• Rumi é un sistema de localización GPS que monitora en tempo real o estado do animal e recompila toda a información nunha App para que o usuario poida acceder a ela cando o necesite
01
Mar
2022

Galicia mantén a súa aposta pola innovación. E faio, nesta ocasión, a través dun proxecto localizado nun dos nosos sectores máis tradicionais: a gandería. Un escenario en el que o grupo Zendal súmase ao proxecto que está a desenvolver Innogando, start up do Campus Terra, co obxectivo de crear e desenvolver o dispositivo Rumi, que permitirá xeolocalizar e obter información en tempo real sobre o estado do gando en liberdade.

A empresa vinculada ao Campus Terra, liderada polo veterinario Elio López -de Cospeito-, destinará o capital investido polo grupo Zendal -que ascende ata os 100.000 euros- ao desenvolvemento dun sistema de localización por GPS, que monitora en tempo real o comportamento do gando e recompila información sobre o estado dos animais nunha APP, de forma que o usuario pode acceder a ela cando a necesite.

Esta aposta Zedal por Innogando e, de forma concreta, polo xeolocalizar Rumi, constitúe un novo impulso para a start up galega, que foi seleccionada como unha dos cen mellores de España o pasado ano polo seu traballo" nos campos da tecnoloxía aplicada ao sector gandeiro e á mobilidade.

Ademais deste primeiro investimento, cuxa contía podería verse incrementada nos próximos meses, dado que as negociacións entre Zendal e Innogando permanecen abertas, a colaboración entre ambas as entidades non se circunscribe unicamente ao financiamento, dado que a biofarmacéutica ofrece tamén a súa rede de distribución para a expansión comercial de Rumi.

A participación de Zendal en Innogando enmárcase dentro do proxecto ideado por esta empresa, con sede no Porriño e centrada na biotecnoloxía, pola "innovación e transformación dixital no mundo da saúde e o benestar". "O apoio a Innogando reflicte o noso compromiso coa investigación e o desenvolvemento nas áreas da saúde humana e animal, co obxectivo final de mellorar a calidade de vida e o benestar", explica o CEO de Zendal, Andrés Fernández.

A boa acollida deste produto permitiu un crecemento rápido da compañía que conta xa cun persoal de 10 persoas e vendas a nivel nacional. Por iso, “a curto prazo expómonos como principais retos seguir crecendo para o que fortaleceremos a nosa rede comercial a nivel nacional e prepararémonos para dar un salto para a venda internacional, xa que este tempo comprobamos a necesidade deste tipo de servizos e doutros nos que xa estamos a traballar”, destaca o CEO de Innogando, Elio López.

Compartir