Más de 200 galegos do exterior participan estes días en Reencontros con Galicia. Desde O Carballiño e Panxón, están a percorrer algúns dos recunchos máis especiais dunha terra á que moitos regresan para reencontrarse coas súas raíces.
Chegan desde Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai ou Venezuela para estudar un máster en Galicia. Pero para moitos a viaxe acaba sendo moito máis que iso: preto do 80 % dos mozos que pasan polas bolsas BEME decide quedar e construír aquí o seu futuro.
Se tes entre 16 e 30 anos, raíces galegas e talento creativo, aínda estás a tempo. Xuventude Crea abre as súas 15 especialidades á mocidade galega do exterior, con premios de ata 2.000 euros. O prazo termina este 30 de setembro.