• A Xunta habilita tamén o teléfono 900 825 520 para consultas dos electores
03
Mar
2020

Para resolver calquera dúbida que se che presente ou atopar toda a información imprescindible para votar nas próximas eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril, a Xunta acaba de lanzar unha páxina web e un número de teléfono para o elector, o 900 825 520.

En eleccionsgalicia2020.gal tes á túa disposición temas fundamentais no proceso como o voto por correo para os galegos que residides en España ou temporalmente no estranxeiro, así como para os que figurades inscritos no Censo Electoral dos Residentes Ausentes (CERA).

A páxina tamén permite descargar os formularios que se poidan necesitar, e recolle información sobre os trámites co censo, os impresos electorais, a consulta de colexios e mesas e a lexislación vixente.

Navega e le o apartado de preguntas frecuentes e ante calquera dúbida podes dirixirte tamén ao chat que incorpora a web.

A información irase actualizando a medida que avance o proceso electoral.

Lembra que o prazo está aberto ata o 7 de marzo para que pidades o voto os inscritos no CERA e os galegos que vos atopades temporalmente no exterior. Consulta todos os prazos e o calendario electoral en eleccionsgalicia2020.gal.

Compartir