• A historia de Belén Casal, 31 anos, é un compendio da emigración: de Galicia cara a América e do outro lado de Atlántico cara á nosa terra. Hoxe goza da súa familia e mira cara ao futuro con optimismo. Faio tras volver a casa grazas a unha bolsa BEME
26
Nov
2020
Belén Casal con el diploma acreditativo de la beca BEME.

A súa infancia son recordos dunha letra de Perales. Acordes que cheiran a cana e a café ; a guayaba, a pel morena e a tabacou. A futuro e liberdade, polo menos ao daquela ‘América’ soñada polo artista fai case 30 anos. “Cando era moza en casa escoitábase moito a Perales. ‘América’ era unha das cancións que máis soaba, e a min evocábame á miña outra terra, a Europa, a Galicia, a aquilo afastado e querido”, lembra Belén Casal, un compendio da emigración en apenas 31 anos.

Porque Belén, como tantos outros, é galega de Montevideo; ou uruguaia de Compostela, que máis dá. Aínda que sería máis correcto falar de Barciademera, o pobo de Eduardo Casal, o seu pai. Ou de Piñeiro de Areas, a segunda terra de María Gil, a súa nai. Dous pedacitos de mundo apenas separados por cinco quilómetros de fincad e montaña.  

María nacera en Uruguai, pero pasaba longas tempadas en Galicia. Eduardo era deaquí , onde a súa familia rexentaba unha panadaría. No medio, como nexo de unión de dúas historias tan próximas, aínda sen sabelo, unha festa do pobo. “Coñecéronse aí de adolescentes, e casaron en Vigo anos máis tarde, en 1972”, pecha o círculo Belén.  

Un matrimonio do que sairían 4 fillos -a propia Belén, que é a pequena; Pablo, María e Francisco-, nun constante ir e vir entre Galicia e Uruguai. “Co terceiro, os meus pais decidiron quedar alí. Volviamos no verán”, detalla Belén, que inicia entón o seu “lazo afectivo con Galicia”. Recordos que van e vénn, “non tanto de acentos senón de cheiros”. Aromas de xullo e agosto que cheiran a monte e a praza… a Perales.

E para matar a morriña, xorde entón o Centro galego de Montevideo, coas súas clases de baile: “O meu outra familia”. O tempo pasa e os lazos estréitanse a través de diferentes programas que vai ofrecendo a Xunta: Escolas Abertas, monitora nos Campos de traballo… “Estas actividades acompañan a túa vida, reforzan os lazos con Galicia que quedan para sempre na memoria psicoafectiva. Séntesche moi preto, máis aló dos quilómetros. Sentes como teus os dous países”.

E talvez chega un a comprendelos e querelos até o punto de realizar o traballo final de carreira -Comunicación Social alá, Xornalismo, aquí- sobre os emigrados galegos a Uruguai entre os 40 e os 60. Un instante na vida de Belén no que se cruza outra deses ensinos que ás veces nos golpea de modo inesperado, como un refacho de aire frío no inverno; como a fame despois dunha comida.

A familia de Belén no pobo, na década dos 60.
O seu pai e os seus avós.
De nena coa súa familia.

“Díxomo unha das señoras coas que falei, e non se me esquecerá nunca: ‘Cando foi a emigración, sentín que moitos tivemos que baixar do barco para que se mantivese á boia’”. Unha metáfora perfecta daquela Galicia en branco e negro, que apuraba os problemas de postguerra buscando un futuro mellor noutro lado. Nunha América irmá, sempre hospitalaria.

A oportunidade de volver a casa

Tórnalas agora cambiaron, e os fillos e os netos daqueles que un día tiveron que partir para que o barco non se afundise, retornan hoxe a Galicia para impulsar aquí os seus proxectos vitais e profesionais.

É tamén o caso de Belén, que grazas ás bolsas BEME, que cada ano ofrece a Xunta para que a mocidade galega no exterior poida cursar aquí os seus estudos de posgrao, volveu a casa. E fíxoo en compañía do seu marido, Juan Manuel, e a súa filla, Elisa. “Galicia deunos a oportunidade de retornar pechando o círculo”.

Un círculo, iso si, perfecto, cun máster na Universidade de Santiago finalizada cun traballo sobre os emigrantes retornados e a súa integración social en función dos estudos. Como non. Porque preto xa de devorar o primeiro cuarto do século XXI, hai barcos que continúan ameazando con afundirse. Pero xa non é Galicia, que pasou de ser os recordos de Perales e os cheiros a montaña e a verde, a converterse nunha “realidade maior que a expectativa”.

Coa súa familia xa en Galicia.
Coa súa nai.
Co seu marido e a súa filla.

“Ti elixes Galicia, pero tamén Galicia escólleche a ti”, subliña Belén á vez que defende a calidade humana e o sentido de comunidade da nosa terra, “o lugar idóneo para facer crecer a nosa familia”. “Recomendaríallo a todas as familias. É un lugar marabilloso”.

Identikit verbal: proxecto de empresa e de familia

Tanto como para montar a túa propia empresa. Algo que Juan Manuel e Belén non dubidaron en facer e para o que contaron coa axuda do programa de retorno emprendedor que ofrece tamén o Goberno galego.

“Viñemos con moito traballo de Uruguai. E agora puxemos en marcha o noso proxecto -Identikit verbal-, sobre identidade verbal de empresa: como se constitúe, define e presenta unha compañía no seu ámbito comunicacional. Cal é a súa narrativa; cales os seus atributos e cómo vainos a comunicar”, detalla Belén.

Unha inserción laboral que ela mesma define como “un desafío”, pero que está disposta a afrontar en compañía dos seus para seguir aquí, nesa Galicia evocada por Perales cando cantaba a América. Curiosidades da vida; ou de dúas terras irmás que non fan máis que estrañarse eternamente.

Compartir