• En Galicia sinto como na casa. Por fin a miña terra.
06
Mar
2020

Hai historias que veñen e van e outras que se tecen ao redor do tempo; algunhas son capaces de empezar aquí e terminar alá, cruzando un océano de incerteza e esperanza, antes de vir de volta arrastradas pola marea do retorno. Falamos de Galicia e de América; falamos de Mariana Doldán; 26 años. Uruguaia de nacemento; galega por vocación… e por familia. “Cando chegue a Galicia, por primeira vez na miña vida sentín que estaba onde debía estar, no lugar ao que pertencen as miñas raíces”. Pódese ser máis galega aínda nacendo en Montevideo?

Pero vaiamos por partes. Como diciamos, esta historia fórmase ao redor do Atlántico, empezando na provincia da Coruña. Alí, nunha España de guerra e de post guerra, marcada pola fame, o odio e as rifas, naceron Beatriz Lorenzo (1934) e Julio Doldán (1932). Ela fíxoo en Sada; el, en San Pedro de Nós, un pedaciño de terra pertencente ao municipio de Oleiros.  

Como todos os nenos -de esa e de calquera outra época-, a pesar das dificultades e a guerra, creceron felices, rodeados de amigos e de familia. E fixéronse adolescentes, logo mozos. E un día, nun baile calquera dunha festa calquera de Sada, coñecéronse. Pero para chegar ao final feliz do conto faltaba moito. Era a década dos 50, e a fame aínda apretaba.

As grandes masas de xente ocupando os peiraos do Porto de Vigo en busca dun futuro mellor, ou polo menos distinto, eran demasiado habituais.

Fotos anónimas nas que, unha mañá de xuño de 1957, con apenas 23 anos, viuse envolvida Beatriz Lorenzo. Vinte días de traxecto en familia ata Montevideo, e unha eternidade por vivir en Uruguai. E Julio? Máis do mesmo. Outra foto anónima doutra multitude desconocida partindo de Vigo cara un lugar por explorar. Neste caso Venezuela.

Podería pensarse que os dous cruzaran o charco. Con todo, para que se fagan unha idea, entre Caracas e Montevideo hai máis de 5.000 quilómetros en liña recta. Un mundo que percorreron entre cartas ata que, en 1959, Julio parte cara Uruguai para casarse co amor da súa vida. 

Dun baile en Sada a unha voda en Montevideo. Unha familia galega moi feliz e catro fillos (Julio, Andrés, Ricardo e Alejandra). O segundo, Andrés, casaría con Laura Cortada, e terían dous fillos. 

E isto devólvenos ao principio da historia, a Mariana Doldán, que, agora, para que o círculo sexa completo, está en Galicia cursando un Máster en xenómica e xenética dacabalo entre a Universidade de Santiago, a Facultade de Veterinaria de Lugo e a de Ciencias do Mar de Vigo.

O reencontro con Galicia

“En Uruguai traballaba de licenciada en nutrición e de administrativa de atención ao usuario nun seguro médico. E aínda con todo, non chegaba a un soldo para vivir e aforrar”, lembra Mariana. Tal vez por iso, cando se enterou das bolsas BEME –acrónimo do galego Bolsas Excelencia Mocidade Exterior- que ofrece a Xunta cada ano, non o dubidou. 

Tal vez tamén porque nunca perdera de vista as súas raíces: “Toda a miña infancia transcorreu coa colectividade, no centro galego Unión Hijos de Morgadanes de Montevideo”.

Alí aprendeu o que eran as vieiras, que os mondongos son callos ou como se baila a muiñeira. E lle gustaba. Ata o punto de dar clases de danza tradicional no propio centro. 

Non estraña, pois, que ao chegar a Galicia sentise “como na casa”. “Era como atopar o sitio no que debía estar. Por fin a miña terra”, argumenta alguén que pasou de nena a adulta bailando galego, cantando galego e tocando a pandeireta.

Ese primeiro encontro produciuse xa antes das BEME. Foi durante o verán de 2011 gracias ao programa Campamentos, agora Conecta con Galicia. Unha iniciativa impulsada polo goberno galego que cada ano permite a centos de mozos como Mariana volver á casa, a esa esquinita de península bañada a partes iguais polo océano e o mar da que un día fóronse os seus avós.

Un lugar inesperado

Unha Galicia que xa entón descubriu “máis cidade, menos agreste”, do que esperaba ou se imaxinou. “Cando cheguei á Coruña chamoume todo a atención. O comercio, o casco histórico… todo. Non era terra ou agricultura”, relata. 

“Galicia ten de todo. Praia, montaña, gastronomía… É incrible. Sempre me gustou desde a primeira vez que vin”. Desde ese 2011. 

Agora repite experiencia coas BEME, que a traen de volta a Galicia. “Cheguei a Vigo en agosto do ano pasado, a casa do meu tío avó Andrés Lorenzo, e a súa muller, Elena. De alí funme a Lugo coa súa filla, tamén Elena, e despois a Santiago, a casa do meu primo Pablo Sigüeiro Lorenzo”, lembra. E xa que falamos de Vigo non se pode resistir: “Fun a ver as luces. Che erizan a pel”. 

A conversación prosegue entre familias a ambos os dous lados do Atlántico. Os avatares da vida os foron empuxando aquí e alá. Ao seu tío avó, por exemplo, foi a ditadura militar de Uruguai a que o trouxo en 1974. “Traballaba nun xornal local en contra do réxime”, rememora Mariana. Igual que se acorda tamén doutro tío avó, xa falecido, en Cádiz. Pero esa, por afastada, é outra historia. 

Vivir en Galicia

A de Mariana segue en Galicia, a terra á que, sen sabelo, sempre quixo volver. E agora que volveu, non se quere marchar. O mellor, talvez, estea por vir. “Encantaríame seguir investigando; facer unha tese doutoral”, apunta. Un traballo que a ten inmersa na influencia xenética entre a obesidade e o cancro de mama. 

Aínda que tampouco descarta incorporarse ao mundo laboral. Mentres tanto, goza de Santiago coa su nai, por primeira vez en Galicia. Ambas percorren as rúas molladas, gozando das pedras sempre húmidas, sometidas ao dominio desa “choiva finita que se suspende no aire”.

E o resto da familia? O meu pai nunca volveu. Ten unha constructora en Uruguai, e é complicado. Tal vez cando se xubile. E o meu irmán Juan vai a empezar alá a Universidade, aínda que tal vez poida vir este verán grazas ao Conecta con Galicia”, resume Mariana. O fai feliz, gozando a cada sopro desa terra que sempre sentira como propia. Aínda antes de pisala. 

Compartir