- As Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno das catro provincias permanecen pechadas ao público como medida preventiva polo coronavirus, pero a atención non se paraliza
A pandemia do coronavirus obrigou a pechar ao público as Oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno nas cuatro provincias como medida preventiva, pero tes que saber que a atención que se te pode prestar non se paraliza. Se necesitas axuda e orientación podes dirixirte ao personal cualificado a través dos correos electrónicos habituais de cada centro. Deste modo resolverán todas as consultas relativas aos programas e axudas da Secretaría Xeral da Emigración dirixidas aos emigrantes retornados e ás vosas familias.
Estes son os correos electrónicos:
Para información xeral: retorno.emigracion@xunta.es
Información das diferentes oficinas de Galicia:
Santiago: oficinaretorno.emigracion.santiago@xunta.gal
A Coruña: oficinaretorno.emigracion.coruna@xunta.gal
Ourense: oficinaretorno.emigracion.ourense@xunta.gal
Vigo: oficinaretorno.emigracion.vigo@xunta.gal
Lugo: oficinaretorno.emigracion.lugo@xunta.gal
Lembra que os técnicos que forman parte das Oficinas integrais de asesoramento e seguimiento ao retorno están encargados de responder a todas as demandas e necesidades que o regreso a Galicia os plantexa a toda a familia e de orientarvos nos ámbitos laboral, social e educativo.