• A nova realidade provocada pola pandemia do Covid-19 modifica a previsión de programas de retorno a Galicia previstos polo Goberno galego
  • Os programas que demanden voos internacionais, como o Reencontros, o Conecta con Galicia ou o Obradoiros, cancélanse ata que a situación, aproveitándose os seus fondos para seguir impulsando actuacións de apoio á colectividade
08
May
2020
Participantes do Conecta con Galicia na Praza do Obradoiro.

Que os tempos cambiaron é unha evidencia. Todo comezou, polo menos publicamente, cara a finais do ano pasado, nun mercado calquera de Wuhan. Ou iso din. Medio ano despois, o que soaba afastado e oriental, é hoxe unha realidade vírica que ten paralizado ao mundo enteiro. E a diáspora galega, como é natural, non ía resultar allea a esta realidade. Un novo mundo que esixe novas normas e novas prioridades. 

Neste contexto, o goberno galego suma semanas de reunións cos representantes da colectividade en   o diferentes países e rexións, e coa propia Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas –órgano máximo de representación da diáspora-. Uns encontros virtuais nos que se tratou de definir o escenario actual e de futuro.

Finalmente, decidiuse adaptar os diferentes programas de retorno e emigración á actual situación internacional. Iniciativas tradicionais como o Conecta con Galicia ou os Reencontros, que durante o último ano celebraron o seu 30 aniversario, veranse, por agora, pospostos ata o verán de 2021

Participantes no programa de Reencontros.
Escolas Abertas.
Aventúrate con Galicia
El presidente Feijóo y el secretario da Emigración, Mirnda, en una de las videoconferencias.

Mesmo destino e situación que a doutros programas como os Obradoiros e as Escolas Abertas. O adiamento desta actividade, que cada ano permite impartir cursos de carácter presencial aos galegos no exterior, foi paliada xa, en certa medida, durante as últimas semanas a través do proxecto Aula GaliciaAberta, que está a permitir a todos aqueles que o desexen, a través da canle de Youtube de la Secretaría de Emigración e da súa páxina de Facebook, seguir e participar nas clases. 

Redistribución

Todos os representantes da colectividade consultados durante estas semanas coincidiron no acertado do adiamento destes programas. Polo menos até o ano que vén, ou ata que a situación sanitaria permítao. 

En calquera caso, a decisión permite redistribuír estes fondos, priorizando aos galegos do exterior que máis o necesitan. Así, os centros galegos, que foron un dos grandes prexudicados desta crise ao verse mesmo obrigados a pechar as súas portas, ven ampliado nun 50% o orzamento para sufragar os seus custos de mantemento e operatividade.

E os galegos nunha situación de maior necesidade poderanse beneficiar da continuidade das axudas económicas individuais, cuxa resolución se axilizará ao máximo posible.

¡SOLICITA AQUÍ A TÚA AXUDA!

Compartir