Benvido á realidade do teletraballo, estás preparado?

  • A nova situación á que abocou o coronavirus é toda unha revolución social e laboral
01
Apr
2020

O teletraballo chegou para quedarse, eso si de xeito forzoso e por culpa do coronavirus, e o certo é que está resultando un choque de realidade, sobre todo nos fogares. Porque, quen estaba preparado para afrontar esta maneira de traballar? Quizá si o 10% dos galegos, unhas 112.500 persoas que xa o facían habitualmente, pero e cos nenos na casa?  Organización, concentración, conciliación, chamadas e videoconferencias, que Internet tire para todos, e por suposto, crear unha oficina no fogar. O cambio é unha auténtica revolución. Benvido a unha nova realidade: o teletraballo en tempos de coronavirus.

O primeiro que tes que facer, ademais de concienciarte, é adaptar un espazo na casa destinado só a traballar e facer equipo coa familia para que poidas cumprir uns horarios e non baixar a productividade. Suponse que é como se non estiveras...

Así que organiza e planifica que horas do día vas a adicar ás tarefas laborais e cales á túa familia e á casa, principais focos de distracción aos que te terás que enfrontar. Todo un reto.

Pero hai que ser positivos e crear hábitos e disciplinas para poder conciliar neste novo escenario que se impuxo. Lembra que #istoosuperamosunidos. E ten que ser así en todas as frontes. Iso si, nada de traballar en pixama! Aínda que non teñas videoconferencias!

  • Se xa tes un lugar no que traballar ou o tiveches que adaptar non menos importante é a equipación que precisas, incluida unha cadeira que axude ás túas costas a soportar as horas laborais na casa. Pode que polo teu emprego a túa empresa habilitase unha plataforma de teletraballo con equipo informático na casa e tamén o desvío de teléfonos, pero tamén pode ser que necesites ferramentas tecnolóxicas que facilitarán o desempeño das túas tarefas en remoto. Estas son algunhas das que poderás necesitar:
  • A comunicación non para en tempos de coronavirus, de feito, acabarás botando de menos esa relación interpersoal a nivel profesional, así que preparáte para botar man de videoconferencias, audioconferencias ou chats para facer tarefas grupais en modo virtual. Sempre hai que aforrar tiempo e aumentar a eficiencia. Seguro que xa coñeces Skype ou Hangouts, pero tamén como exemplos de aplicacións para estas tarefas existen Jitsi ou Zoom
Para unha implantación efectiva do teletrabajo usa as ferramentas que máis domines ou sobre as que teñas referencias para minimizar o esforzo de adaptación. É unha recomendación que vale para todas.
  • Seguindo co traballo en equipo necesitarás a nube para almacenar e poder compartir información cos teus compañeiros ou clientes. Tamén transferir arquivos para enviar documentos de maior tamaño a varias persoas. Tes varios recursos ao teu alcance: Nextcloud, Drive, Dropbox, Onedrive, Wetransfer. Sóanche, verdade?
  • Outra recomendación de aplicacións é a que se refire á xestión de tarefas en equipo e de proxectos. Permiten unha maior eficiencia e facilitan a dixitalización das mesmas. Axudarante Trello ou Slack. Para xestionar proxectos de forma colaborativa e que a información esté actualizada están Taiga e Basecamp. E para crear de forma telemática e simultáneamente documentos, follas de cálculo e presentaciones, Microsoft Office 365 e GSuite. Fan posible o traballo en equipo sobre unha mesma versión do documento.
  • E por último e a modo de recordatorio, ten en conta que para traballar en casa necesitas unha navegación segura, así que usa só a conexión do teu domicilio ou a que che presta a túa empresa e evita asimesmo o acceso a páxinas dubidosas ou os correos electrónicos sospeitosos. Os virus tecnolóxicos tamén están aí fóra!
Compartir

A atención aos galegos no exterior segue máis activa que nunca!

  • Tedes á vosa disposición varios correos electrónicos para consultas sobre temas de emigración ou retorno e números de teléfono para casos máis urxentes ou graves
30
Mar
2020

O máis de medio millón de galegos que vivides repartidos polo mundo seguro que estos días seguides con preocupación non só como está afectando a pandemia do coronavirus aos países nos que residides, tamén a Galicia e ás vosas familias. É un problema global que afecta a todos, e para tentar paliar a vosa situación, vós, por encontrarvos tan lonxe da vosa terra, tendes que saber que a atención que necesita a diáspora segue activa e reforzándose desde Galicia. 

Estabades tramitando algunha axuda económica ou bolsa para os gallegos no exterior? Tendes pensado regresar á comunidade e agora non sabedes como proceder?

A Secretaría Xeral da Emigración está respondendo e tramitando con todos os recursos dispoñnibles neste momento todas as consultas que están chegando tanto referidas ao ámbito da emigración como do procedemento de retorno. 

Xa sabedes que as Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno das catro provincias galegas están pechadas, tamén as delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai deixaron de atender aos emigrantes de maneira presencial, como medida preventiva. Con todo, para continuar respondendo á demanda de consultas ou dúbidas que poidades facer chegar tomade nota da seguinte información. Son correos electrónicos e números de teléfono aos que vos podedes dirixir, eso si, tende en conta que o volume de cuestións pódese incrementar nestes momentos de crise así que recoméndase que as chamadas telefónicas se empreguen en caso de causas extraordinarias ou de maior gravidade para garantizar a óptima operatividade do sistema de atención que se vos ten que prestar.

Se as vosas consultas se refiren a temas de emigración, como poden ser a tramitación das axudas individuais aos galegos no exterior ou os distintos programas para visitar Galicia, tendes estas formas de contacto á vosa disposición:

  • Para consultas de información xeral

Correo electrónico: oficina.emigracion@xunta.es

Teléfono: 0034 981 547268

  • Para consultas sobre axudas a entidades galegas

Correo electrónico: emigracion.subvenciones@xunta.gal

Teléfono: 0034 981 545833

Se estabades planeando o voso retorno a Galicia ou o fixestes recentemente e necesitades axuda e orientación, esta tampouco para e o equipo especializado que vos atende presencialmente nas Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno segue operativo a través do correo electrónico para darvos as respostas que estades buscando.

  • Para consultas xerais sobre retorno

Correo electrónico: retorno.emigracion@xunta.es

Teléfono: 0034 981 957 162

  • Para consultas ás diferentes sedes da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Galicia

Santiago: oficinaretorno.emigracion.santiago@xunta.gal

A Coruña: oficinaretorno.emigracion.coruna@xunta.gal

Ourenseoficinaretorno.emigracion.ourense@xunta.gal

Vigo: oficinaretorno.emigracion.vigo@xunta.gal

Lugo: oficinaretorno.emigracion.lugo@xunta.gal

Como comentabamos as Delegacións da Xunta no exterior tamén se viron obrigadas a pechar ao público, pero vos atenden a través do correo electrónico. 

  • Para consultas á Delegación da Xunta na Arxentina

Correo electrónico: delegacion.buenosaires@xunta.es

  • Para consultas á Delegación da Xunta en Uruguay

Correo electrónico: delegacion.montevideo@xunta.es

Seguiremos informando de calquera cambio, pero lembra, a atención aos galegos no exterior segue máis que activa desde Galicia. Non estades sós!

 

Compartir

Consulta por correo electrónico todo o que necesitas saber no teu retorno

  • As Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno das catro provincias permanecen pechadas ao público como medida preventiva polo coronavirus, pero a atención non se paraliza
27
Mar
2020

A pandemia do coronavirus obrigou a pechar ao público as Oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno nas cuatro provincias como medida preventiva, pero tes que saber que a atención que se te pode prestar non se paraliza. Se necesitas axuda e orientación podes dirixirte ao personal cualificado a través dos correos electrónicos habituais de cada centro. Deste modo resolverán todas as consultas relativas aos programas e axudas da Secretaría Xeral da Emigración dirixidas aos emigrantes retornados e ás vosas familias.

Estes son os correos electrónicos:

Para información xeral: retorno.emigracion@xunta.es

Información das diferentes oficinas de Galicia:

Santiago: oficinaretorno.emigracion.santiago@xunta.gal

A Coruña: oficinaretorno.emigracion.coruna@xunta.gal

Ourenseoficinaretorno.emigracion.ourense@xunta.gal

Vigo: oficinaretorno.emigracion.vigo@xunta.gal

Lugo: oficinaretorno.emigracion.lugo@xunta.gal

Lembra que os técnicos que forman parte das Oficinas integrais de asesoramento e seguimiento ao retorno están encargados de responder a todas as demandas e necesidades que o regreso a Galicia os plantexa a toda a familia e de orientarvos nos ámbitos laboral, social e educativo.

Compartir

Estes son os trinta perfís profesionais do futuro en Galicia

  • Avogado tecnolóxico, deseñador de órganos e tecidos, especialista en goberno dixital ou en innovación educativa son só algúns dos exemplos dos novos roles profesionais que protagonizarán o futuro de Galicia para a próxima década.
13
Apr
2020

Avogado tecnolóxico, deseñador de órganos e tecidos, especialista en goberno dixital ou en innovación educativa son só algúns dos exemplos dos novos roles profesionais que protagonizarán o futuro de Galicia para a próxima década.

Se aínda non te respondiches á pregunta que quero ser de maior? ou estás buscando o camiño que che traia de volta a Galicia le con atención porque vas saber cales son os perfís que máis demandarán as empresas a medio prazo.

A Consellería de Educación e a Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) elaboraron o Catálogo de perfís profesionais de futuro para adaptar o mapa de titulacións universitarias de cara á demanda que farán durante a próxima década os sectores estratéxicos galegos. Trátase dun estudio pioneiro para analizar se as carreiras actuais responden ás necesidades do futuro e deseñar  ou redefinir un novo mapa de cara ao 2030.

Foto de CoWomen en Pexels

Os 30 perfís definidos pertencen aos sectores da economía galega onde se prevé que haberá un maior crecemento de traballo para os titulados universitarios: saúde; TIC; sector público; biotecnoloxía; e educación, e concentrarán entre todos preto do 70% do emprego de titulados superiores de Galicia.

Deles destacan os perfís profesionais directamente relacionados co impacto das tendencias tecnolóxicas, como a IoT, el big data, a ciberseguridade, a automatización, a robótica e a intelixencia artificial. 

  • Roles tranversais e específicos
    Dieciséis son roles tranversais, é dicir, con cabida en todos os sectores. Estes son: arquitecto big data; científico de datos; técnicos, expertos ou especialistas en automatización industrial; en blockchain; en ciberseguridade; en economía circular; en experiencia do cliente; en fabricación aditiva; en intelixencia artificial; en IoT; en materiais avanzados; en nanotecnoloxía; en realidade extendida; en robótica; en sistemas aéreos non tripulados; e especialistas en sistemas de tempo real.

    Os outros catorce son roles específicos que demandarán as empresas: abogado tecnolóxico; biotecnólogo de alimentos; deseñador de órganos e tecidos; xenómico; e técnicos, expertos ou especialistas en construcción sostible; en cronicidade e novos modelos de atención; en e-health; en goberno dixital; en innovación educativa; en sistemas alternativos de propulsión; en smart grids; en téxtiles intelixentes; en tratamento avanzado de augas; e especialistas en vehículos autónomos.

  • Competencias dixitais e persoais
    Máis da metade dos perfís profesionais definidos como o futuro para Galicia teñen como base as competencias STEAM, é dicir, as tecnolóxicas e científicas combinadas coas asociadas á arte e á creatividade e ao deseño.

Tes que saber que o mapa de titulacións xa traballa con esta tendencia e de feito este curso podes estudar en Galicia catro novas carreiras relacionadas con estas competencias: o grao en Ciencia e Enxeñería de Datos no campus da Coruña; o grao en Creación Dixital, Animación e Videxogos na Coruña; o grao en Gestión Dixital de Información e Documentación no campus de Ferrol; e o grao en Robótica en Lugo.

A Consellería de Educación está desenvolvendo a estratexia STEM máis ambiciosa de toda España, enmarcada en Edudixital 2020, a través da que a robótica e a formación nas TIC están implantadas xa nos centros de Primaria e Secundaria de Galicia para espertar desde pequenos as vocacións científicas e tecnolóxicas.

As soft skills ou competencias persoais como o traballo en equipo e o pensamento crítico ou a responsabilidade ambiental e social, son aptitudes que sumarán e determinarán a túa contratación no futuro, sen esquecer que o inglés xa non será un complemento do teu currículum, senón un requisito “sine qua non”. 

Compartir

Todo o que necesitas saber sobre as eleccións galegas nunha soa web

  • A Xunta habilita tamén o teléfono 900 825 520 para consultas dos electores
03
Mar
2020

Para resolver calquera dúbida que se che presente ou atopar toda a información imprescindible para votar nas próximas eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril, a Xunta acaba de lanzar unha páxina web e un número de teléfono para o elector, o 900 825 520.

En eleccionsgalicia2020.gal tes á túa disposición temas fundamentais no proceso como o voto por correo para os galegos que residides en España ou temporalmente no estranxeiro, así como para os que figurades inscritos no Censo Electoral dos Residentes Ausentes (CERA).

A páxina tamén permite descargar os formularios que se poidan necesitar, e recolle información sobre os trámites co censo, os impresos electorais, a consulta de colexios e mesas e a lexislación vixente.

Navega e le o apartado de preguntas frecuentes e ante calquera dúbida podes dirixirte tamén ao chat que incorpora a web.

A información irase actualizando a medida que avance o proceso electoral.

Lembra que o prazo está aberto ata o 7 de marzo para que pidades o voto os inscritos no CERA e os galegos que vos atopades temporalmente no exterior. Consulta todos os prazos e o calendario electoral en eleccionsgalicia2020.gal.

Compartir

Por que necesito o Certificado de Emigrante Retornado?

  • O Certificado de Emigrante Retornado (CER) é un documento que debes solicitar se regresas dun país que non sexa da Unión Europea, Espacio Económico Europeo (Noruega, Islandia e Liechtenstein), Suiza ou Australia, e que é imprescindible para a túa inserción laboral.
28
Sep
2019

Con este documento acreditas a túa condición de cidadán español que emigrou para traballar e que regresa definitivamente ao seu país.

O CER recolle a data da última saída de España, a data de retorno, o tempo traballado no país ao que emigraches, o tempo de ocupación cotizado, e información de que como traballador non tes dereito á prestación por desemprego no país do que volves.

Para que serve

Este documento é necesario para que podas participar nas convocatorias de axudas ante as administracións estatais, autonómicas e locais. Por exemplo, debes tramitalo para solicitar algunha destas prestacións, e se reúnes os requisitos establecidos en cada caso:

  • A prestación por desemprego de nivel contributivo.
  • O subsidio por desemprego para emigrantes retornados
  • A renta activa de inserción.

É recomendable que pidas o certificado nada máis regresar a Galicia, porque ten unha validez de dous anos. 

Documentación

Podes solicitalo ante a Área de Traballo e Inmigración da Delegación ou Subdelegación do Goberno acreditando os seguintes puntos:

  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Ter a nacionalidade española durante o tempo traballado no estranxeiro. 

No caso de fillos e netos de emigrantes, para un primeiro retorno a España para fixar a súa residencia permanente, terase en conta a actividade laboral desde que adquiriron a nacionalidade española sempre que estean inscritos no Rexistro de Matrícula Consular.

  • Data da última saída de España, mediante presentación de pasaporte ou documento xustificativo.
  • Data do retorno a España, probada co billete de avión e o pasaporte cos selos de saída e entrada. A baixa no Rexistro de Matrícula Consular non é proba suficiente.
  • Traballo realizado no estranxeiro e duración do mesmo acreditados mediante contratos, certificados ou cotización á Seguridade Social, debidamente legalizados antes do retorno.
  • Declaración responsable do país de orixe de que non percibes prestación por desemprego.

No caso de que retornes dos países da UE, Espacio Económico Europeo, Suiza ou Australia (con autorización de residencia permanente neste país) non necesitarás o CER para acceder á prestación de desemprego porque acreditarás o teu traballo no exterior a través dos seguintes formularios:

  • Formulario U1 se procedes da UE ou Suiza.
  • Formulario E301 se procedes de Noruega, Islandia ou Liechtenstein.
  • Formulario “Verification of working life residence in Australia” se retornas de Australia con residencia permanente.

 

Compartir