros.
Seis retornados
El programa forma parte tamén da Estratexia Retorna 2020 e en 2019, na súa segunda edición, permitiu a incorporación de 15 profesionais a nove empresas e seis organismos de investigación e centros tecnolóxicos.Seis deles regresaron a Galicia desde Estados Unidos e outras comunidades, e nove dos 15 son mulleres. Os profesionais contan cunha media de 11 anos de experiencia en I+D+i e traballarán, a maioría cun contrato indefinido, en proxectos de sectores como o naval, o pesqueiro, a saúde e a biotecnoloxía, e as TIC. Xa son 25 os talento sénior contratados grazas a este programa.
Podes consultar aquí as bases da última convocatoria