Icono

Falemos do futuro da vitivinicultura galega

Museo do Viño de Galicia
Ribadavia
20
Apr
2024
10:00
27
Apr
2024
13:30

Ciclo de conferencias organizadas para que profesionais de ámbitos moi diversos acheguen a súa visión sobre o cultivo da vide e a produción de viño en Galicia.

O programa é o seguinte:

  • Sábado 20 de abril:
    • 10:00 h. "O viño que conquistou o mundo". Clodio González Pérez, cronista oficial de Cenlle, membro do Padroado do Museo do Pobo Galego, correspondente da Real Academia Galega
    • 11:00 h. “A historia e a tradición como plusvalía dun territorio vitivinícola, o exemplo do Douro”. Fernando Seara, Director do Museu do Douro
    • 12:30 h. ”O comercio do viño no antigo reino de Galicia”. Xosé Ángel Armas Castro, profesor titular da Universidade de Didáctica das Ciencias Sociais. USC.
    • 13:00 h. “O legado arquitectónico do viño e a súa recuperación”. Juan José Otero Vázquez, MOL Arquitectura
  • Sábado 27 de abril:
    • 10:00 h. “Viños e proxectos de alto valor engadido. Unha porta aberta ao futuro”. Xoan Canas, Director do Instituto Galego do Viño
    • 11:00 h. “Consumo de viño no Reino Unido. Estratexias e mercado para os viños galegos”. Miguel Crunia, Sumiller; director en Fion (distribución e consultoría de viño en Escocia); divulgador de viños Atlánticos no blog Atlantic Sommelier
    • 12:30 h. “O viño como experiencia: enoturismo e venta en orixe”. Carmen Fernández García, redactora do portal especializado Vinetur.com, revista especializada en viños e experiencias en torno ao viño.
    • 13:30 h. “Tendencias e motivacións no consumo de viño, productores vs consumidores”. Alejandro Paadín, graduado en Enxeñería en Deseño e Desenvolvemento do Produto, sumiller, divulgador enogastronómico, director de Paadín Eventos e autor da «Guía de Viños de Galicia»

Moderador: Luis Congil, consultor de comunicación.

Entrada de balde ata completar capacidade.

Compartir

Barreiro. O silencio que chove luz na xanela

Monte Gaiás, s/n
Santiago de Compostela
29
Nov
2023
01:00
28
Apr
2024
01:00

O Museo Centro Gaiás recolle unha selección de pinturas e debuxos de José María Barreiro nunha exposición coa que se rende homenaxe ao pintor de Forcarei, continuador da renovación do vangardismo histórico e postvangardismo de Laxeiro.

A mostra, céntrase na obra de Barreiro nos últimos 60 anos (1963-2023) cun percorrido que nos leva polos distintos lugares da súa vida. Barreiro, o silencio que chove luz na xanela debe o seu título a un texto de Lugrís dedicado ao artista, e que deixa constancia da importancia que teñen tamén os textos na sala, con poemas de Oroza e escritos de Cunqueiro, Laxeiro e José Hierro. Para completar a visión sobre a figura do autor, a exposición conta con varias esculturas, documentos e dúas instalacións audivisuais.

A mostra está comisariada por Pilar Corredoira, historiadora da Arte, e Xosé Antón Castro, doutor en Historia da Arte. Ambos os dous estruturaron a exposición fundindo diacronía e sincronía, tendo en conta os lugares da vida do artista (Pontevedra, Madrid, parís, Vigo, Buenos Aires e Santa María de Cela) e coa pretensión de ahcegarse ao Barreiro máis íntimo e humano.

 

Compartir

Real Filharmonía de Galicia: Dende o exilio

Avenida do Burgo das Nacións
Santiago de Compostela
26
Oct
2023
20:30
26
Oct
2023
20:30

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Pablo González, director
. Roberto Gerhard: Albada, interludi i dansa
. Arnold Schoenberg: Sinfonía de cámara núm. 2
. Antonín Dvořák: Sinfonía núm. 9 en Mi menor, op.95 ‘Do Novo Mundo’
*Coa participación do alumnado da EAEM

 

Compartir

Lorca en Compostela

Plaza de las Platerías, 2
Santiago de Compostela
20
Jul
2023
01:00
01
Nov
2023
01:00

A mostra, que leva por nome 'Lorca en Compostela', está comisariada polo editor e escritor Henrique Alvarellos e estruturada en dez apartados con máis de 80 pezas e documentos, cedidos por 25 institucións e particulares, e dos que algún deles se exhiben por primeira vez ao público.

É a primeira vez na historia que se reúne toda esta documentación arredor de Lorca e Santiago, un autor que chegaría a definirse, nunha viaxe a Bos Aires, como "poeta gallego". Un escritor que ademais amosaba a súa admiración por Rosalía de Castro, que queda patente xa dende os seus primeiros inicios como escritor. Eduardo Blanco Amor chegaría a afirmar que Lorca quedou "fulminado" por Compostela.

Compartir

Ibañez (1936 - 2023)

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
19
Jul
2023
08:30
31
Aug
2023
14:30

Como homenaxe polo pasamento de Francisco Ibáñez, destacamos unha selección da súas obras que forman parte da colección da biblioteca.

Pode visitarse na zona da hemeroteca durante o horario de apertura da biblioteca.

Compartir

Laxeiro y el arte de su época

MARCO - Museo de Arte Contemporánea
Vigo
23
Feb
2023
10:00
21
Jul
2023
20:00

A exposición expón unha visión nova, unha proposta de debate: trátase de mostrar unha excelente selección de obras súas e poñelas no contexto da arte da súa época, xunto ás doutros artistas que Laxeiro miraba con atención, ou que expoñen referencias de diálogo. Como exemplos do primeiro, as pinturas de Ignacio Zuloaga ou Jesús Corredoyra, que Laxeiro viu na Habana; as dos anos trinta de Arturo Souto, Manuel Colmeiro ou Carlos Maside. Obras de diferentes épocas de Castelao, Asorey, Maruja Mallo, Luís Seoane ou Torres García. Entre as ?devocións?, Gutiérrez Solaina, Vázquez Díaz, Benjamín Palencia, Mirou ou os máis tardíos Antonio Saura, Rafael Canogar ou Washington Barcala. Como notas atemporales, Rembrandt e Goya, homenaxeados moitas veces por Laxeiro, e presentes con obra gráfica.

Non se trata dunha proposta de peche, de conclusión, senón de inicio, de debate, coa que se incide na necesidade de estudar a Laxeiro no contexto da arte da súa época, xunto a outros artistas. Nesta exposición apenas hai datos biográficos pero si pintura; o percorrido está pensado para pasear e facilitar os diálogos entre as obras.

Compartir

Escenarios da Paixón. Isabel Pintado e Alfonso Costa

Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Santiago de Compostela
20
Apr
2023
01:00
25
Jun
2023
01:00

Pintado e Costa, prolíficos artistas de longa e recoñecida traxectoria, entenden esta homenaxe como un acto de amor e de xustiza a prol da memoria desta insigne galega de quen, o pasado ano, se cumpriu o centenario do seu nacemento. 

A “posta en escena” desta exposición nas salas da Fundación Granell rememora asemade a relación de afecto e de admiración que o gran artista Eugenio Granell ten manifestado, no seu libro Memorias de Compostela, á familia Quiroga Casares, veciña –na rúa Panadeiras da Coruña– da familia do pintor cando María era unha nena. Unha infancia galega que a actriz confesou como o máis profundo e inextinguible territorio do seu ser.

Compartir

NOVIDADES NA BIBLIOTECA do Museo das Peregrinacións e de Santiago

Museo das Peregrinacións e de Santiago
Santiago de Compostela
23
Apr
2023
10:00
23
Apr
2023
10:00

O día 23, a biblioteda do Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta as novidades de publicacións nas redes sociais.  

Para isto fixo unha pequena selección das máis demandadas cunha breve reseña para que as coñezades máis a fondo. Hai libros de peregrinacións, de museos, de historia e arte, da cidade de Santiago... https://issuu.com/bibliotecamdps/docs/novopdf

Compartir

Real Filharmonía de Galicia: Tesouros musicais

Círculo das Artes
Lugo
14
Apr
2023
20:00
14
Apr
2023
20:00

A directora e violinista Amandine Beyer, recoñecida coma unha referencia na interpretación do barroco e o clásico para violín, dirixe un concerto con catro sinfonías “tesouros musicais”.

Amandine Beyer, directora-concertino

Carl Philipp Emanuel Bach: Sinfonía en Sol maior, Wq. 183/4 (H. 666)
Johann David Heinichen: Sinfonía en Fa maior, S. 209
Carl Philipp Emanuel Bach: Sinfonía en Re maior, Wq. 183/1 (H. 663)
Franz Joseph Haydn: Sinfonía nº47 en Sol maior “Palíndroma”, Hob. I:47

Compartir

IDENTIDADES, AS ARTES PARA A INCLUSIÓN SOCIAL

Museo de Belas Artes
A Coruña
20
Dec
2022
10:30
31
Jan
2023
20:30

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta a exposición dos traballos realizados ao longo dos obradoiros do programa "Identidades. As artes para a inclusión social.

IDENTIDADES, AS ARTES PARA A INCLUSIÓN SOCIAL é unha experiencia sociocultural iniciada en 2018, e promovida pola Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña baixo a coordinación e supervisión do equipo técnico do museo, e subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña e a Área de Bienestar do Concello da Coruña

Destinado a colectivos en situación de vulnerabilidade, o proxecto pretende facer unha reflexión e tomar conciencia das raíces e da identidade propia en todas as súas variantes: cultural, xeográfica, emocional e persoal, tanto individual como colectiva.

O medio para lograr este obxectivo será a posta en marcha dunha serie de obradoiros de artes plásticas impartidos por unha selección de artistas da cidade, nos que traballarán diferentes técnicas (debuxo, escultura, colaxe, gravado, pintura, etc) para representar, a través dos xéneros artísticos, as distintas formas de asumir a identidade de cada un, da súa contorna e espazo, dos seus obxectos emotivos ou simbólicos, dos episodios do seu pasado e presente e das emocións que todos estes elementos lles provocan.

Edición 2022:

  • Temática: o autorretrato, a paisaxe e o bodegón
  • Artistas invitados: Héctor Francesch, Óscar Cabana, Luisa Valdés, Lara Pintos, Bea Lema, Faura Balsa, Jano Ilustra, Iria do Castelo, Manel Cranio e Isabel Pintado.
  • Entidades participantes: Ecodesarrollo Gaia, grupos de Cruz Vermella (a través dos programas Empezar de 0, Muller en risco e Migrantes), Hogar de Santa Lucía, Hogar Sor Eusebia, Centro Ocupacional Pascual Veiga, Amigonianos, ACCEM, e Fundación Juan Soñador.

 

 

 

Compartir