Unha viaxe de ida e volta: de Salceda de Caselas a Belo Horizonte

  • “Galicia parécese á miña terra: verde e con bo clima, aínda que aquí fai máis frío”
  • Manuela Núñez volveu á terra do seu pai grazas a unha bolsa BEME
19
Mar
2020

Ao sur de Pontevedra, preto da fronteira con Portugal –como gran parte desa raia- aséntase o municipio de Salceda de Caselas, que debe o seu nome ao monasterio de Santa María de Saliceta. Unha zona dun verde irresistible que circula, como o propio río Caselas, entre curvas e rellanos ata morrer en terras de Tui e Salvaterra.

Un lugar igual e diferente, sometido aos mesmos avatares da historia que o resto de Galicia; desa Galicia neste caso de posguerra, golpeada nlo máis fondo pola decepción dun mal conflicto, e no máis básico pola tristeza provocada pola fame. As cousas cambiarían co tempo, pero naquela década dos cincuenta foron moitos os que emigraron en busca do que quixese ser a felicidade.

Arturo Núñez Barros foi un deles. Con 19 anos emprendeu o camiño que xa percorrera unha das súas irmás, Milagros. E que máis tarde trazarían outros tres: Enrique, Manuel e Saladina.

De 8 irmáns, máis da metade alén do océano. Unha marea de relatos que se entrecruzan nas augas do Atlántico e buscan, entre as idas e vindas das ondas, o lugar adecuado de arribada.

O de Arturo foi Belo Horizonte, capital do Estado de Minas Gerais, unha cidade de clima amable bañada pola Laguna da Pampulha. Poderiamos dicir que alí fíxose maior antes de tempo, pero tampouco sería certo. Probablemente chegou xa sendo un home porque a vida entón non esperaba.

O reencontro con Galicia

E alí tamén, á sombra da Serra do Curral, coñeceu á nai dos seus fillos: Mailda Oliveira. Un matrimonio do que nacerían 3 fillas -Cesaria, Manuela e Paloma- e mil negocios. Contanolo xa Manuela, verdadeira protagonista desta historia. E o fai desde Galicia, a onde regresou co relato dos Núñez, nese ir y vir da marea.

“O meu pai emprendeu un negocio de hostalería, e lle ía bastante ben”, lembra xa en pasado. Porque cando Manuela tiña seis anos, a Arturo levouno un cancro fulminante, nunha desas demostracións de que a vida ten cruces para todos. “Pero a miña nai seguiu traballando, atendendo os negocios de papá, e sacou adiante a familia”, prosigue.

Non o fixo mal. Manuela licenciouse en Administración de Empresas en 2009 e empezou a traballar pouco despois. “Levo 14 anos traballando”.

Aínda que agora se tomou un pequeno respiro para cursar na Facultade de Económicas da Universidade de Santiago un máster en Dirección de Empresas.

Faino grazas a unha bolsa BEME –acrónimo en galego de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior- promovida polo goberno de Galicia para facilitar a volta a casa dos galegos da diáspora.

No caso de Manuela é un reencontro. “Puiden volver a Galicia en 2018”, recoñece. Foi un viaxe lóstrego para coñecer a orixe da súa familia, aquela Salceda provinciana que, con todo, garda similitudes con ese Belo Horizonte que se erixe hoxe nun dos grandes centros neurálxicos de Brasil. “Parécese á miña terra: verde e con bo clima, aínda que aquí fai máis frío”, detalla.    

Aquela viaxe, “bonita e emocionante”, deixou pegada. Talvez por iso, cando xurdiu a posibilidade de volver, Manuela non dubidou.

“Apunteime, concedéronme a bolsa, e cheguei de volta a Galicia en setembro do ano pasado”, lembra.

Agora goza desde Santiago desa terra que o seu pai deixou atrás sendo moi novo, e á que o destino, sempre caprichoso, nunca lle concedeu a oportunidade de retornar. Tivéralle gustado, porque pouco ten que ver esta Salceda con aquela en branco e negro arrasada aínda polas penurias da guerra.

“Son culturas distintas, pero aquí estou feliz. Aos poucos voume adaptando”, prosegue Manuela, quen destaca entre as vantaxes de Galicia a seguridade, a economía e unha sociedade máis igualitaria. Iso, e todo o que está por descubrir. “Encántame Santiago; e Salceda, claro. E os sitios que visitei por agora: Tui, Ferrol, A Coruña, Pontevedra…”.

Aínda lle queda tempo para seguir explorando. Máis do que ela e calquera de nós desexase. Pero o Covid-19 ten estas cousas. En calquera caso, Manuela está feliz. O futuro é hoxe incerto para todos, pero lle gustaría quedarse, e que viñesen as súas irmás, aínda que esa é xa outra historia que complican as familias e o traballo. Na súa, por agora, Manuela segue aquí. E por moito tempo.    

Compartir

O neno que sempre quixo ser bonsái

  • "Se queres gañar, necesitas a un profesional"
  • Manuel Germade é mestre titulado e recoñecido pola Asociación Xaponesa de Bonsái e a Asociación Xaponesa de Shohin Bonsái; o único español
  • Tras 5 anos en Xapón, hoxe ensina ao mundo enteiro o seu talento desde o seu Beluso natal
13
Mar
2020

A primeira vez que Manuel Germade viu un bonsái foi nun centro comercial. Paseaba coa súa tía e sumaba apenas 5 anos. Tal vez 6. Iso, a idade, non o lembra exactamente. É o de menos. O resto si, porque aquela diminuta masa de ramas e follas quedouse para sempre na súa memoria, nun deses espazos case eternos que só a morte pode obviar.

"Gustoume tanto que ao final conseguín que mo compraran", relata. Aínda que non durou moito. Pero o pequeno Manuel solucionou a decepción desde o inxeño. Lonxe de deprimirse, saíu ao xardín familiar, colleu a rama dunha ameixeira, e a plantou nun testo. A ameixeira, paradoxas da vida, non só aguantou máis que aquel bonsái, se non que arraigou tamén na mente infantil dese pequeno, que empezou a vislumbrar todo o que a natureza agocha.

Hoxe, máis de 30 anos despois, Manuel lembra aquela anécdota con esa mestura tan galega de cariño e nostalxia. Algo semellante á morriña.

E o fai desde a mesma finca familiar asentada na parroquia de Beluso, un pedaciño de Bueu bañado pola ría en todas partes.

Pero como en calquera outro relato, aconteceron moitas cousas desde entón. Hoxe Manuel é mestre titulado e recoñecido pola Asociación Xaponesa de Bonsái e a Asociación Xaponesa de Shohin Bonsái, -unha categoría de bonsái de 25 centímetros-. Isto, así, pode non dicir moito e, sen embargo, o di todo. É o único mestre español; e no conxunto nacional só hai outro en Madrid e é polaco. Galicia Calidade, xa saben.

E como se fai un "mestre de bonsáis"? Coa mesma disciplina que Xapón demanda a calquera dos seus mitos.

Os samuráis fundamentan a súa lenda nun código que se resume en dez principios: lealtade, autosacrificio, xustiza, sentido da vergoña, modais refinados, pureza, modestia, frugalidade, espíritu marcial, honra e afecto.

Os loitadores de sumo comezan a súa carreira aos 15 anos, convivindo nos denominados "establos" baixo un réxime entre militar e monacal: érguense ao mencer realizando en xaxún o seu primeiro adestramento; inxiren 8.000 calorías diarias; e algúns durmen con máscaras de oxíxeno.

O "réxime" de Xapón 

Manuel, salvando as distancias, viviu algo semellante cando, con 29 anos, decidiu irse a vivir a Xapón para obter o título de mestre. Cidade de Shizuoka, ao sur de Tokio. Familia Urushibata: Nobuchi, o pai; Taiga, o fillo. Profesionais do bonsái. Foron cinco anos de contrastes dun país "moi moderno pero moi tradicional", estrañando a terra a cada pouco.

Ás sete e media estaba limpando os baños e a cociña e quentando a auga para os almorzos; ás 8, sacando malas herbas do xardín; de 9 a 12, coas tarefas propias do coidado dun bonsái; logo, ata a unha, tempo para comer, "aínda que si comías en 15 minutos, mellor que en 30"; e de unha a sete da tarde, máis aprendizaxe. Despois de cear moitas veces voltaba para rematar traballo pendente: "Polo día tiña que axudar ao meu mestre con tarefas de construción e mantemento, así que pola noite facía horas extra para recuperar o tempo perdido".

E as vacacións? En Xapón non se celebra o Nadal, é un país de budistas e sintoístas. "Ao principio, con Nobuchi (o pai) de mestre, collía quince días en decembro e unha semana no verán. Pero Taiga (o fillo) era máis estricto, e apenas tiña unha semana solta en todo o ano".

Cousas dun país onde a costume impera. Taiga é o menor de tres irmáns: o maior non quixo continuar a tradición familiar dos bonsáis; a segunda é muller e rara vez se lles ofrece a oportunidade; así que lle tocou a Taiga por obligación. Esa mesma obligación que transforma en amargura moitas veces.

"Era moi estricto. Dicíame que tiña que considerarme un afortunado e que non podía perder o tempo".

O talento galego

E a boa fe que non o perdeu. Hoxe Manuel vive daquel soño infantil, gozando en cada árbore, en cada rama, en cada tronco, mentres encallece as mans entre espesos fíos de cobre que lle permiten dar forma ás súas criaturas. Enxertos que crean vida e mesturan especies; acodos que permiten separar árbores; unha colección de máis de 2.000 bonsáis de todo precio, tipo e condición.

E o fai desde o seu "recuncho", desde ese Beluso no que medrou e no que se fixo home antes de irse a Xapón e de volver; algo para o que contouó, tamén, co Programa de apoio ao retorno emprendedor promovido polo Goberno galego.

Agora Manuel ensina ao mundo enteiro o seu talento, comezando pola súa terra, onde montou unha escola en Bueu.

Holanda, Italia, Alemaña, cursos e talleres nos que descobre a alma dun bonsái, ou nos que ensina os segredos para imporse no Circuito Europeo de Exhibicións. "Se queres gañar, necesitas a un profesional", argumenta.

El o é. Probablemente o mellor.

De neno tivo un soño e, xa de adulto, segue nel, "aínda que ao ser traballo non é igual de divertido".

Clientes, alumnos, proveedores... sempre hai alguén disposto a interromper. Tarde ou cedo, con todo, Manuel volve a o seu soño, a aquel bonsái infantil que hoxe se transformou en multitude. Un mestre galego, desde Galicia para o mundo.  

Compartir

“Volver a Galicia éncheche o corazón”

  • "Acordaramos que se saía a bolsa BEME iamos a Galicia"
12
Mar
2020

Agustín Gianre e Agustina Patiño tiñan clara a data da súa voda desde facía xa case un ano: o 2 de novembro de 2019. Dacabalo entre unha bonita primavera e un verán caluroso no corazón de Arxentina: Córdoba. Todo resultaba tan evidente que fluía coa mesma facilidade coa que avanzan os contos de final feliz: a pedida de man celebrouse en decembro de 2018, preludio do que estaba por vir, xa definido.

Sen embargo, o mundo, como nos ensinou Forrest Gump, é como unha caixa de bombóns: nunca sabes o que che vai a tocar. E a familia Gianre Patiño non ía a ser unha excepción. Unha bolsa BEME –acrónimo en galego de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior- trastornou todos os seus planes. “O curso comezaba o 18 de setembro, polo que tivemos que cambiar a data da voda”, argumenta Agustina cunha excepcional sinxeleza, propia de quen ten claro o que quere e non pon escusas para conseguilo. 

Dito e feito. A notificación da bolsa lle chegou a mediados de xuño. Inmediatamente foron ao Rexistro e buscaron outra data: 17 de agosto. Inverno en Arxentina.

“Pero o pasamos moi ben. Tomámonolo como unha festa de despedida coa nosa familia e os nosos amigos”, lembra Agustina entre sorrisos mentres debulla o devir daqueles días nos que houbo que facer de todo mentres se preparaba unha voda: vender o auto, deixar o departamento, arranxar os papeis no Consulado…

De Córdoba a Gondomar

A decisión estaba tomada. Acordaramos que se saía a bolsa nos iamos”, segue Agustina debullando os seus recuerdos. Aínda que sería máis correcto falar de ‘volver’ que de ‘irse’ porque, a final de contas, volvía a casa, á Galicia na que todo comezou hai agora 32 anos.

 Porque a historia de Agustina, como a de miles de galegos e arxentinos, técese a través das ondas do Atlántico, nun ir e vir irremediable que non cesa ata que baixa a marea.

De Córdoba a Gondomar, de Gondomar a Córdoba, e outra vez de volta nesa Galicia que lembraba dunha forma case igual á que atopa, cos matices propios da modernidade.

“É curioso ver como aínda hai moitas tendas que xa estaban aí antes”, resalta Agustina falando dese mesmo Gondomar no que o seu pai, Mario, montou unha clínica dental cando ela apenas sumaba un par de anos. Unha vila que rememora acolledora e próxima, como agora, na que permaneceu ata os 18 anos, e nla que naceron as súas irmá. “Os meus papás casaron en 1986. Eu nacín en Arxentina, pero Gala, Marcelina e Nazareth fixérono en Galicia”, relata.

E así foron pasando os anos dunha infancia feliz en Gondomar. Ata o 2006. “A papá lle tiraba a familia, os asados, a terra… A min tocábame empezar a Universidade, e ao final consideramos que era boa ocasión para volver a Arxentina”, expón coa mesma naturalidade e convicción coa que anos máis tarde cambiaría a data da súa voda.

Ao ano volveron a súa nai, Bibiana, e as súas irmás. E en 2008 Mario pechou o círculo: adeus á clínica e volta á Arxentina dos seus soños.

Alí, Agustina licenciouse en Arquitectura e a vida, como sempre, segui abríndose paso.

Aínda que nese camiñar hai moitos roteiros, e algúns, sen sabelo, rematan nun pozo cargado de contradicións. Un espazo tan escuro e tan absurdo que che fai ver normal o extraordinario. E entón, noutro alarde de tranquilidade e sinxeleza, decides volver a Galicia.

A volta a Galicia

E iso foi exactamente o que lle pasou a Agustina. Algo fixo ‘clic’ no seu interior durante unha cea de fin de ano. Os seus sogros puxéronse a narrar unha anécdota: “Roubáranlles o auto”. E inmediatamente todos os que estaban á mesa tiñan historias similares; unha experiencia que contar.

“Era un tema normal de conversación! E non o é. Eu quería formar unha familia, vivir tranquila… Nese momento sentinme fóra de lugar. E analizando o historial político e económico do país dinme conta de que, a corto ou mediano prazo, nada ía a cambiar", expón do tirón, coa agridoce sensación de quen teme “deixar os mellores anos” da súa vida en “algo que non tracciona”.   

E non foi fácil. Nunca o é. “Doeunos moitísimo. As miñas avoas , unha tiña 90 anos e a outra, a punto de cumprir 91; o meu marido tiña un avó de 90… Pero estaba decidido. Ao final, se non, se che pasa a vida e ves que non fixeches nada”, apunta.

Así que non o dubidaron. E en canto lle concederon a bolsa BEME iniciaron o camino de retorno, que desta volta os deixou en Lugo, onde Agustina cursa o seu Máster en Dirección de Proxectos. “Lugo foi unha grata sorpresa”, recoñece alguén que, 15 anos despois de marchar, segue redescubrindo Galicia a cada instante.

“Volver a Galicia é volver aos mellores recordos da miña vida, os de alguén que tivo unha infancia moi feliz. Volver a eses recordos éncheche o corazón”, recoñece Agustina.

E o futuro? Xa se verá. Aínda que Lugo podería ser un bo destino. Por agora, os Gianre Patiño gozan do momento en compañía da pequena Olivia: Agustín traballa nunha empresa da zona mentres ela remata os seus estudos de posgrao. E o fan tranquilos, coa calma do que amence cada día co tempo para pensar na súa rutina, tan lonxe e tan cerca daquela Arxentina querida. 

Compartir

“Cando cheguei a Galicia, por primeira vez na miña vida sentín que estaba onde debía estar”

  • En Galicia sinto como na casa. Por fin a miña terra.
06
Mar
2020

Hai historias que veñen e van e outras que se tecen ao redor do tempo; algunhas son capaces de empezar aquí e terminar alá, cruzando un océano de incerteza e esperanza, antes de vir de volta arrastradas pola marea do retorno. Falamos de Galicia e de América; falamos de Mariana Doldán; 26 años. Uruguaia de nacemento; galega por vocación… e por familia. “Cando chegue a Galicia, por primeira vez na miña vida sentín que estaba onde debía estar, no lugar ao que pertencen as miñas raíces”. Pódese ser máis galega aínda nacendo en Montevideo?

Pero vaiamos por partes. Como diciamos, esta historia fórmase ao redor do Atlántico, empezando na provincia da Coruña. Alí, nunha España de guerra e de post guerra, marcada pola fame, o odio e as rifas, naceron Beatriz Lorenzo (1934) e Julio Doldán (1932). Ela fíxoo en Sada; el, en San Pedro de Nós, un pedaciño de terra pertencente ao municipio de Oleiros.  

Como todos os nenos -de esa e de calquera outra época-, a pesar das dificultades e a guerra, creceron felices, rodeados de amigos e de familia. E fixéronse adolescentes, logo mozos. E un día, nun baile calquera dunha festa calquera de Sada, coñecéronse. Pero para chegar ao final feliz do conto faltaba moito. Era a década dos 50, e a fame aínda apretaba.

As grandes masas de xente ocupando os peiraos do Porto de Vigo en busca dun futuro mellor, ou polo menos distinto, eran demasiado habituais.

Fotos anónimas nas que, unha mañá de xuño de 1957, con apenas 23 anos, viuse envolvida Beatriz Lorenzo. Vinte días de traxecto en familia ata Montevideo, e unha eternidade por vivir en Uruguai. E Julio? Máis do mesmo. Outra foto anónima doutra multitude desconocida partindo de Vigo cara un lugar por explorar. Neste caso Venezuela.

Podería pensarse que os dous cruzaran o charco. Con todo, para que se fagan unha idea, entre Caracas e Montevideo hai máis de 5.000 quilómetros en liña recta. Un mundo que percorreron entre cartas ata que, en 1959, Julio parte cara Uruguai para casarse co amor da súa vida. 

Dun baile en Sada a unha voda en Montevideo. Unha familia galega moi feliz e catro fillos (Julio, Andrés, Ricardo e Alejandra). O segundo, Andrés, casaría con Laura Cortada, e terían dous fillos. 

E isto devólvenos ao principio da historia, a Mariana Doldán, que, agora, para que o círculo sexa completo, está en Galicia cursando un Máster en xenómica e xenética dacabalo entre a Universidade de Santiago, a Facultade de Veterinaria de Lugo e a de Ciencias do Mar de Vigo.

O reencontro con Galicia

“En Uruguai traballaba de licenciada en nutrición e de administrativa de atención ao usuario nun seguro médico. E aínda con todo, non chegaba a un soldo para vivir e aforrar”, lembra Mariana. Tal vez por iso, cando se enterou das bolsas BEME –acrónimo do galego Bolsas Excelencia Mocidade Exterior- que ofrece a Xunta cada ano, non o dubidou. 

Tal vez tamén porque nunca perdera de vista as súas raíces: “Toda a miña infancia transcorreu coa colectividade, no centro galego Unión Hijos de Morgadanes de Montevideo”.

Alí aprendeu o que eran as vieiras, que os mondongos son callos ou como se baila a muiñeira. E lle gustaba. Ata o punto de dar clases de danza tradicional no propio centro. 

Non estraña, pois, que ao chegar a Galicia sentise “como na casa”. “Era como atopar o sitio no que debía estar. Por fin a miña terra”, argumenta alguén que pasou de nena a adulta bailando galego, cantando galego e tocando a pandeireta.

Ese primeiro encontro produciuse xa antes das BEME. Foi durante o verán de 2011 gracias ao programa Campamentos, agora Conecta con Galicia. Unha iniciativa impulsada polo goberno galego que cada ano permite a centos de mozos como Mariana volver á casa, a esa esquinita de península bañada a partes iguais polo océano e o mar da que un día fóronse os seus avós.

Un lugar inesperado

Unha Galicia que xa entón descubriu “máis cidade, menos agreste”, do que esperaba ou se imaxinou. “Cando cheguei á Coruña chamoume todo a atención. O comercio, o casco histórico… todo. Non era terra ou agricultura”, relata. 

“Galicia ten de todo. Praia, montaña, gastronomía… É incrible. Sempre me gustou desde a primeira vez que vin”. Desde ese 2011. 

Agora repite experiencia coas BEME, que a traen de volta a Galicia. “Cheguei a Vigo en agosto do ano pasado, a casa do meu tío avó Andrés Lorenzo, e a súa muller, Elena. De alí funme a Lugo coa súa filla, tamén Elena, e despois a Santiago, a casa do meu primo Pablo Sigüeiro Lorenzo”, lembra. E xa que falamos de Vigo non se pode resistir: “Fun a ver as luces. Che erizan a pel”. 

A conversación prosegue entre familias a ambos os dous lados do Atlántico. Os avatares da vida os foron empuxando aquí e alá. Ao seu tío avó, por exemplo, foi a ditadura militar de Uruguai a que o trouxo en 1974. “Traballaba nun xornal local en contra do réxime”, rememora Mariana. Igual que se acorda tamén doutro tío avó, xa falecido, en Cádiz. Pero esa, por afastada, é outra historia. 

Vivir en Galicia

A de Mariana segue en Galicia, a terra á que, sen sabelo, sempre quixo volver. E agora que volveu, non se quere marchar. O mellor, talvez, estea por vir. “Encantaríame seguir investigando; facer unha tese doutoral”, apunta. Un traballo que a ten inmersa na influencia xenética entre a obesidade e o cancro de mama. 

Aínda que tampouco descarta incorporarse ao mundo laboral. Mentres tanto, goza de Santiago coa su nai, por primeira vez en Galicia. Ambas percorren as rúas molladas, gozando das pedras sempre húmidas, sometidas ao dominio desa “choiva finita que se suspende no aire”.

E o resto da familia? O meu pai nunca volveu. Ten unha constructora en Uruguai, e é complicado. Tal vez cando se xubile. E o meu irmán Juan vai a empezar alá a Universidade, aínda que tal vez poida vir este verán grazas ao Conecta con Galicia”, resume Mariana. O fai feliz, gozando a cada sopro desa terra que sempre sentira como propia. Aínda antes de pisala. 

Compartir

“Estou a vivir un soño”

  • “Foi grazas a unha bolsa da Secretaría Xeral da Emigración; unha oportunidade que non esperaba nun momento de especial dificultade”, rememora Gustavo.
27
Feb
2020
Gustavo na súa empresa en Venezuela.

Andrés Manuel González Cebreiro naceu en Rianxo hai 65 anos, nunha Galicia desas que hoxe lembramos en branco e negro, pero que sempre foi igual de bela. O mar, o Ulla, Santiago ou algunha fonte perdida na memoria, configuran os recordos dunha infancia inesquecible. Como case todas. Paso previo a partir cara Vilagarcía de Arousa, onde creceu e se fixo home sendo neno; soldador nos estaleiros do porto desde que tiña 15 anos.

A vida, ou o destino, ou o que queiran, sempre caprichoso, terminou por levalo lonxe; moi lonxe. Ata Villa de Cura (Venezuela).

“Foi un arrebato de mocidade por motivos persoais”, rememora, outra vez desde Galicia –a vida, se non é cíclica, paréceo- o seu fillo Gustavo, que volveu á terra do seu padre -á súa terra, a final de contas-, para cursar na Universidade de Santiago un Máster en Enerxías Renovables. 

“Foi grazas a unha bolsa da Secretaría Xeral da Emigración; unha oportunidade que non esperaba nun momento de especial dificultade”, rememora Gustavo. Venezuela sufrira un novo apagamento; o primeiro do ano pasado. Unha semana sen electricidade, perdendo a comida, sen posibilidade de facer a compra, expostos aos saqueos cada noite. O caos no ordinario. “E foi entón cuando decidín escribir ao twitter da Irmandade Galega de Venezuela”, apunta. Deseguido recibiu contestación: “Como hai un galego en Cumaná sen que nós saibámolo?”. 

Cumaná é hoxe, entre as que aínda permanecen en pé, a cidade máis antiga de Venezuela, fundada hai máis de 500 anos como froito da utopía dun puñado de frades dominicos e franciscanos impulsores dunha evanxelización pacífica. Pero esa é xa outra historia. A que a nós interésanos segue tendo que ver con Gustavo e co seu pai, Andrés, que chegou a Cumaná na década dos 80 do pasado século. E non o fixo só. Con el viña María del Carmen Hernández, unha bonita moza venezolana de quen o ‘galego’ se namorara en Villa de Cura.

Xuntos continuaron a súa aventura nunha urbe que crece pegada á desembocadura do río Manzanares. Alí naceron Gustavo (1988) e a súa irmá María Andreina (2001). Unha familia feliz prosperando en medio da revolución bolivariana. Con traballo; moito traballo. “O de meu pai sempre foi traballar, traballar e traballar. ¡Ata o 31 de decembro traballaba!”, continúa Gustavo atando os seus recordos.

Os negocios familiares

Andrés levouse a Venezuela o aprendido naquela adolescencia entre estaleiros, montando unha empresa de construción especializada en estructuras metálicas. “Soldaba e deseñaba de todo, desde a estructura dun edificio ata unha escaleira de caracol. Ten unha capacidade de cálculo impresionante”, segue atando Gustavo, enxeñeiro en electrónica que tampouco queda atrás. 

“Eu tiña unha compañía de fabricación de ventiladores industriais. Fuelbird. A verdade que nos ía moi ben”.

Pero como case todo, aquilo terminou saltando polo aire. Os apagamentos eléctricos implican tamén a pérdida da conexión a internet, e a empresa vendía case todo online. O negocio foise afundindo. “Pero, ademáis, podía vender un ventilador por 8.000 bolívares, quedarme sen conexión antes de formalizar a venta, e unhas horas despois, cando volvía a electricidade, a desvalorización da moeda fixérame perder seis, sete, oito ou ata dez veces o valor ao que vendera”, prosegue Gustavo.  

Un drama empresarial que nada importa se se compara cos dramas persoais. A inseguridade, as noites en vela custodiando nun tellado a facenda familiar, o vivir ou morrer nun instante. “Unha semana antes de partir cara a Galicia, cando xa me concederan a bolsa, puxéronme unha pistola na cabeza. Foi durante un semáforo en vermello, e todo o que querían era o meu móbil”, sinala mentres que os recordos séguense escapando.

Aí vai outro. Este ten que ver cun dos seus hobbys: a restauración de vehículos antigos. En concreto, cunha Honda 750 que chegara ás súas mans feita un amasillo de ferros sen sentido. Gustavo a deixou impecable: o coiro negro do asiento rematando o gris metalizado. Ata que un día alguén lle dijo: “Vante pegar un tiro para quitarche a moto”. Desfíxose dela, e non lle doe. Escápaselle o optimismo en cada frase: “A verdade é que teño moita sorte de seguir vivo”.    


A solicitude da bolsa

Pero volvamos a Cumaná e a aquel tuit á Irmandade Galega. “Portáronse de modo espectacular. Enseguida veu vernos o presidente da Irmandade Galega de Puerto La Cruz, e faloume das BEME, insistíndome para que presentase a solicitude”, recorda. 

As BEME (acrónimo en galego de ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’) é unha iniciativa posta en marcha fai tres anos polo goberno de Galicia para ofrecer aos mozos galegos de segunda e terceira xeración a oportunidade de volver á terra das súas raíces, cursando nela un máster de posgrao.

Desde a súa posta en marcha, cada ano 150 mozos galegos do exterior poden continuar os seus estudos nunha das tres universidades da Comunidade Autónoma. 

Gustavo é un deles. “Ao principio, cando todo vai mal, cando a túa familia sofre ou cundo perdes a túa empresa, non o entendes. Pero ao chegar a Galicia daste conta de que todo iso, no fondo, é o mellor que che puido pasar”, relata entusiasmado. Co entusiasmo propio dos que agora disfrutan cada pedaciño de vida, cada trozo da súa terra. 

O soño galego

“Estou vivindo un soño. Papá non puido volver nunca, e iso que sempre botou de menos a súa Galicia. Este é outro mundo; síntome na gloria. Encántame: os bosques, os portos, o rural, as cidades, as diferenzas de clima entre estacións…”, describe Gustavo.

Todo iso… e algo máis. Algo moi básico: a seguridade. Aquí pode pasear de madrugada co móbil na man, e non teme que o atropelen ao cruzar un paso de peóns. Ás veces sobresáltalle o ruído dunha moto no medio da noite. Pero xa non está alí, está aquí. Na terra do seu padre; na Galicia á que agora quere traer a toda a súa familia. 

“A primeira vai ser a miña irmá. Acaba de cumprir 18 anos e estou tramitando todo para que curse Formación Profesional”, explica. Para iso, acudirán ás mesmas BEME, que ofrecen cada ano otras 100 prazas de FP para os mozos do exterior. Cun pouco de sorte, unha delas será para María Andreina. 

“E logo os meus papás. Toda a vida traballando para isto…”. E cala, pensativo. Por unha vez, as palabras coméronse o seu optimismo. Pero enseguida recupera a alegría. Porque como el mesmo escribiu,

“Cada sorriso gañado nesta historia ten unha bágoa no seu pasado; as bágoas xa acabaron, benvidos á Galicia dos sorrisos”. 
Compartir

Vir a Galicia enriquéceche a nivel persoal, profesional e cultural

  • Estudei Xerontoloxía Clínica na Universidade da Coruña cunha BEME e en Galicia crecín inmensamente a nivel humano
11
Feb
2020

Ana Hauradou Carreiro, panameña, fue beneficiaria de una Beca Excelencia Juventud Exterior de la Xunta de Galicia. Tiene 33 años, es nieta de gallegos (concretamente de Alvarellos-Paredes, en Ourense) y ha podido estudiar un máster en Gerontología en la Universidad de A Coruña gracias a una beca de 12.000 euros. Ella misma nos cuenta su experiencia.

Pertenezco al primer grupo de becados de BEME del año 2017 que en su momento ofertaron 100 becas y fui una de las beneficiadas para estudiar Gerontología Clínica en la Universidad de A Coruña (UDC) en la facultad de Ciencias de la Salud en OZA. Aprendí muchísimo, realicé prácticas en el Complejo Gerontológica La Milagrosa y crecí inmensamente a nivel humano, estudiar el envejecimiento fue una de las mejores decisiones que he tomado y que mejor que en Galicia, donde la población de adultos mayores cada mes mayor.

"El apoyo recibido por parte de la Xunta fue fenomenal. Me acompañaron en todo el proceso, realmente se preocupan porque estés informado, que obtengas la beca y que al llegar sepas todos los pasos que debes realizar".

Estoy en A Coruña, es una ciudad preciosa rodeada de mar con un clima bastante cambiante, pero tiene su encanto, créanme, que se terminaran enamorando. Cuando llega el verano todo es diferente, hay tantos festivales que tendrás una muy dura decisión de elegir a cuál ir. Te enriqueces a nivel personal, profesional, cultural porque conoces a muchas personas que, como tú, son descendientes de gallegos o gallegos retornados.

Durante tu estadía en Galicia te siguen asesorando y orientado hasta que quedes bien establecido, en mi caso no tengo familia en Galicia, mi abuelo falleció hace unos años por lo que no tuvo apoyo como otros de mis compañeros de la beca, pero no te preocupes que la Xunta te va guiando en todo el proceso, sino igual estamos los ex becados que como yo vivimos ahora en Galicia y podemos apoyar, ayudar y guiar en lo que necesiten.

"Como sabemos, no todo en la vida es fácil, pero te aseguro que es una experiencia que vale la pena vivir y si te gusta Galicia bienvenido serás".

En principio no tenía en mente quedarme a vivir en Galicia, solo a estudiar sin planes concretos, aunque terminando el segundo cuatrimestre con la llegada del verano y algunas personas que llegaron a mi vida cambien de opinión. Inicié con la búsqueda activa de trabajo en Recursos Humanos (que es la experiencia previa que tenía en Panamá) y tras tres entrevistas fui seleccionada para trabajar en una empresa del sector de la formación – Campus Training.

Compartir

"Decidinme a facer Rooteiro porque vin o potencial que tiña Galicia en turismo"

  • "A axuda de Emigración foi moi fácil de tramitar e dancha rápido"
28
Jan
2020

Rooteiro é o proxecto turístico que Andrés Rodiño emprendeu no seu retorno a Sanxenxo, a Galicia, despois de seis anos en Edimburgo xunto á súa noiva. Andrés quería volver ás súas raíces, á súa versión do paraíso, como di na súa web. Rooteiro é un roteiro polas súas raíces que invita a coñecer e gozar Galicia dun modo diferente. 

Que vos levou a emigrar e que vos trouxo de volta?

Estivemos case seis anos en Edimburgo, fumos a aprender inglés, a buscar traballo. Os dous últimos anos estudiei Turismo alí. Pero xa era hora de volver, eran seis anos alí e dixemos que era suficiente. E eu víalle o potencial que Galicia tiña, que se podían facer cousas aquí en turismo, e por eso me decidín a facer este proxecto.

En que consiste o proxecto que emprendiches?

Rooteiro son experiencias e rooteiros por Galicia para valorar o patrimonio que temos, tanto natural, cultural, como marítimo. É un turismo slow, levamos á xente a zonas que non estean moi saturadas para ensinar mellor o patrimonio que temos. 

Estudaches Turismo, tiñas claro antes de volver que querías poñer en marcha unha empresa así?

Ao principio botei currículos para traballar e ao non saírme nada decidín empezar este proxecto. Eu vin que aquí había potencial en turismo. Está enfocado ao turismo estranxeiro, estamos a empezar, aos poucos.

Tamén estás a proxectar Galicia no exterior, os teus clientes que opinan de Galicia?

Gústalles moito. Dos que tiven, o que máis me pediron son os roteiros do Albariño. Chegan aquí e todo é diferente. Xa tiven clientes de Hong Kong e gustoulles moito. Conseguinos porque teño os roteiros en TripAdvisor. Ao principio a web é difícil movela e que che compren, é moito traballo, é aos poucos, coesta mover as cousas. Unha vez que se colla a dinámica irá máis fácil todo.

Rooteiro beneficiouse das Axudas ao Retornado Emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración, como che decataches das axudas?, canto tardaches en poñelo en marcha?

Chegamos en xuño de 2018 e empecei co proxecto en xaneiro do ano pasado. E en xullo xa empecei a traballar. A ayuda a vin por internet. A de Emigración foi moi fácil de tramitar e tardaron pouco, dancha rápido. Presentei un plan de negocio, pedinas en abril ou xuño e en agosto xa tiña o diñeiro.

Son necesarias as axudas?, animan a decidirse a emprender?

Vén ben a axuda económica ao principio, se non é difícil, pedín a subvención e adiante!

Como ves o futuro en Galicia?

Co Xacobeo está a moverse todo bastante, ten moito potencial, estamos a saír pequenas empresas para darlle proxección a Galicia, hai que valorar o que temos, e eu creo que se vai a conseguir. Para o ano ten que ser bo.

Compartir

Antonio se reinventó en Galicia a través do emprendemento

  • Galicia é unha gran rexión para investir
23
Oct
2019

Antonio Vázquez Pérez, 58 años, nacido en Venezuela pero con ascendentes galegos, cóntanos a súa experiencia de emprendemento en Galicia 

Antonio, eres un claro exemplo de que un é capaz de  reinventarse as veces que sexa necesario, para saír adiante, verdade?
Pois si. Porque son avogado, e tras traballar 10 anos no Consello da Xudicatura nun Tribunal Penal, coa  chegada de Chaves ao poder, eliminouse devandito Consello; unha vez que quedei na rúa sen traballo, coa axuda da familia  investín e montei 3  proveedurias colexiais. Posteriormente veu o desastre en Venezuela e por motivo de seguridade da miña familia tiven que escapar dos grupos armados que tiñan identificados os manifestantes das protestas, ás cales nós  participabamos. Por esa razón volvín a España e montei unha tinturería e unha panadería.

"Nunha semana  malvendín os meus negocios, a miña casa  e o meu coche e vinme coa miña esposa e os meus 2 fillos a Lugo, a terra dos meus pais,  avós e  tatarabuelo"

Rexenta 3 librerías en Venezuela e economicamente íalle ben (despois de dedicarse á xudicatura).
A verdade é que económica e profesionalmente íame moi ben, pero o réxime quería acabar coa clase media a como dese lugar, que era a maioría que nos enfrontabamos a el. Así que nunha semana  malvendí os meus negocios, a miña casa  e o meu coche e vinme coa miña esposa e os meus 2 fillos a Lugo, a terra dos meus pais, avós e  tatarabuelo, á que acudiamos por certo con moita frecuencia. 

Como foi o de  reinventarse outra vez ao chegar a Galicia?
Pois cos aforros de toda unha vida, unha pequena axuda familiar,  os créditos outorgados polo banco Santander e a axuda que nos  dió a Xunta de Galicia como "Axudas a retornados" puiden montar a duras pena unha Panadería Pastelería, "Doa Vaniri", e á vez adquirín unha tinturería de nome "Vit- Sec", porque coa panadería os números non daban, para poder manter unha familia de 4 persoas. Por iso un segundo negocio era fundamental para poder subsistir.  A tinturería que a leva a miña esposa, que é Enxeñeiro Industrial, mención proceso e  TSU en Hixiene e Seguridade Industrial e entre os 2 imos saíndo adiante. Foinos duro empezar de cero, e unido a isto, os impostos aos autónomos son moi fortes. De todas maneiras, Galicia é unha gran rexión para investir.

Compartir

"Desde o primeiro día, gozo a miña estancia en Galicia, vivindo cada momento"

  • A bolsa BEME permitiume un mestrado en Dirección de Empresas en Galicia, e xa quedei.
25
Oct
2019

O seu soño sería levar a parte comercial entre nacións. Dayana Paz Vázquez .Naceu en Caracas, ten 23 anos, e leva xa 3 anos en Galicia. É filla e neta de ourensáns. Obtivo unha bolsa BEME no 2017 por importe de 7000 euro e chegou a Galicia no 2016 por primeira vez.  Dayana, estaba a traballar nunha axencia naviera en Caracas e profesionalmente estaba contenta, pero a situación de Venezuela inquietáballe, e vía que tiña que facer algo. Decatouse das bolsas BEME pola súa xefa, que era descendente de galegos igual que ela e comentoullo. É unha bolsa moi completa (díxolle), por que non che apuntas? 

Como foi a túa experiencia coas bolsas BEME?
Acabábame de graduar e a bolsa chegoume no momento xusto para poñerme a facer un máster. Sinto que foi o momento perfecto para emigrar. Foi unha oportunidade. Decáteme menos dun mes antes de comezar clases que me outorgaban a bolsa, polo que practicamente non tiven tempo de dixerir a noticia, entre arranxar todos os detalles da viaxe, e da chegada a España o menos que pensei foi en todo o que carrexaba para a miña esta bolsa. Desde o primeiro momento sabía que era a miña mellor oportunidade para emigrar, e que era moi probable que non regresase a Venezuela nun curto prazo. Era comezar de cero en lugar no que nunca estivera, completamente soa, pero que agradezo como ocorreu todo desde o primeiro momento, gozo a miña estancia en Galicia, vivindo cada momento.                

 "Dos meus compañeiros de mestrado,  catro eramos beneficiarias dunha bolsa BEME. Actualmente, tres  estamos a traballar en Galicia"

Foi moi difícil reunir os requisitos que pedían?
Os trámites persoais foron fáciles, porque tiña a dobre nacionalidade. En canto aos trámites académicos….iso xa foi máis complicado, porque me pedían todos os papeis apostilados, e iso leva un tempo. Aínda que tiven sorte e tanto na Xunta como na Universidade axudáronme a conseguilo seguindo os pasos aos poucos.

Que máster fixeches?
Un mestrado en Dirección de Empresas no Campus de Lugo. Termineino no 2018.

Cantas persoas había no mestrado?
20-25 persoas das cales 4 eramos beneficiarias dunha bolsa BEME. Actualmente 3 estamos a traballar en Galicia, e unha retornou.

Resultoulle fácil adaptarse?
Pois a verdade é que non. Foi un choque moi grande. Tívenme que afacer estudar dunha forma diferente. En Venezuela a avaliación é de forma continua e aquí avalíanche nunha semana (polo menos na época na que eu estudei o máster). Eu nunha semana tiven que facer os exames de todo un cuadrimestre. Por outra banda, non resulta fácil coñecer xente. Os inicios sempre son complicados.

En que está a traballar agora?
En contratos de substitución no Banco de Santander en Lugo, cidade na que resido actualmente aínda que non me importaría marcharme a outra cidade de Galicia.

Se puidese elixir en que lle gustaría traballar? A miña carreira está enfocada cara ao comercio exterior. O traballo dos meus soños sería levando a parte comercial entre nacións. Ou en calquera área de importación-exportación. Podería ser en medios de pago ou na área loxística. O tempo dirá. 

Compartir