• Hai 150 prazas para que os mozos galegos no exterior volvades e estudedes nunha universidade da comunidade
  • Podes tramitar a túa solicitude por vía electrónica ata o 30 de abril
06
Mar
2020

É a noticia que estabas a esperar desde o exterior. Pode que ata xa teñas toda a documentación que necesitas preparada. E é que, xa está aberto o prazo de solicitudes para as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME)! É unha oportunidade única para que os mozos universitarios galegos e descendentes de galegos que estades fóra volvades a Galicia e estudedes un máster nunha universidade da comunidade.

Que é o máis importante que hai que saber?

En primeiro lugar, que a Secretaría Xeral da Emigración convoca 150 prazas, 150 oportunidades para empezar un novo rumbo académico e profesional en Galicia. E é que o teu talento galego debe estar en Galicia!

Ten en conta que para poder optar a esta beca, ademais da túa orixe galega, debes cumprir unha serie de requisitos, entre eles ter un título universitario, menos de 40 anos e acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores a que presentes a solicitude.

Outro requisito que debes cumprir con carácter previo á concesión da bolsa é estar aceptado na preinscrición nun máster universitario dos ofertados na convocatoria para o curso 2020/2021. Así que tes que facer dúas solicitudes, a de a Beme e a do máster.

Que podes estudar nas universidades galegas?

Consulta aquí a lista completa dos que se imparten na Universidad da Coruña, na Universidad de Santiago e na Universidade de Vigo.

No momento de cubrir a solicitude da bolsa simplemente terás que indicar o nome dun máster ou másteres nos que vas a pedir a túa admisión.

Con posterioridade terás que matricularte e enviar o xustificante. Esta e outras cuestións importantes as podes resolver facendo clic nesta páxina, onde atoparás unha guía completa de todo o proceso e as respostas ás dúbidas que se che presenten sobre os prazos, trámites e documentación e o pago da bolsa.

E se te preguntas canto vas a recibir para estudar en Galicia, le con atención. O importe é de 7.000 euros, se o teu país de procedencia é europeo, ou 7.650 para o resto de países por curso completo de 60 créditos ECTS, e destínase aos gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención. Se te matriculas nun curso de maior duración, 90 créditos, disporás dunha subvención de 10.500 ou 11.475 euros, segundo veñas de Europa ou non.

Lembra que tes ata o 30 de abril, exactamente ata as 23.59, para rexistrar a túa solicitude por vía telemática.

Xa che convenciches de que o teu futuro está en Galicia? Segue os pasos dos que o fixeron xa.

Compartir