• Todos aqueles mozos do exterior que esteades a pensar que facer o próximo curso, lembrade que a opción das bolsas BEME está aberta: ata o 30 de abril podedes realizar a solicitude
11
Mar
2024
Entrega de diplomas a la promoción BEME 2021-2022.

Todos aqueles mozos do exterior que esteades a pensar que facer o próximo curso, lembrade que tedes aberta a opción das bolsas BEME. Estas ofrecen a posibilidade de cursar os estudos de post grao en calquera das tres universidades de Galicia, e o seu período de solicitude está aberto ata o 30 de abril.

Ata o momento, as BEME ofreceron a posibilidade de volver a Galicia a máis de 1.000 estudantes de máster, impulsando o retorno do talento galego. É o caso de numerosas historias que fomos contando nestas páxinas, como a de Gustavo , a de Camila , a de Nerea , a de Fabiola , a de Óscar , a de Tamara ou a de Manuela . Mozos galegos, venezolanos, chilenos, arxentinos, uruguaios, brasileiros… cunhas raíces comúns e a vontade compartida de volver ás súas orixes. Á Galicia na que naceron eles ou os seus pais e avós.

Neste sentido, e xa antes da pandemia, moitos mozos do exterior mostraran a súa vontade de volver a Galicia a través das BEME, tal e como demostran as solicitudes que xa se recibiron. Peticións que se incrementan ano a ano.

Por este motivo, o goberno galego anima aos mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria a solicitar unha Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para cursar un máster o próximo curso nas universidades galegas. Este ano ofrécense outras 250 bolsas para facilitar a volta a casa de todo o talento galego

A blogueira Adriana Lueiro explica, neste vídeo, como se tramitan as bolsas BEME, e os pasos e documentación que se debe presentar para poder optar a esta axuda e facer un máster en Galicia. 

Non deixes pasar esta oportunidade: solicita unha bolsa BEME para volver á terra das túas orixes. 

Compartir