Icono

VI Galicia Magic Fest

Auditorio Abanca - Preguntoiro
Santiago de Compostela
30
Dec
2022
20:30
30
Dec
2022
20:30

Polo Nadal sempre volve a maxia grazas ao festival internacional de ilusionismo Galicia Magic Fest que este ano chegará á súa sexta edición. Magos con premios internacionais e prestixio mundial vindos de diferentes países daranse cita no teatro máis importante de Galicia para deixar alucinados durante 90 minutos ao público galego son os seus importantes efectos de maxia e ilusionismo. Unha proposta para público familiar que xa ten unha gran tradición polo seu atractivo máxico nestas datas tan destacadas.

No hall do teatro poderás facerche fotos con ilusións ópticas incribles e sorprendentes nas que ti serás o protagonista.

Compartir

María casares. do exilio ao escenario

Museo de Belas Artes
A Coruña
21
Sep
2022
01:00
19
Oct
2022
00:00

No 2022 celébrase o centenario do nacemento de María Casares. Unha efemérideidónea para saldar unha débeda coa memoria da cidade e coa propia familia Casares.Unha oportunidade singular para achegar ao público a gran figura dunha de lasintérpretes máis soadas do século XX.

Coa vontade de renderlle homenaxe e recuperar a súa memoria, desde a Xunta deGalicia propoñemos a celebración de María Casares: do exilio ao escenario, unaprogramación cultural vinculada ao universo creativo e interpretativo da actrizmás relevante da historia da cidade. Unha cartografía non só dos lugares, sinode a memoria, nos que a autora de Residente privilexiada habitou, traballou e exhibiósu talento.

O Museo Belas Artes dá Coruña será o escenario que acolla, entre os meses de febreroy novembro de 2022, un ciclo de conferencias e encontros abertos ao público conpersonalidades relevantes do mundo das artes e da cultura que coñeceron, desde lacercanía, o traballo de María Casares. Figuras de primeiro nivel ofrecerán o suyotestimonio, experiencia e memoria para situar a María Casares no lugar que siemprele correspondeu no imaxinario colectivo. Lonxe do exilio. Na súa terra.

O próximo 2022 celebramos o centenario de María Casares, Vitoliña, Bitola. O ano de lajoven que, cen anos despois, regresará a súa cidade. Na que o seu nome xamais volveráser arrebatado da nosa historia e do pretendido esquecemento.

Compartir

Festividade do Apóstolo Santiago

Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
21
Jul
2022
00:00
31
Jul
2022
23:00

A capital galega celebra as súas maiores festas na segunda quincena de xullo, cun programa que combina festivais de folclore galego ou de música clásica (Festival Internacional de Música de Galicia) con cine ao ar libre, concertos de gran formato, pequenos concertos, orquestras, teatro de rúa, teatro de sala, animación na rúa, programación infantil, charangas, humor, danza...

En medio de tan amplo programa, sobresae o espectáculo pirotécnico fronte á catedral de Santiago, que se celebra na noite do 24 de xullo, para dar paso á celebración do Día do Apóstolo, tamén Día de Galicia. A praza do Obradoiro é tomada por máis de 20.000 persoas para contemplar un impresionante espectáculo audiovisual a base de proxeccións de luces e de imaxes sobre a fachada da Catedral, e ata hai uns anos a queima do gran castelo de pirotecnia diante da súa fachada gótica. O espectáculo é seguido desde distintos miradoiros da cidade por milleiros de persoas.

Ao día seguinte, na misa solemne na catedral, pódese ver o xigantesco botafumeiro en funcionamento. O Rei ou un delegado da Casa Real fan nela a tradicional ofrenda ao Apóstolo Santiago. Ademais, teñen lugar diversos actos de celebración do Día de Galicia, polo que a capital galega rebenta de visitantes.



Destacado:

Paga a pena coller sitio na praza do Obradoiro para contemplar os fogos do Apóstolo, a noite do día 24.

Compartir

Maker Faire Galicia 2022

Museo Centro Gaiás
Santiago de Compostela
01
Jun
2022
11:00
05
Jun
2022
20:00

A Cidade da Cultura volve ser o lugar elixido para albergar unha nova edición da Maker Faire Galicia, o evento de referencia do «movemento maker», que pula pola innovación a nivel educativo, empresarial e social. Na súa 8ª edición a Maker Faire regresa ao Museo Gaiás do 1 ao 5 de xuño en formato híbrido, tras dúas edicións celebradas de xeito integramente online. Deste modo a organización aposta con forza por un encontro físico, cun programa que promete ser o máis completo das súas oito edicións. 

A comunidade Maker poderá gozar de cinco xornadas nas que participarán preto de 200 makers e nas que se darán a coñecer máis de 60 proxectos e 40 obradoiros que combinan a presencialidade co formato en liña. Nesta edición o foco sitúase no desenvolvemento sostible e no benestar social, cunha programación na que destacan as intervencións de relatores de referencia a nivel nacional e internacional nos ámbitos das startups, a educación STEAM, a saúde mental, a inclusión ou a innovación social. 

Compartir

Letras Galegas 2022. Florencio Delgado Gurriarán

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
02
May
2022
08:30
31
May
2022
21:00

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da publicación do primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro.

Nesta mostra bibliográfica reunimos libros infantís sobre a celebración do Día das Letras Galegas e os autores e autoras aos que se homenaxeou ao longo da historia deste día. Pode visitarse na sala infantil en horario de apertura da biblioteca.

Compartir

Noites de retranca con Luis Zahera, Manquiña e Víctor Fábregas

Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Vigo
08
May
2022
21:00
08
May
2022
21:00

Volven as Noites de retranca, o espectáculo de humor por excelencia do País cumpre doce anos distribuíndo o humor, o noso humor, polos principais teatros e auditorios.

O mellor do mellor de Luis Zahera, o novo texto de Manuel Manquiña e o regreso aos grandes escenarios de Víctor Fábregas.

Os tres xuntos por primeira vez ...

Só en noites de retiro.

Compartir

De París a América

Salón de Actos do Auditorio
Vilagarcía de Arousa
26
Mar
2022
21:00
26
Mar
2022
21:00

O trío formado por Veriko Tchumburidze (violín), Joan Enric Lluna (clarinete) e Chloe Mun (piano) protagonizan o quinto concerto da Tempada 2021/22 da Sociedad Filarmónica de Vilagarcía, no que interpretarán obras de Korngold, Milhaud…

Os socios da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía dispoñen de entrada gratuíta a todos os concertos da tempada, tanto para eles como para un acompañante, dúas entradas por socio. Para facilitar o acceso e comodidade na súa asistencia, tanto os socios como os seus acompañantes accederán coa presentación do carné de socio en vigor, sen necesidade de retirada de entrada previa. ​

Para o público en xeral, a Sociedade Filarmónica de Vilagarcía pon á súa disposición entradas ao prezo de 18 euros que se poderán adquirir nos despachos de billetes do Auditorio Municipal de Vilagarcía os dias das actuacións, unha hora antes do comezo das mesmas. Se desexa reservar as súas entradas poden facelo escribindo un mail a contacto@sfvilagarcia.com ​

Compartir

Paxaro amigo, músicas para a paz

Pazo da Cultura de Pontevedra
Pontevedra
20
Mar
2022
19:00
20
Mar
2022
19:00

Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle grans por todo o corpo, desde o capullo ata a punta do pé. Discordia goza facendo que todos os animais e humanos pórtense mal, e come olivas como tola. Por sorte ten unha prima fada, porque xa sabes que na familia hai de todo. Un día sucede algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.

"Amigo paxaro, música para a paz" é un espectáculo musical dirixido por Pepablo Patinho do Teatro Ghazafelhos e inspirado no libro de Mamá Cabra "A Bruxa discordia".

Compartir

Día de Rosalía

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
23
Feb
2022
08:30
31
Mar
2022
21:00

As persoas que se acheguen á biblioteca do 23 de febreiro ao 31 de marzo atoparán versos soltos de Rosalía de Castro distribuidos por toda a biblioteca cos que queremos render homenaxe a unha figura senlleira da nosa poesía.

Compartir

Último verán en Santa Cristina

Auditorio Gabriel García Márquez
Oleiros
02
Apr
2022
20:30
02
Apr
2022
20:30

Último verán en Santa Cristina, conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despois, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán. Como ademais é fillo de militar, o rapaz vive especialmente os acontecementos da sociedade franquista da época: os desfiles na praza da cidade que coinciden coa estancia de Franco no Pazo de Meirás, a poucos quilómetros de onde el veranea. Entre os seus propios recordos, moi escorados nas lembranzas relacionadas co seu paso de neno a adulto, e as cartas agora coñecidas vai descubrindo a relación da súa propia nai, a muller do militar, cun antigo amigo da xuventude, agora fuxido e enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda fica activa en Galicia nese ano de 1960. Para o protagonista, agora un adulto, a lectura das cartas e os recordos non moi precisos que aínda conserva de aqueles anos, dos que pasaron xa máis de trinta, vanlle descubrindo as relacións triangulares da súa nai, o seu pai e o partisano que, inevitablemente, rematarán en traxedia.

Elenco: Xavier Estévez, Maxo Barjas, Miguel Pernas, Manuela Varela e Luma Gómez

Compartir