- O goberno galego anuncia unha nova convocatoria das axudas ao retorno emprendedor, que favoreceron xa máis de 500 proxectos mobilizando ata 25 millóns de euros
Galicia mantén a súa aposta polo retorno, pola volta a casa deses miles de fillos e netos de galegos que un día que tiveron que partir. E faio con feitos concretos, con programas e accións das que vos vimos falando como as bolsas BEME, que teñen aberto o prazo de solicitudes, ou as axudas ao retorno emprendedor, que o Goberno galego, tal e como vén de anunciar o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, prevé abrir en próximas semanas.
Unhas axudas que nesta ocasión chegarán ata os 10.000 euros en función do proxecto, e que permitiron apoiar a retornados dos cinco continentes e de máis de 40 países. A media de idade de todos os que retornastes a través deste programa sitúase ao redor dos 40 anos, destacando sectores como a hostalería e o comercio, a industria 4.0, o naval, o téxtil, as telecomunicación ou os servizos.
Grazas a esta iniciativa, só o ano pasado preto dun centenar de galegos volvestes a casa. Manuel Tanoira, Antía Torrado, Álvaro Montes, Samanta Cortés ou María Loira Gago son algunhas desas persoas, cuxas historias vos fomos contando. Anímache a revivilas.
Durante os últimos anos, o goberno galego ha destinado a este programa máis de 3M€ para a posta en marcha de máis de 500 proxectos empresariais en Galicia cun impacto de investimento superior aos 25 millóns de euros para a nosa economía.
Como xa sabedes, se desexades iniciar unha nova vida en Galicia, podedes informarvos destas e outras axudas ao retorno nas Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situadas nas principais cidades galegas.