Icono

Redescubrindo Ourense. O entretemento en Ourense

Biblioteca Pública de Ourense
Ourense
30
Jan
2026
11:30
30
Jan
2026
11:30

Este venres con esta proposta da man de Xeitura teremos unha forma diferente de achegarnos á historia da cidade percorrendo lugares onde estaban os cafés, teatros, salas de cocnerto, cines etc

Para asisitir é necesario facer a inscrición previa que pode facerse dende o venres 23 de xaneiro ben presencialmente o chamando aos números de teléfono, 988 788385/ 386

Compartir

Ciclo 'Cidades pastorais'

Filmoteca de Galicia
A Coruña
22
Jan
2026
19:00
22
Jan
2026
19:00

Sesión de pezas do cineasta Rudy Burckhardt. Máis información na web da filmoteca.

Presentación polos comisarios Francisco Algarín e Carlos Saldaña.

Compartir

Santalices. O legado

Mercado Cultural
Fisterra
30
Dec
2025
12:00
30
Dec
2025
12:00

Verónica Santalices e Federico Welicki ofrécennos o concerto didáctico Faustino Santalices. O legado, dedicado ao gaiteiro e musicólogo de Bande. Faustino Santalices (Bande, 1877 – Madrid, 1960) foi un dos grandes nomes da nosa cultura; un home que dedicou a súa vida a investigar, construír e interpretar instrumentos e que lles devolveu á zanfona e á gaita un lugar central na música galega. No mundo da música tradi, o seu nome soa con respecto e admiración. Porén, entre o público xeral aínda non ocupa o lugar que merece. Do mesmo xeito que todos sabemos quen foron Álvaro Cunqueiro ou Rosalía de Castro, tamén deberiamos coñecer e recoñecer a Faustino Santalices.

Compartir

Cantares e contares!

Casa da Cultura de Neda
Neda
26
Dec
2025
20:30
26
Dec
2025
20:30

A Rede de Dinamización Lingüística pecha o ano dedicado ás cantareiras e á poesía popular galega con Tres Pesos, un trío de música tradicional formado por Felisa Segade (voz e percusión), Xoan Porto (gaita, clarinete, voz e percusión) e Xosé Antón Ferreira, máis coñecido como Pepe de Calo (acordeón, voz e percusión). Tres músicos unidos tras unha rica traxectoria que agora xunta experiencia e afinidade para alimentar un proxecto en común. Co obxectivos de que a roda da transmisión oral non se deteña, o concerto de Tres pesos para este Nadal en Rede amplía o campo máis aló das cantigas e comparte co público unha ducia de Cantares e contares entrañables que eles recibiron xa doutros.

Compartir

Rosalía, a pulga que escribía

Teatro Coliseo Noela
Noia
07
Dec
2025
18:30
07
Dec
2025
18:30

Despois das exitosas Golulá e Babiliglub, a produtora Galitoon presenta un espectáculo no que incorpora á súa disciplina outra técnica de manipulación: monicreques sobre mesa.

Galitoon continúa así coa súa constante experimentación: nesta nova peza cambia de estilo no deseño de arte e cambia a técnica de manipulación sen esquecer o seu selo propio.

Rosalía conta un conto sinxelo pero tremendamente sedutor para os nenos:

“Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.

Rosalía escribe unha carta cada día.  Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario....  e lerlla: á señora Toupa porque non ve,  a dona Xirafa porque perdeu as gafas, á ovella porque non sabe ler e a Mr. Elefante porque só sabe ler en inglés.

O contido da carta é unha invitación:  “O Martes 3 ás 10, unha festa na casa de Rosalía.”

Todos reciben unha carta. Todos, menos Bruno, o Canguro!  Por qué?”

Compartir

Proxecto Identidade

Multiusos da Xunqueira
Redondela
08
Nov
2025
20:00
08
Nov
2025
20:00

Unha creación antropolóxica que mestura teatro, danza e música para reflexionar sobre a identidade galega e a súa evolución. A peza aborda a perda progresiva do folclore e da lingua, reivindicando a tradición como espazo de resistencia e transformación. A obra afonda na esencia da identidade galega a través da fusión da danza tradicional galega coa danza neoclásica e a música contemporánea. A través da teatralidade e do poder evocador da danza, Proxecto Identidade reivindica o valor da nosa cultura como ferramenta de identidade e resistencia. Ademais, esta obra dá voz e foco a figuras femininas fundamentais da cultura galega, utilizando textos de Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro e Pilar Pallarés para traer á escena a súa mirada e forza poética.

Compartir

Vindeiros eclipses de Sol e Lúa visibles desde Galicia

Museo de Historia Natural 'Luis Iglesias'
Santiago de Compostela
08
Mar
2025
11:30
08
Mar
2025
11:30

En 2025 haberá dous eclipses totais de Lúa e un parcial de Sol visibles dende Galicia. Daremos indicacións sobre a visibilidade e as técnicas para observar estes fenómenos.

Ademais falaremos das eclipses de Sol que se producirán na península ibérica nos anos que veñen, que farán da península un dos lugares do mundo máis axeitados para disfrutar deles.

Ramón Iglesias Marzoa é licenciado en Física, especialidade Electrónica, pola Universidade de Santiago de Compostela, e licenciado e doutor en Astrofísica pola Universidade de La Laguna, cunha tese titulada Fundamental parameters for low-mass stars in eclipsing binaries: the mass-radius relation. Actualmente traballa como astrónomo técnico no Observatorio Astrofísico de Javalambre, que depende do Centro de Estudios de Física del Cosmos de Aragón (CEFCA). Apaixoado por todo tipo de obxectos que se agochan detrás de outros, como estrelas binarias eclipsantes, ocultacións de estrelas pola Lúa e por asteroides, eclipses; e tamén das cousas que explotan: estrelas variables cataclísmicas, novas, supernovas e estrelas destellantes. Fai divulgación científica a través do Clube de Astronomía Vega, do que é socio fundador.

A actividade está organizada polo Clube de Astronomía VEGA Compostela e a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC.

Data sábado 8 de marzo

Horario 11.30 horas

Idade adultos e familias

Prezo de balde

Inscricións en amhnusc@gmail.com

https://www.usc.gal/gl/museohn/eventos/vindeiros-eclipses-sol-lua-visib…

Compartir

O Son do Camiño 2025

Monte do Gozo
Santiago de Compostela
12
Jun
2025
01:00
14
Jun
2025
01:00

O Festival de música de referencia en Santiago volve en 2025 con artistas como Kings of Leon, Estopa, Bryan Adams, Duki ou Bad Gyal.

+INFO 

Compartir

Gravado, ilustración, deseño e humor gráfico en Galicia

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
20
Jan
2025
08:30
28
Feb
2025
21:00

Para celebrar o 30 de xaneiro, Día da Ilustración, facemos unha mostra bibliográfica cunha selección de documentos da nosa colección para dar unha visión xeral da historia da ilustración e as artes gráficas en Galicia ata chegar á actualidade. Grandes figuras históricas como Castelao, Luis Seoane, Carlos Maside ou Camilo Díaz Baliño, xúntanse nesta mostra cos autores máis actuais, entre os que destacamos a Xosé Vizoso, a persoa homenaxeada en 2025. O Día da Ilustración é un proxecto colaborativo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).

Do 20 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2025 no andar baixo da Biblioteca, zona hemeroteca. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.

Compartir

Real Filharmonía de Galicia - «The Four Seasons Recomposed» | Ópticas contemporáneas 2024

Monte Gaiás, s/n
Santiago de Compostela
16
Nov
2024
20:00
16
Nov
2024
20:00

A Real Filharmonía de Galicia pecha o ciclo Ópticas contemporáneas 2024 da Cidade da Cultura o 16 de novembro cun concerto especial no que interpretará, baixo a dirección de Baldur Brönnimann, a obra The Four Seasons Recomposed, de Max Richter. O famoso compositor británico-alemán reimaxina neste peza As catro estacións de Vivaldi desde unha aproximación minimalista que combina instrumentación clásica e electrónica.

Compartir