Xa podes pedir a túa bolsa Beme e facer un máster en Galicia! Convocatoria aberta

  • Hai 150 prazas para que os mozos galegos no exterior volvades e estudedes nunha universidade da comunidade
  • Podes tramitar a túa solicitude por vía electrónica ata o 30 de abril
06
Mar
2020

É a noticia que estabas a esperar desde o exterior. Pode que ata xa teñas toda a documentación que necesitas preparada. E é que, xa está aberto o prazo de solicitudes para as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME)! É unha oportunidade única para que os mozos universitarios galegos e descendentes de galegos que estades fóra volvades a Galicia e estudedes un máster nunha universidade da comunidade.

Que é o máis importante que hai que saber?

En primeiro lugar, que a Secretaría Xeral da Emigración convoca 150 prazas, 150 oportunidades para empezar un novo rumbo académico e profesional en Galicia. E é que o teu talento galego debe estar en Galicia!

Ten en conta que para poder optar a esta beca, ademais da túa orixe galega, debes cumprir unha serie de requisitos, entre eles ter un título universitario, menos de 40 anos e acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores a que presentes a solicitude.

Outro requisito que debes cumprir con carácter previo á concesión da bolsa é estar aceptado na preinscrición nun máster universitario dos ofertados na convocatoria para o curso 2020/2021. Así que tes que facer dúas solicitudes, a de a Beme e a do máster.

Que podes estudar nas universidades galegas?

Consulta aquí a lista completa dos que se imparten na Universidad da Coruña, na Universidad de Santiago e na Universidade de Vigo.

No momento de cubrir a solicitude da bolsa simplemente terás que indicar o nome dun máster ou másteres nos que vas a pedir a túa admisión.

Con posterioridade terás que matricularte e enviar o xustificante. Esta e outras cuestións importantes as podes resolver facendo clic nesta páxina, onde atoparás unha guía completa de todo o proceso e as respostas ás dúbidas que se che presenten sobre os prazos, trámites e documentación e o pago da bolsa.

E se te preguntas canto vas a recibir para estudar en Galicia, le con atención. O importe é de 7.000 euros, se o teu país de procedencia é europeo, ou 7.650 para o resto de países por curso completo de 60 créditos ECTS, e destínase aos gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención. Se te matriculas nun curso de maior duración, 90 créditos, disporás dunha subvención de 10.500 ou 11.475 euros, segundo veñas de Europa ou non.

Lembra que tes ata o 30 de abril, exactamente ata as 23.59, para rexistrar a túa solicitude por vía telemática.

Xa che convenciches de que o teu futuro está en Galicia? Segue os pasos dos que o fixeron xa.

Compartir

O cheque galego para reducir o impacto do Brexit

  • A subvención para asesoramento da Xunta chegará a unhas cen empresas e responderá por un máximo do 80% do gasto en consultoría que realice cada unha
  • O Goberno galego abrirá unha oficina en Londres na segunda quincena de marzo para axudar ás compañías con intereses comerciais no Reino Unido
04
Mar
2020

Tes unha empresa que exporta ao Reino Unido? Pode que pertenzas a sectores como o téxtil, o agroalimentario, a automoción, ou que te adiques aos produtos industriais ou á tecnoloxía. Preocúpanche as consecuencias do Brexit? Isto interésache. O cheque Brexit galego acaba de activarse.

A salida oficial do Reino Unido da Unión Europea produciuse e mentres non se resolve o novo escenario económico que se expón, a incerteza é a principal ameaza para as empresas galegas, que sempre tiveron no inglés un dos seus principais mercados. De feito entre xaneiro e novembro do ano pasado, 503 compañías de Galicia venderon os seus produtos no Reino Unido por un valor de 1.400 millóns de euros

As oportunidades que poidan xerarse empezan por darlle un impulso ás compañías para reducir o impacto do Brexit. E o primeiro é poñer o foco no asesoramento

Con este obxectivo nace o cheque Brexit da Xunta, unha liña de axudas coordinadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que conta cun orzamento dun millón de euros. 

E como poden ayudarche como empresario? Trátase dun programa de consultoría para a elaboración dun diagnóstico empresarial, e/ou un plan de continxencia, para minimizar os efectos do Brexit nas exportadoras galegas, especialmente se son pequenas e medianas empresas (pemes) as que solicitan orientación.

O diagnóstico identificará os aspectos máis importantes sobre os que deberás actuar para adaptarte á nova situación e cun plan de continxencia obterás unha folla de ruta para abordar diferentes accións.

O cheque Brexit chegará a unhas cen compañías e responderá polo 80% do gasto en consultoría que fagas

Para poder optar a esta subvención, a túa empresa ten que cumprir, entre outros, algún dos seguintes requisitos: que o Reino Unido sexa un dos cinco principais mercados intracomunitarios de exportación; que teña exportado a este país máis de 100.000 euros nos tres últimos exercicios; ou que supoña un mínimo do 10% da súa exportación intracomunitaria total.

Podes consultar no Igape toda a información e os trámites que necesitas sobre esta axuda, que estará aberta ata o 30 de outubro.

Pero o asesoramento que poidas necesitar non queda en Galicia. A Xunta abrirá na segunda quincena deste mes de marzo unha oficina en Londres para as empresas galegas con intereses comerciais no Reino Unido, para que consultedes desde alí calquera incidencia relacionada co ámbito fiscal, aduaneiro ou normativo, por exemplo.

Lembra que desde hai un ano tamén tes á túa disposición unha ferramenta gratuíta para valorar o grao de exposición da túa empresa ao Brexit. Esta plataforma foi empregada por 123 compañías e 104 xa teñen o seu autodiagnóstico. Fai clic para realizarlle ao teu negocio un Diagnóstico Brexit.

Compartir

Conecta con Galicia e vive unha experiencia única!

  • Es galego no exterior entre 15 e 20 anos? Ata o 24 de marzo podes pedir a túa praza para pasar dez días aquí, hai 174!
02
Mar
2020

Será unha das mellores experiencias que vivises, aquí en Galicia, unha oportunidade única de coñecer a terra dos teus pais e avós e a outros descendentes de emigrantes como ti, cos que compartir momentos, tamén con mozos galegos que che achegarán á realidade da comunidade.

Trátase de Conecta con Galicia, un programa de actividades ao aire libre para os galegos de entre 15 e 20 anos que vivides no exterior, un plan de dez días para interactuar, intercambiar experiencias e coñecer e sentir Galicia máis preto. 

Paréceche un bo plan para este verán? Pois isto é o que tes que saber.

É un programa da Secretaría  Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Política Social, que ofrece ata 174 prazas! para que veñas a Galicia en xullo. A convocatoria abriu onte e tes ata o próximo 24 de marzo para pedir a túa participación. Podes facelo a través da sede electrónica da Xunta.

A subvención cobre o custo dos billetes de avión (ao 100%, ao 50% ou ao 0%), os traslados e o aloxamento e manutención. 

Preguntarasche que vas facer en Galicia. Nunha primeira etapa, “Cultura e camiño”, percorrerás o Camiño de Santiago como un peregrino máis ata chegar a Compostela e coñecerás o patrimonio histórico cultural galego, aloxándoche en residencias xuvenís en Lugo e Ourense. O seguintes cinco días vivirás “O mar de Galicia” con actividades de lecer relacionadas cos deportes náuticos no albergue coruñés de Gandarío (Bergondo). Tamén terás a oportunidade de achegarche ao que se fai aquí visitando empresas punteiras.

Os que xa conectaron con Galicia anímanche a gozar dunha experiencia que che cambiará. Queres saber como o viviron os últimos participantes? Contámoscho aquí. E non deixes de ver o seguinte vídeo.

Compartir

Como podes votar desde o estranxeiro nas eleccións galegas do 5 de abril?

  • Se estás inscrito no CERA tes ata o 7 de marzo para pedir o teu voto
17
Feb
2020

Estás a vivir no estranxeiro? Inscribícheste no Censo Electoral dos Residentes Ausentes no Consulado? É o primeiro que debes comprobar para saber como podes exercer o teu dereito ao voto nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril.

Case 2.700.000 persoas poderán votar nos comicios (exactamente 2.699.876, segundo o censo). Destes, 462.443 estades inscritos no estranxeiro a 1 de decembro de 2019. 

Se non formas parte deste grupo, deberás xestionar e reclamar o alta no Rexistro de Matrícula Consular e no CERA na Oficina consular da túa demarcación do 17 ao 24 de febreiro. Neste período tamén podes consultar as listas expostas na túa Oficina Consular para verificar que figuras e realizar reclamacións contra a exclusión ou para correxir errores. Lembra que o 24 de febreiro remata este período de reclamacións polo que xa no poderías inscribirte no CERA nin votar.

Visita a páxina da Xunta e a do Ministerio de Exteriores para informarte do proceso e descargarte os impresos que necesites.

Toma nota das datas que te afectan segundo a situación na que te atopes. Cal é o teu caso?:

  • Voto para o Censo Electoral dos Residentes Ausentes (CERA)

Se estás inscrito no CERA tes o prazo aberto ata o 7 de marzo para pedir o voto á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral que corresponda. E como tes que facer? Podes enviar o impreso de solicitude de voto  por correo postal ou fax ou se tes DNI electrónico a través desta ligazón.

Do 10 ao 16 de marzo recibirás no teu domicilio a documentación electoral por correo postal e con ela poderás exercer o voto nas urnas habilitadas na túa Oficina Consular ou Consulado ou facelo por correo postal a esta mesma oficina.

Ata o 31 de marzo podes remitir o voto por correo ao teu Consulado. Ten en conta que se a envías directamente ás xuntas electorais en España considérase nulo.

Se queres votar en urna acude ao teu Consulado do 1 ao 3 de abril!
  • Voto ERTA para os españois residentes en España que se atopan temporalmente no estranxeiro

No caso de que estés de paso no estranxeiro, podes darte de alta, se non o fixeras xa, como “non residente” ata o 7 de marzo no Consulado que che corresponda. Enche o impreso de solicitude de documentación electoral e envíao a través da Oficina Consular. A Delegación Provincial do Censo Electoral enviará ao teu domicilio a documentación que deberás remitir por correo certificado á mesa electoral correspondente en España. Tes ata o 1 de abril para facelo.

  • E se as eleccións te sorprenden de visita en Galicia?

Pode ser que para o 5 de abril tiveras prevista unha visita a Galicia. Se te atopas nesta situación, e estás inscrito no CERA, lembra que non podes votar aquí en urna, aínda que si poderás facelo por correo. 

Deberás pedir o voto nunha oficina de Correos ata o 26 de marzo, marcando na solicitude que eres residente no estranxeiro. Unha vez que teñas a documentación necesaria,  que recibirás entre o 16 e o 29 de marzo, deberás achegarte de novo, ata o 1 de abril, a unha oficina de Correos para enviar o teu voto por correo certificado á Xunta Electoral Provincial.

Compartir

Como che afecta o Brexit?

  • Se viaxas este ano desde Galicia ao Reino Unido podes seguir usando o teu DNI e a túa Tarxeta Sanitaria Europea
21
Feb
2020

O calendario xa pasou a folla do 31 de xaneiro. É febreiro e o Reino Unido xa non pertence á Unión Europea. Despois de anos de incerteza e expectativas, a saída, o Brexit, produciuse e a partir de agora ábrese unha nova etapa, aínda que con vellas preguntas.

Que tes que facer se vives no Reino Unido?

Se queres seguir residindo neste país, estudiando ou traballando, deberás pasar obrigatoriamente por un novo procedemento do Ministerio Interior Británico. Chámase “EU Settlement Scheme”, e concede dous estatus.

  • O “settled status” ou permiso de residencia indefinido, para aqueles galegos que levedes vivindo máis de 5 anos no Reino Unido. Iso si, é necesario probar a residencia durante 6 meses nun período de 12.
  • O “pre-settled status” ou permiso de residencia temporal, para os que levedes menos de 5 anos.

Tede en conta que o prazo fixado para poder solicitar estes permisos é ata o 30 de xuño de 2021 e para iso é necesario vivir no Reino Unido antes do 31 de decembro de 2020.

E se queres ir a vivir ao Reino Unido?

Se estás pensando en emigrar agora, despois do Brexit, podes facelo libremente para ir a traballar ou estudar polo menos ata o 31 de decembro de 2020, aínda que tamén deberás pedir o permiso de residencia temporal. 

Como podo entrar e saír do país?

Nada cambiará ata o 1 de xaneiro de 2021. Se viaxas este ano desde Galicia ao Reino Unido podes facelo co teu pasaporte ou DNI sempre que estea en vigor durante a túa estancia. Nun principio, á espera de posibles acordos neste sentido, será ao longo de 2021 cando o teu DNI español deixe de ter validez como documento de viaxe e de entrada e saída. 

Mentres a túa estancia no Reino Unido sexa curta, de 90 a 180 días, non terás a necesidade de pedir un visado.

E se o que te preocupa é a asistencia sanitaria durante a túa viaxe, tes que saber que a Tarxeta Sanitaria Europea segue en vigor ata o 31 de decembro deste ano, e os dereitos á asistencia sanitaria dos galegos que xa estades vivindo no Reino Unido mantéñense nas mesmas condicións.

Estas son algunhas respostas ás túas dúbidas, se necesitas máis información sobre o Brexit podes consultar a páxina do Ministerio de Asuntos Exteriores.

Compartir

Sabías que a Formación Profesional dual ten case un 91% de inserción laboral?

  • Galicia conta con proxectos pioneiros en España e, ademais, este curso eliminouse o límite de idade así que tamén é unha oportunidade para “reciclarte”
03
Apr
2020

A Formación Profesional dual en Galicia conta xa con 73 proxectos este cuso, 73 oportunidades entre as que elexir para iniciar unha preparación que nesta modalidade ofréceche unha vantaxe engadida. Porque, coñeces a diferenza entre as FP?  

A FP dual permite aos alumnos recibir unha formación teórica nas aulas, e o que é máis importante, completala en empresas adheridas á iniciativa a través dun contrato de formación o dunha bolsa.

Estudas e traballas ao mesmo tempo adquirindo experiencia e coñecendo o proceso produtivo, con alta na Seguridade Social e un salario mensual.

Os ciclos, de grao medio ou superior, poden distribuirse en dous ou tres anos e ties que realizar un mínimo de horas de formación nas empresas. Das 2.000 horas establecidas, ao menos un 33% impartiranse coa participación da compañía.

O vínculo creado desde o inicio dos estudos entre o alumno e a empresa permite unha especialización profesional e integración que derivou nun 91% de inserción laboral. Un 85,1% do alumnado que acaba a súa formación recibíu algunha oferta de traballo por parte da compañía na que realizou o ciclo. Ademais, dos titulados que conseguiron emprego desde a súa graduación, o 92,5% o fixo en menos de 6 meses

Proxectos pioneros

Galicia conta este ano con proxectos pioneiros en España con ciclos como os da familia marítimo-pesqueira, o ciclo de redes e estacións de tratamento de augas ou a implantación dun dobre título que combina o de coidados auxiliares de enfermería e atención a persoas en situación de dependencia.

Tamén comezou un novo título de comercialización de produtos alimentarios en seis centros galegos.

A oferta da FP dual responde á demanda de persoal cualificado por parte das empresas con opcións de empezar unha profesión en sectores punteiros como as enerxías renovables, as aplicacións web ou a robótica industrial, ou máis tradicionais como a hostelería ou a construcción.

Os 1.350 alumnos que cursan actualmente a FP dual contan coa implicación de preto de 300 empresas que nos últimos anos se veñen sumando a esta modalidade. Entre estas compañías están referentes como a multinacional téxtil galega Inditex, Repsol, Navantia, Cortizo, El Corte Inglés, entre outras de diferentes sectores estratéxicos galegos e tamén pemes. 

E se tes máis de 29 anos?

Ata este curso existía un límite de idade que impedía aos maiores de 29 anos optar a esta opción formativa e laboral. Pero coa eliminación desta barreira este ano preséntase unha nova vía para aqueles que necesitades reorientar o voso futuro cunha "reciclaxe" profesional ou completar os estudos para especializarvos e abrirvos camiño no tecido empresarial.

O prazo de solicitude de matrícula comeza en xuño, pero podes ir consultando o mapa das titulacións e centros e os requisitos de acceso na web sobre a FP dual da Consellería de Educación.

Compartir

Ven a Galicia, o sector TIC necesítache!

  • A transformación dixital é clave para o futuro de Galicia e para afrontar este proceso fan falta perfís profesionais especializados. As empresas demándanos, pero os que hai son insuficientes. Estás formado no ámbito tecnolóxico? Se a resposta é si, o teu sitio está en Galicia.
20
Feb
2020

El mercado laboral del sector de las Tecnologías de la Información y la Comunicación, TIC, podría absorber hasta mil puestos de trabajo más que no puede cubrir por la falta de perfiles adecuados. Así que aquí hay empleo. 

Son cifras en las que se vienen insistiendo desde 2018 desde el Clúster TIC y eso que ese año ya se registraron 1.335 contrataciones. El sector tiene el mayor volumen de empleo de los últimos cinco años y supera los 23.000 trabajadores, según los datos del Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga).

Hay más de 3.000 empresas TIC en Galicia demandando talento

Echa un vistazo al listado de empresas TIC de Galicia. La realidad es que el sector seguirá creciendo porque compañías de todos los ámbitos productivos necesitarán en algún momento trabajadores con competencias digitales para actualizarse o servicios tecnológicos de otras organizaciones. En Galicia hay una gran demanda de Jefes de proyecto, analistas de datos, desarrolladores, especialistas de soporte y programadores.También especialistas en Big Data, Desarrollador Java, de software, de aplicaciones y operadores de Sistemas.

Photo by Alex Knight from Pexels

FÓRMATE EN UN SECTOR CON PLENO EMPLEO

Los alumnos que salen cada año de las promociones vinculadas a carreras como Informática o Ingeniería informática son insuficientes en número para responder a la demanda del mercado, por eso registran casi pleno empleo, con un 95% de inserción laboral. Incluso muchos estudiantes son contratados ya antes de acabar la titulación. 

En Formación Profesional, los ciclos de sistemas de telecomunicaciones e informáticos, de desarrollo de aplicaciones multiplataforma y desarrollo de aplicaciones web, son algunas de las opciones que tienes para estudiar y dar un salto seguro al mercado laboral. 

La especialización es la clave y te puede dar asimismo una pista de hacia dónde orientar tu formación o, también, dar un giro laboral.

En este sentido, otra oportunidad que se te presenta es la de actualizarte profesionalmente. Muchas empresas admiten que están asumiendo el reciclaje de trabajadores ante las dificultades que tienen para encontrar esos perfiles con la formación especializada que necesitan. Una de cada tres compañías considera difícil cubrir esos puestos técnicos.

Compartir

Estes son os trinta perfís profesionais do futuro en Galicia

  • Avogado tecnolóxico, deseñador de órganos e tecidos, especialista en goberno dixital ou en innovación educativa son só algúns dos exemplos dos novos roles profesionais que protagonizarán o futuro de Galicia para a próxima década.
13
Apr
2020

Avogado tecnolóxico, deseñador de órganos e tecidos, especialista en goberno dixital ou en innovación educativa son só algúns dos exemplos dos novos roles profesionais que protagonizarán o futuro de Galicia para a próxima década.

Se aínda non te respondiches á pregunta que quero ser de maior? ou estás buscando o camiño que che traia de volta a Galicia le con atención porque vas saber cales son os perfís que máis demandarán as empresas a medio prazo.

A Consellería de Educación e a Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) elaboraron o Catálogo de perfís profesionais de futuro para adaptar o mapa de titulacións universitarias de cara á demanda que farán durante a próxima década os sectores estratéxicos galegos. Trátase dun estudio pioneiro para analizar se as carreiras actuais responden ás necesidades do futuro e deseñar  ou redefinir un novo mapa de cara ao 2030.

Foto de CoWomen en Pexels

Os 30 perfís definidos pertencen aos sectores da economía galega onde se prevé que haberá un maior crecemento de traballo para os titulados universitarios: saúde; TIC; sector público; biotecnoloxía; e educación, e concentrarán entre todos preto do 70% do emprego de titulados superiores de Galicia.

Deles destacan os perfís profesionais directamente relacionados co impacto das tendencias tecnolóxicas, como a IoT, el big data, a ciberseguridade, a automatización, a robótica e a intelixencia artificial. 

  • Roles tranversais e específicos
    Dieciséis son roles tranversais, é dicir, con cabida en todos os sectores. Estes son: arquitecto big data; científico de datos; técnicos, expertos ou especialistas en automatización industrial; en blockchain; en ciberseguridade; en economía circular; en experiencia do cliente; en fabricación aditiva; en intelixencia artificial; en IoT; en materiais avanzados; en nanotecnoloxía; en realidade extendida; en robótica; en sistemas aéreos non tripulados; e especialistas en sistemas de tempo real.

    Os outros catorce son roles específicos que demandarán as empresas: abogado tecnolóxico; biotecnólogo de alimentos; deseñador de órganos e tecidos; xenómico; e técnicos, expertos ou especialistas en construcción sostible; en cronicidade e novos modelos de atención; en e-health; en goberno dixital; en innovación educativa; en sistemas alternativos de propulsión; en smart grids; en téxtiles intelixentes; en tratamento avanzado de augas; e especialistas en vehículos autónomos.

  • Competencias dixitais e persoais
    Máis da metade dos perfís profesionais definidos como o futuro para Galicia teñen como base as competencias STEAM, é dicir, as tecnolóxicas e científicas combinadas coas asociadas á arte e á creatividade e ao deseño.

Tes que saber que o mapa de titulacións xa traballa con esta tendencia e de feito este curso podes estudar en Galicia catro novas carreiras relacionadas con estas competencias: o grao en Ciencia e Enxeñería de Datos no campus da Coruña; o grao en Creación Dixital, Animación e Videxogos na Coruña; o grao en Gestión Dixital de Información e Documentación no campus de Ferrol; e o grao en Robótica en Lugo.

A Consellería de Educación está desenvolvendo a estratexia STEM máis ambiciosa de toda España, enmarcada en Edudixital 2020, a través da que a robótica e a formación nas TIC están implantadas xa nos centros de Primaria e Secundaria de Galicia para espertar desde pequenos as vocacións científicas e tecnolóxicas.

As soft skills ou competencias persoais como o traballo en equipo e o pensamento crítico ou a responsabilidade ambiental e social, son aptitudes que sumarán e determinarán a túa contratación no futuro, sen esquecer que o inglés xa non será un complemento do teu currículum, senón un requisito “sine qua non”. 

Compartir

Teletraballo e retorno ao rural: A tendencia que gaña forza en Galicia

  • Nos últimos anos, Galicia empezou a experimentar unha etapa que moitos nin imaxinaban. Traballadores de lugares como A Coruña, Vigo, Santiago e outras cidades agora poden cumprir coas súas tarefas desde casa. Isto impulsou a materialización de ideas que moitos probablemente avaliaron, pero que non sempre parecían posibles: mudarse ao rural.
09
Jan
2026
Compartir