ORELA PODCAST: O CASO DE XOIA Ou COMO INNOVAR DESDE GALICIA PARA O MUNDO
- Continuamos cos podcast sobre a diáspora de Laboratorio de Radio, e facémolo, nesta ocasión, da man de Xoel Vázquez, cofundador dunha empresa galega especializada en realidade aumentada e virtual, que volveu á nosa terra da man do portal Retorna Dixital
Xoel Vázquez, como tantos galegos, partiu no seu día para aprender e ver mundo, para formarse. Un camiño que lle levou a emigrar a Irlanda e outros lugares, antes de volver á nosa terra para fundar Xoia, empresa especializada en realidade aumentada e virtual.
Entre os seus traballos, figura a mostra ‘Galicia, un relato non mundo’, que durante o último ano permitiu aos visitantes explorar a realidade histórica da nosa terra e a súa relación co resto do mundo.
“Tiñamos que cambiar o paradigma do que eran as exposicións”, apunta Xoel en referencia a un traballo no que o público podía, por exemplo, subirse a un daqueles barcos da emigración que levaba aos galegos en busca dun futuro mellor.
Para o seu desenvolvemento, Xoia contou tamén coa colaboración do portal Retorna Dixital, unha iniciativa activada no marco de GaliciaAberta e ao dispor dos galegos do exterior que queren impulsar os seus proxectos no sector das tecnoloxías, así como das empresas TIC que necesitan persoal especializado.
Se queres coñecer todos os detalles, escoita Orela Podcast!