Monte Gaiás, s/n
Santiago de Compostela
29
Nov
2023
01:00
28
Apr
2024
01:00

O Museo Centro Gaiás recolle unha selección de pinturas e debuxos de José María Barreiro nunha exposición coa que se rende homenaxe ao pintor de Forcarei, continuador da renovación do vangardismo histórico e postvangardismo de Laxeiro.

A mostra, céntrase na obra de Barreiro nos últimos 60 anos (1963-2023) cun percorrido que nos leva polos distintos lugares da súa vida. Barreiro, o silencio que chove luz na xanela debe o seu título a un texto de Lugrís dedicado ao artista, e que deixa constancia da importancia que teñen tamén os textos na sala, con poemas de Oroza e escritos de Cunqueiro, Laxeiro e José Hierro. Para completar a visión sobre a figura do autor, a exposición conta con varias esculturas, documentos e dúas instalacións audivisuais.

A mostra está comisariada por Pilar Corredoira, historiadora da Arte, e Xosé Antón Castro, doutor en Historia da Arte. Ambos os dous estruturaron a exposición fundindo diacronía e sincronía, tendo en conta os lugares da vida do artista (Pontevedra, Madrid, parís, Vigo, Buenos Aires e Santa María de Cela) e coa pretensión de ahcegarse ao Barreiro máis íntimo e humano.

 

Compartir