- A iniciativa enmárcase dentro da Estratexia Galicia Retorna, que acaba de renovarse e ampliarse ata o 2026 e que permitiu nos últimos anos o regreso de máis de 28.000 galegos residentes no exterior
Galicia quere que volvas. E tes todos os motivos do mundo para facelo. Porque é a túa terra ou a terra dos teus pais ou avós, e necesítala para reencontrarche coas túas raíces, coa túa familia, que che espera e anímache a empezar unha nova vida aquí. Porque é un lugar de oportunidades, persoais e laborais, á vangarda en ámbitos como a economía, o sector TIC, o emprendemento ou a educación. Porque a comunidade ten que seguir avanzando e Galicia necesita aos galegos repartidos polo mundo e o voso talento para facelo. Porque todos os recursos e axudas económicas están ao voso alcance para iniciar este regreso.
Uns motivos que sitúan a Galicia á cabeza das cifras de retorno. Non en balde, atendendo ás cifras dos últimos anos, podemos afirmar que a nosa terra converteuse en terra de retorno; un lugar escollido por multitude de familias cada exercicio para impulsar os seus proxectos persoais e profesionais. Deste xeito, e a pesar da pandemia, o número de persoas que elixen a nosa terra para vivir continúa en aumento, arroxando 2021 o terceiro mellor saldo de toda a serie histórica desde 2010, só por detrás de 2019, cando se alcanzou o récord da serie con 17.747, e practicamente igual ao de 2020.
A balanza migratoria está a inclinarse. E estao facendo porque cada ano sodes máis os que aproveitades as oportunidades e decidídesvos a retornar.
Posibilidades como as que facilita o programa de apoio ao retornado emprendedor, que ofrece un impulso para darlle vida a ese proxecto empresarial que tes na cabeza, con subvencións de entre 5.000 e 8.000 euros para poñer en marcha o teu negocio. Grazas a esta iniciativa, só o ano pasado máis dun centenar de galegos volvestes a casa.
Manuel Tanoira, Antía Torrado, Álvaro Montes, Samanta Cortés ou María Loira Gago son algunhas desas persoas, cuxas historias vos fomos contando. Anímache a revivilas.
Sodes máis de medio millón os galegos que vivides na diáspora. Non crees que hai suficientes e boas razóns para volver? Quen seredes os seguintes en retornar?