- Se estás inscrito no CERA tes ata o 7 de marzo para pedir o teu voto
Estás a vivir no estranxeiro? Inscribícheste no Censo Electoral dos Residentes Ausentes no Consulado? É o primeiro que debes comprobar para saber como podes exercer o teu dereito ao voto nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril.
Case 2.700.000 persoas poderán votar nos comicios (exactamente 2.699.876, segundo o censo). Destes, 462.443 estades inscritos no estranxeiro a 1 de decembro de 2019.
Se non formas parte deste grupo, deberás xestionar e reclamar o alta no Rexistro de Matrícula Consular e no CERA na Oficina consular da túa demarcación do 17 ao 24 de febreiro. Neste período tamén podes consultar as listas expostas na túa Oficina Consular para verificar que figuras e realizar reclamacións contra a exclusión ou para correxir errores. Lembra que o 24 de febreiro remata este período de reclamacións polo que xa no poderías inscribirte no CERA nin votar.
Toma nota das datas que te afectan segundo a situación na que te atopes. Cal é o teu caso?:
- Voto para o Censo Electoral dos Residentes Ausentes (CERA)
Se estás inscrito no CERA tes o prazo aberto ata o 7 de marzo para pedir o voto á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral que corresponda. E como tes que facer? Podes enviar o impreso de solicitude de voto por correo postal ou fax ou se tes DNI electrónico a través desta ligazón.
Do 10 ao 16 de marzo recibirás no teu domicilio a documentación electoral por correo postal e con ela poderás exercer o voto nas urnas habilitadas na túa Oficina Consular ou Consulado ou facelo por correo postal a esta mesma oficina.
Ata o 31 de marzo podes remitir o voto por correo ao teu Consulado. Ten en conta que se a envías directamente ás xuntas electorais en España considérase nulo.
Se queres votar en urna acude ao teu Consulado do 1 ao 3 de abril!
- Voto ERTA para os españois residentes en España que se atopan temporalmente no estranxeiro
No caso de que estés de paso no estranxeiro, podes darte de alta, se non o fixeras xa, como “non residente” ata o 7 de marzo no Consulado que che corresponda. Enche o impreso de solicitude de documentación electoral e envíao a través da Oficina Consular. A Delegación Provincial do Censo Electoral enviará ao teu domicilio a documentación que deberás remitir por correo certificado á mesa electoral correspondente en España. Tes ata o 1 de abril para facelo.
- E se as eleccións te sorprenden de visita en Galicia?
Pode ser que para o 5 de abril tiveras prevista unha visita a Galicia. Se te atopas nesta situación, e estás inscrito no CERA, lembra que non podes votar aquí en urna, aínda que si poderás facelo por correo.
Deberás pedir o voto nunha oficina de Correos ata o 26 de marzo, marcando na solicitude que eres residente no estranxeiro. Unha vez que teñas a documentación necesaria, que recibirás entre o 16 e o 29 de marzo, deberás achegarte de novo, ata o 1 de abril, a unha oficina de Correos para enviar o teu voto por correo certificado á Xunta Electoral Provincial.