Becaria Beme
Diana Benítez Carballeira
Venezuela
A de Diana Benítez Carballeira é unha máis das múltiples historias de galegos ou fillos de galegos que un día tiveron que partir e que agora volven a casa para continuar aquí coa súa vida e os seus proxectos. Neste caso, grazas a unha das bolsas BEME que cada ano ofrece a Xunta de Galicia
Belén Casal
Belén Casal
Belén Casal, Uruguay, becaria BEME
A historia de Belén Casal, 31 anos, é un compendio da emigración: de Galicia cara a América e do outro lado de Atlántico cara á nosa terra. Hoxe goza da súa familia e mira cara ao futuro con optimismo. Faio tras volver a casa grazas a unha bolsa BEME
Valentina Pita 2
Valentina Pita 2
Venezuela, becaria BEME
Valentina Pita naceu en Venezuela hai apenas 23 anos, estudou en México e vive agora en Galicia, “punto de encontro”, espera, para toda a súa familia, e onde volveu grazas a unha bolsa BEME
Con su abuelo
Con su abuelo
Karol Farias (Salvador de Baía, 1979) esconde varios relatos circulares: o persoal, que transita nun ida e volta que une Galicia con Brasil; e o profesional, baseado nunha visión da moda sustentada na propia economía circular. Un proxecto que impulsou grazas ao apoio da Xunta
Juan Carlos Santiago
Juan Carlos Santiago
Camino de Santiago Semana Santa 2021
Juan Carlos Pesquera Lorenzo naceu en Caracas en 1994 e hoxe vive na nosa terra, onde chegou grazas a unha bolsa BEME que lle abriu as portas dunha vida mellor; un destino que, en certa medida, xa intuía grazas ao relato da súa avoa
Ágata Tubio
Ágata Tubio
Ágata Tubio, Buenos Aires, becaria BEME
Ágata Tubio (Buenos Aires, 1991) nunca pisara a nosa terra ata que as bolsas BEME ofrecéronlle a oportunidade; con todo, grazas aos seus avós, xa era galega antes de selo: eles ensináronlle costumes e comidas e faláronlle dese “verde” do que agora goza desde aquí
Henar María Morell Pereira
Henar María Morell Pereira
Galicia, becaria BEME
Henar María Morell Pereira (Nigrán, 1988) ten unha historia moi de emigración e moi galega; un relato de miles de quilómetros que arrinca e finaliza na nosa terra grazas a unha das bolsas BEME, que cada ano ofrece a Xunta para facilitar a volta a casa de centos de mozos galegos
María José Castro Valencia
María José Castro Valencia
Galicia, becaria Beme
María José Castro Valencia naceu en Poio, estudou en Pontevedra e traballou en Londres. Un círculo que esta mestra en Educación Primaria busca pechar agora volvendo a casa grazas a unha bolsa BEME
Evelyn Canessi Castro
Evelyn Canessi Castro
Uruguaya, becaria BEME
Evelyn Canessi Castro ten 29 anos e unha vida entre dúas terras, “metade galega, metade uruguaia”. O seu relato é un continuo ir e vir entre ambas as beiras do Atlántico e, por agora, conclúe aquí grazas a unha bolsa BEME
Iria Salgueiro Abal
Iria Salgueiro Abal
Galicia, becaria BEME
A de Iria Salgueiro Abal é unha desas historias do século XXI, cargada de ritmo e de lugares antes de retornar a Galicia grazas a unha BEME, bolsas que promove o goberno galego para traer de volta a casa aos mozos do exterior