• A bolsa BEME permitiume un mestrado en Dirección de Empresas en Galicia, e xa quedei.
25
Oct
2019

O seu soño sería levar a parte comercial entre nacións. Dayana Paz Vázquez .Naceu en Caracas, ten 23 anos, e leva xa 3 anos en Galicia. É filla e neta de ourensáns. Obtivo unha bolsa BEME no 2017 por importe de 7000 euro e chegou a Galicia no 2016 por primeira vez.  Dayana, estaba a traballar nunha axencia naviera en Caracas e profesionalmente estaba contenta, pero a situación de Venezuela inquietáballe, e vía que tiña que facer algo. Decatouse das bolsas BEME pola súa xefa, que era descendente de galegos igual que ela e comentoullo. É unha bolsa moi completa (díxolle), por que non che apuntas? 

Como foi a túa experiencia coas bolsas BEME?
Acabábame de graduar e a bolsa chegoume no momento xusto para poñerme a facer un máster. Sinto que foi o momento perfecto para emigrar. Foi unha oportunidade. Decáteme menos dun mes antes de comezar clases que me outorgaban a bolsa, polo que practicamente non tiven tempo de dixerir a noticia, entre arranxar todos os detalles da viaxe, e da chegada a España o menos que pensei foi en todo o que carrexaba para a miña esta bolsa. Desde o primeiro momento sabía que era a miña mellor oportunidade para emigrar, e que era moi probable que non regresase a Venezuela nun curto prazo. Era comezar de cero en lugar no que nunca estivera, completamente soa, pero que agradezo como ocorreu todo desde o primeiro momento, gozo a miña estancia en Galicia, vivindo cada momento.                

 "Dos meus compañeiros de mestrado,  catro eramos beneficiarias dunha bolsa BEME. Actualmente, tres  estamos a traballar en Galicia"

Foi moi difícil reunir os requisitos que pedían?
Os trámites persoais foron fáciles, porque tiña a dobre nacionalidade. En canto aos trámites académicos….iso xa foi máis complicado, porque me pedían todos os papeis apostilados, e iso leva un tempo. Aínda que tiven sorte e tanto na Xunta como na Universidade axudáronme a conseguilo seguindo os pasos aos poucos.

Que máster fixeches?
Un mestrado en Dirección de Empresas no Campus de Lugo. Termineino no 2018.

Cantas persoas había no mestrado?
20-25 persoas das cales 4 eramos beneficiarias dunha bolsa BEME. Actualmente 3 estamos a traballar en Galicia, e unha retornou.

Resultoulle fácil adaptarse?
Pois a verdade é que non. Foi un choque moi grande. Tívenme que afacer estudar dunha forma diferente. En Venezuela a avaliación é de forma continua e aquí avalíanche nunha semana (polo menos na época na que eu estudei o máster). Eu nunha semana tiven que facer os exames de todo un cuadrimestre. Por outra banda, non resulta fácil coñecer xente. Os inicios sempre son complicados.

En que está a traballar agora?
En contratos de substitución no Banco de Santander en Lugo, cidade na que resido actualmente aínda que non me importaría marcharme a outra cidade de Galicia.

Se puidese elixir en que lle gustaría traballar? A miña carreira está enfocada cara ao comercio exterior. O traballo dos meus soños sería levando a parte comercial entre nacións. Ou en calquera área de importación-exportación. Podería ser en medios de pago ou na área loxística. O tempo dirá. 

Compartir