Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
02
May
2022
08:30
31
May
2022
21:00

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da publicación do primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro.

Nesta mostra bibliográfica reunimos libros infantís sobre a celebración do Día das Letras Galegas e os autores e autoras aos que se homenaxeou ao longo da historia deste día. Pode visitarse na sala infantil en horario de apertura da biblioteca.

Compartir