• A liña destinada a pequenas empresas de nova creación conta cun orzamento de 1,5 millóns con apoios de 2.000 a 9.000 euros por posto de traballo creado ata un máximo de 10
  • O programa dirixido ás iniciativas de base tecnolóxica suma 500.000 euros para impulsar o desenvolvemento destes proxectos
22
Feb
2022

Se volviches a Galicia xa montaches a túa propia empresa, esta información interésache. O goberno galego acaba de sacar dúas liñas de axuda encamiñadas a impulsar o emprego estable, e ás que podedes acceder os galegos retornados. 

PEQUENAS EMPRESAS NOVA CREACIÓN 

A primeira destas é a liña de axudas destinadas ás pequenas empresas de nova creación. Esta conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros.

Aquí deixámosche os seus principais características
  • Os apoios oscilan entre os 2.000 e os 9.000 euros por posto de traballo creado ata un máximo de 10
  • Para impulsar a formación financiarase ata o 75% do custo do programa formativo ata un máximo de 3.000 euros por empresa.
  • Para sufragar os gastos do inicio da actividade inclúense axudas de 2.000 a 9.000 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de 10.
  • E para apoiar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras establécese ata un máximo de 3.000 euros para sufragar o custo das escolas infantís ou servizos de coidado de maiores ou dependentes  (financiarase o 75% do custo dos servizos) ou a contratación dunha persoa que apoie a tarefa do coidado das e os menores ou persoas maiores.
  • En global, o financiamento máximo será de 22.000 euros por persoa beneficiaria. 
Beneficiarios 
  • Pequenas empresas de nova creación;
  • que sexan viables técnica, económica e financeiramente;
  • que xeren emprego estable para persoas desempregadas;
  • que sexan promovidas como máximo por cinco persoas e que entre as e os promotores non figure ningunha persoa xurídica;
  • que o capital social máximo sexa de 120.202 euros;
  • e que, como mínimo, o 50% do seu capital social sexa titularidade das e os promotores que sexan despedidos e cren o seu propio posto de traballo na empresa. 

EMPRESAS DE BASE TECNOLÓXICA

Con respecto ao programa dirixido ás iniciativas de base tecnolóxica, investiranse 500.000 euros para impulsar o desenvolvemento destes proxectos.

Beneficiarios

  • Empresas persoais, incluídos as e os autónomos, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial fose cualificado como IEBT.

Trátase de aproveitar o potencial empresarial das persoas dedicadas á investigación e con coñecementos tecnolóxicos coa finalidade de impulsar a transformación do coñecemento creado nas universidades e nos centros de investigación en proxectos xeradores de riqueza e de emprego. 

Aquí deixámosche os seus principais características
  • A creación directa de emprego estable nas iniciativas de base tecnolóxica recibirá inxeccións de 6.000 ata 22.500 euros por posto creado, dependendo as contías da idade, sexo ou titulación das persoas contratadas.
  • Prevense ademais apoios para a contratación de persoal técnico de alta cualificación (máximo de 18.000 euros para todas as contratacións) e para a posta en marcha do proxecto empresarial (ata 24.000 euros segundo os postos estables creados no primeiro ano de actividade).
  • Como novidade nesta edición, inclúense tamén axudas para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras, financiándose ata o 75% do custo dos servizos das escolas infantís ou servizos de coidado de maiores ou dependentes, ata un máximo de 3.000 euros, ou a contratación dunha persoa que apoie a tarefa do coidado das e os menores ou persoas maiores.
  • En global, a contía máxima que poderá recibir cada empresa será de 48.000 euros.  

En ambos os programas o apoio increméntase nun 25% se quen o solicita é un galego retornado, entre outros 

Compartir