- Avogado tecnolóxico, deseñador de órganos e tecidos, especialista en goberno dixital ou en innovación educativa son só algúns dos exemplos dos novos roles profesionais que protagonizarán o futuro de Galicia para a próxima década.
Avogado tecnolóxico, deseñador de órganos e tecidos, especialista en goberno dixital ou en innovación educativa son só algúns dos exemplos dos novos roles profesionais que protagonizarán o futuro de Galicia para a próxima década.
Se aínda non te respondiches á pregunta que quero ser de maior? ou estás buscando o camiño que che traia de volta a Galicia le con atención porque vas saber cales son os perfís que máis demandarán as empresas a medio prazo.
A Consellería de Educación e a Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) elaboraron o Catálogo de perfís profesionais de futuro para adaptar o mapa de titulacións universitarias de cara á demanda que farán durante a próxima década os sectores estratéxicos galegos. Trátase dun estudio pioneiro para analizar se as carreiras actuais responden ás necesidades do futuro e deseñar ou redefinir un novo mapa de cara ao 2030.
Os 30 perfís definidos pertencen aos sectores da economía galega onde se prevé que haberá un maior crecemento de traballo para os titulados universitarios: saúde; TIC; sector público; biotecnoloxía; e educación, e concentrarán entre todos preto do 70% do emprego de titulados superiores de Galicia.
Deles destacan os perfís profesionais directamente relacionados co impacto das tendencias tecnolóxicas, como a IoT, el big data, a ciberseguridade, a automatización, a robótica e a intelixencia artificial.
- Roles tranversais e específicos
Dieciséis son roles tranversais, é dicir, con cabida en todos os sectores. Estes son: arquitecto big data; científico de datos; técnicos, expertos ou especialistas en automatización industrial; en blockchain; en ciberseguridade; en economía circular; en experiencia do cliente; en fabricación aditiva; en intelixencia artificial; en IoT; en materiais avanzados; en nanotecnoloxía; en realidade extendida; en robótica; en sistemas aéreos non tripulados; e especialistas en sistemas de tempo real.Os outros catorce son roles específicos que demandarán as empresas: abogado tecnolóxico; biotecnólogo de alimentos; deseñador de órganos e tecidos; xenómico; e técnicos, expertos ou especialistas en construcción sostible; en cronicidade e novos modelos de atención; en e-health; en goberno dixital; en innovación educativa; en sistemas alternativos de propulsión; en smart grids; en téxtiles intelixentes; en tratamento avanzado de augas; e especialistas en vehículos autónomos.
- Competencias dixitais e persoais
Máis da metade dos perfís profesionais definidos como o futuro para Galicia teñen como base as competencias STEAM, é dicir, as tecnolóxicas e científicas combinadas coas asociadas á arte e á creatividade e ao deseño.
Tes que saber que o mapa de titulacións xa traballa con esta tendencia e de feito este curso podes estudar en Galicia catro novas carreiras relacionadas con estas competencias: o grao en Ciencia e Enxeñería de Datos no campus da Coruña; o grao en Creación Dixital, Animación e Videxogos na Coruña; o grao en Gestión Dixital de Información e Documentación no campus de Ferrol; e o grao en Robótica en Lugo.
A Consellería de Educación está desenvolvendo a estratexia STEM máis ambiciosa de toda España, enmarcada en Edudixital 2020, a través da que a robótica e a formación nas TIC están implantadas xa nos centros de Primaria e Secundaria de Galicia para espertar desde pequenos as vocacións científicas e tecnolóxicas.
As soft skills ou competencias persoais como o traballo en equipo e o pensamento crítico ou a responsabilidade ambiental e social, son aptitudes que sumarán e determinarán a túa contratación no futuro, sen esquecer que o inglés xa non será un complemento do teu currículum, senón un requisito “sine qua non”.